• Non acaban en -s: interese, tose, valse.

  • Os sufixos gregos acabados en –is resólvense en -e: cute, epiderme, glote, metrópole, praxe, psique, sintaxe.

  • En -se as palabras orixinadas nas gregas en –sis, e son sempre femininas:

aluminose, análise, antítese, artrose, catequese, cirrose, crise, diagnose, diérese, diocese, dose, eclipse, elipse, énfase, esclerose, esexese, éxtase, fotosíntese, hidrólise, hipnose, hipótese, metamorfose, metástese, mitose, neurose, osmose, paráfrase, paréntese, perífrase, prótese, psicose, simbiose, síntese, tese, tuberculose, xénese.

Á parte: oasis, chasis (masculinas).
  • En -ite e –te as que proveñen das gregas en –tis, tamén todas femininas: amigdalite, apendicite, conxuntivite, gastrite, larinxite, otite, peritonite… Pero, diabetes.