II. GRUPOS CONSONÁNTICOS
Grupos consoánticos
mn- nas formadas con mnemo- “memoria”: mnemotécnico, mnemónico…
gn-: gneis, gnomo, gnose, gnosticismo (e derivadas)
pn- (de pneumo- “aire”, “pulmón”): pneumático, pneumococo, pneumonía, pneumotórax…
ps- nas formadas sobre:pseudo- “falso”: pseudónimo, pseudociencia…
psico- “mente”: psicanálise, psicodelia, psicofármaco, psicoloxía, psicópata, psicose, psicoterapia, psiquiatría, psíquico…
Tamén psoriase.
Pero salmo, salmodia
Pero salmo, salmodia
pt- (formadas sobre ptero- “á”): pterodáptilo, pterosaurus…
x- (pronunciado /ks/ ) nas formadas sobrexeno- “estranxeiro”: xenofobia-xenófobo, xenofilia
xero- “seco, árido”: xerocopia, xerografía
xilo- “madeira”: xilófano, xilógrafo
xero- “seco, árido”: xerocopia, xerografía
xilo- “madeira”: xilófano, xilógrafo
s- mais consoante:
- normalmente xerou un e-: espazo, escritura, escena, estándar…
- mantense nalgúns latinismos e estranxeirismos: status, sketch, slálom, snob, spray, stick, stock, stop, striptease.
Debemos evitar por innecesarios *spot por anuncio publicitario; *stand por caseta, posto, pavillón; *speech por discurso; *spónsor por patrocinador.