PREPOSICIÓNS E LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS
Gramática
Preposicións impropias: orixinariamente adxectivos, verbos ou adverbios habilitados como preposicións; non son átonas coma as propias e rexen pronome persoal tónico:
agás (aga), bardante, excepto, fóra, menos, quitado, quitando, sacado, sacando, salvo, senón; a/de non ser: úsanse para indicar exclusión: estaban todos agás (excepto, menos…) o pai; acerteinos todos, senón (quitando, fóra…) tres.
conforme, consonte, segundo (non *según, *asegún): expresan conformidade ou concordancia (“de acordo con”): fixérono consonte (conforme, segundo) o acordado. Conforme e consonte non levan a preposición a: conforme *ao regulamento / conforme o regulamento.
durante; mediante