Para comezar
Que é Moodle
Moodle é unha aplicación libre (baixo a Licenza Pública Xeral GNU) para a creación de sitios Web que permitan a creación e xestión de plataformas educativas, é dicir, espazos onde xestionar recursos educativos proporcionados por uns docentes, organizar o acceso a eses recursos polos estudantes, e permitir a comunicación entre todos os implicados (alumnado e profesorado). (Wikipedia)
Moodle promove unha filosofía da aprendizaxe chamada pedagoxía constructivista social, que busca a implicación activa do alumnado na súa aprendizaxe. Este tipo de ensino busca que o alumno poida analizar, investigar, colaborar, compartir, construír e xerar baseándose no que xa sabe.
Moodle é apropiado para o ensino a distancia, así como tamén para complementar a aprendizaxe presencial.
Para saber máis:
A sede do proxecto está en Perth, Australia e este é o equipo de persoas empregadas.
Enlaces de interese:
Cursos de Moodle en Webs Dinámicas