1. Tarefas

Unha tarefa é un traballo que asignamos aos alumnos e que estes deberán presentar como un arquivo: un documento de texto, unha presentación, unha imaxe, un vídeo...Previamente debedes acordar o formado que debe ter o arquivo.

Hai catro modalidades de tarefas:

tarefas

  • Actualización avanzada de ficheiros, por se a tarefa require que o alumno suba ao servidor demáis dun arquivo. Con esta opción poderemos reenviar o arquivo corrixido ao alumno.

  • Texto en liña: o alumno escribirá a resposta directamente directamente nun cadro de texto.

  • Actualización dun só ficheiro (só permite achegar un arquivo, non máis)

  • ideaActividade fóra de liña (é un enunciado que os alumnos terán que responder por un outro medio). Isto pode resultar útil para usar a Aula Virtual como xestor das cualificacións dos nosos alumnos; por exemplo, podemos rexistrar mediante unha tarefa sen arquivos as cualificacións dun exame escrito.