O VERBO
Gramática
1. Valor: é unha forma nominal de aspecto perfectivo (acción vista como rematada).
Pode funcionar como
-
adxectivo verbal: a película recén estreada;
-
valor propiamente verbal nas perífrases: non dan estreado a película.
2. Forma:
2.1. Os máis son regulares e fórmanse co SMT -do: and-a-do.
2.2. Hai verbos con participio irregular: aberto, feito, escrito, posto, morto, dito…
2.3. E hainos que teñen dúas formas:
-
unha regular (xeralmente usada nas perífrases e na pasiva): non me dou cansado;
-
e outra irregular (adoita funcionar como adxectivo): estou canso.
Velaquí algúns exemplos de verbos con dúas formas de participio:
acendido/aceso bendicido/bendito calmado/calmo cansado/canso chocado/choco collido/colleito comido/comesto distinguido/distinto enxugado/enxoito |
escorrido/escorreito espertado/esperto fartado/farto fixado/fixo gastado/gasto limpado/limpo maldicido/maldito nacido/nado pagado/pago |
prendido/preso quentado/quente resolvido/resolto salvado/salvo tinxido/tinto tollido/tolleito torcido/torto volvido/volto |
Mesmo poden aparecer tres formas para un verbo: envolvido, envolveito, envolto.