O VERBO
Gramática
1. Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n
2. Emprégase nos seguintes casos:
3. Non o usaremos nunca:
2. Emprégase nos seguintes casos:
2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.
2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: para achegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.

- nas perífrases: tedes que traballar,
- cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.
- completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
- circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
- finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
- causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
- temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
- condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;
- concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.