OS NUMERAIS
Gramática
Os cardinais indican un número concreto de obxectos.
cero un/unha dous/dúas tres catro cinco seis sete oito |
nove dez once doce trece catorce quince dezaseis dezasete |
dezaoito dezanove dezanove vinte trinta corenta cincuenta sesenta setenta |
oitenta noventa cen cento un… douscentos… cincocentos (quiñentos)… oitocentos… mil. |
1.1. Cento, milleiro, millón, billón e trillón funcionan como substantivos.
1.2. Igual ca no resto das decenas, non contraen vinte e un, vinte e sete…
1.3. Cómpre evitar formas dialectais e castelanismos: *dazaseis, *dazasete…; *cuarenta, *ochenta, *quinientos.
1.4. Un, unha compórtanse coma os indefinidos logo das preposicións en, de, con.