ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS
Gramática
O adverbio é unha palabra invariable en xénero e número (algúns poden admitir sufixos alterativos: cedísimo, pretiño). Sintacticamente é núcleo dunha frase adverbial (veu cedo) e funciona como modificador dun verbo, dun adxectivo, doutro adverbio, dunha frase preposicional ou dunha cláusula; dentro da oración funciona como complemento circunstancial.
Clasificámolos pola circunstancia que expresan, polo significado:
- De lugar
- De tempo
- De cantidade
- De modo
- De afirmación
- De negación
- De dúbida
- Inclusivos
- Exclusivos
- Particularizadores
- De rectificación
- Conectores