O ARTIGO
Gramática
Precisa o nome restrinxindo o significado.
1. Formas:
1.1. o(s), a(s)
1.2. A variante alomórfica lo(s) la(s) é de uso obrigado:
coa preposición por: vai pola beira, tolea polos mexillóns;
co adverbio u: u-la biblioteca, u-las mozas?
Neste caso empregamos guión cunha función diacrítica para diferenciar:
u-los mozos? (-los é artigo)
os mozos, ulos? (los é pronome)
os mozos, ulos? (los é pronome)
Pode empregarse tamén, pero o seu uso non é obrigado (aínda que si é a pronuncia correcta):
- coas formas verbais rematadas en –r ou –s: apaña-los mexillóns, collémo-lo libro;
- cos pronomes enclíticos nos, vos, lles: déuno-los mexillóns;
- con nós e vós seguidos de precisión numérica: nó-los dous, vó-las catro;
- despois de ambos, entrambos e todos: ámbolos dous, tódalas noites / ambos os dous, todas as noites;
- despois da preposición tras: trala casa ou tras a casa, tras da casa;
- despois da conxunción copulativa (e) mais: ela e maila irmá ou ela e mais a irmá.
co(s), coa(s); do(s), da(s); no(s), na(s); ao(s) ou ó(s), á(s)
coa: falou coa veciña.
Na nosa fala empregamos *ca, pero debemos evitala para evitar confusións coa conxunción comparativa ca: falou *ca veciña / falou coa veciña; falou máis ca María, falou máis ca a veciña
ao(s) ou ó(s): deullo ao veciño, vai ao porto.
A tendencia actual é escribir ao, pero a pronuncia é sempre dun o aberto.
á(s): deullo á veciña, vai á praia.
Debemos escribila sempre con til para diferenciala de
Debemos escribila sempre con til para diferenciala de
- a(s) artigo: a veniña non está; as veniñas non están
- a preposición: vai a Parameán.
- a preposición: vai a Parameán.
3. Coa conxunción comparativa ca podemos ou non representar a contracción:
fala máis ca a veciña ou fala máis cá veciña
corre máis ca os amigos ou corre máis cós amigos
corre máis ca os amigos ou corre máis cós amigos
Pero a contracción nunca se poderá facer de seguir preposición (ou contracción da preposición): quérelle maís ca a María, quérelle máis ca aos pais. (Ver conxuncións comparativas)
4. Tamén existe el (forma arcaica e de uso exclusivamente literario), usada como fórmula de respecto unicamente ante rei e señor: el-rei, el-señor.
5. A presenza do artigo é obrigatoria:
5. A presenza do artigo é obrigatoria:
- cos indefinidos
todos: todos os días ou tódolos días,
ambos seguido do numeral: ambos os dous ou ámbolas dúas,
entrambos: fixérono entrambos os veciños ou entrámbolos veciños.
entrambos: fixérono entrambos os veciños ou entrámbolos veciños.
Pero a pronuncia debe ser a segunda.
- cos posesivos case sempre (ver posesivos): a miña casa, a túa sogra, (a) miña nai, (o) meu pai.
- con moitas locucións adverbiais (ver adverbio):
á fin, á mantenta, á marxe, á parte, á toa, ao cabo, ao chou, ao lado, ao pé, ao pouco, ao xeito, ás apalpadas, ás atoutiñadas, ás carreiras, ás escuras, ás présas, ás veces, aos poucos, aos tombos, ás carreiras…