II. GRUPOS CONSONÁNTICOS
Grupos consoánticos
Mantéñense nos cultismos: acepción, adopción, corrupción, nupcias-nupcial, percepción…; apnea, hipnose-hipnotizar…; aptitude, corrupto, eucalipto, interruptor, réptil, ruptura, susceptible, tríptico, voluptuoso-voluptuosidade…
Nos semicultismos:
Nos semicultismos:
Vocaliza: adoitar, bautismo-bautizar, receita-receitar.
Desaparece: cativo-cativar-catividade (*cautivo…), ditongo-tritongo… (*diptongo…), sétimo, setembro, setentrión-setentrional; adscrición, circunscrición, descrición…, indescritible, inscrición, subscritor, transcrición… (todas as derivadas do latín scriptus.)

Parónimos:
retar (desafiar) / reptar (andar arrastrando o corpo)
adoitar (acostumar) / adoptar (profillar, tomar como propio)