1. Valor: é unha forma nominal de aspecto perfectivo (acción vista como rematada).

Pode funcionar como

  • adxectivo verbal: a película recén estreada;

  • valor propiamente verbal nas perífrases: non dan estreado a película.

2. Forma:

2.1. Os máis son regulares e fórmanse co SMT -do: and-a-do.

2.2. Hai verbos con participio irregular: aberto, feito, escrito, posto, morto, dito…

2.3. E hainos que teñen dúas formas:

  • unha regular (xeralmente usada nas perífrases e na pasiva): non me dou cansado;

  • e outra irregular (adoita funcionar como adxectivo): estou canso.

Velaquí algúns exemplos de verbos con dúas formas de participio:

acendido/aceso
bendicido/bendito
calmado/calmo
cansado/canso
chocado/choco
collido/colleito
comido/comesto
distinguido/distinto
enxugado/enxoito
escorrido/escorreito
espertado/esperto
fartado/farto
fixado/fixo
gastado/gasto
limpado/limpo
maldicido/maldito
nacido/nado
pagado/pago
prendido/preso
quentado/quente
resolvido/resolto
salvado/salvo
tinxido/tinto
tollido/tolleito
torcido/torto
volvido/volto

Mesmo poden aparecer tres formas para un verbo: envolvido, envolveito, envolto.