OS NUMERAIS

Gramática

Os multiplicativos indican o número de veces que se contén algo.

dobre (*doble)
(duplo -a)
triplo –a (*triple)
cuádruplo -a
quíntuplo –a
séxtuplo -a
séptuplo -a
óctuplo -a
nónuplo -a
décuplo -a
céntuplo -a

Os restantes fórmanse engadíndolle veces máis ao cardinal: fichárono polo dobre, non polo quíntuplo; el querería gañar duascentas veces máis.

Evitar os castelanismos *doble e *triple por dobre/duplo e triplo.