O NOME (Substantivo e adxectivo)
1. San, gran (formas apocopadas) empréganse ante consoante; santo, grande (formas plenas) ante vogal:
san Tomé, san Domingos, san Froilán, san Mamede, san Cibrán; santo Antón, santo Estevo, santo André, santo Ernesto (agás Santo Cristo);
gran festa, gran traballo;
grande actuación, grande éxito, grande amigo.
2. Bo, malo (ou mao/má), grande e pequeno teñen como comparativos sintéticos:
mellor, peor, maior ou meirande e menor.
meirande significa “máis grande”, non “máis vello, de máis idade”.
3. O superlativo absoluto formámolo cos sufixos
3.1. -ísimo: altísimo, grandísimo;
Ás veces coa raíz culta da palabra: antiquísimo, fidelísimo, nobilísimo;
-bilísimo cos adxectivos en –ble/bel: amabilísimo, estabilísimo.
3.2 -érrimo en rexistros elevados: celebérrimo, libérrimo, misérrimo, paupérrimo, pulquérrimo.