Presentación e estrutura dun curso

curso

enlace

Información da interface completa dun curso.


Dos bloques laterais, o máis importante é o de Administración, que só é visible para o profesor.

Para iniciar a inserción de contidos, hai que Activar a edición, no botón de arriba á dereita.

En cada tema hai dous despregables: un para recursos e outro para actividades:

engadir

Ao activar a edición aparecen uns iconos:

Iconos

Iconos dos recursos:iconos_tema

Serven para mover os recursos á dereita, desprazamento cara arriba ou cara abaixo, editar, eliminar, visibilidade e grupos.

temaIconos de tema (verticais):

Serven para mostar só ese tema (o resto quedaría contraído), resaltar o tema como actual, visibilidade, desprazar cara arriba e desprazar cara abaixo.

iconos_bloquesIconos de bloques:

Serven para asignar papeis, visibilidade, eliminar e desprazar.

Para ver como queda o deseño do curso podemos Desactivar a edición. Tamén podemos mudar o papel para o de estudante, seleccionando Student no despregable ao lado do botón de Activar edición.

mudar_papel