ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS
ESTRUTURA DO TRABALLO
Bibliografía
A bibliografía ou as fontes que se consultaron para facer o traballo deben estar ordenadas alfabeticamente, tendo en conta o primeiro apelido do autor. Pódese empregar a sangría francesa.
A estrutura da bibliografía depende do tipo de recurso, pero hai que considerar os seguintes aspectos:
- Os elementos bibliográficos que deben estar presentes: autoría, título, medio ou soporte, edición, lugar e data de publicación, páxinas citadas,… dependendo do tipo de material que se referencia.
- A secuencia que deben seguir estes elementos.
- A puntuación que debe utilizarse para separar un elemento do seguinte.
Autoría:
- Nomes de persoas:
Indícase primeiro o apelido(s) e a continuación o nome propio. Os nomes propios poderán abreviarse ás súas iniciais.
Ex.: Ramón y Cajal, Santiago
Ex.: Ramón y Cajal, S.Cando hai ata tres autores, os seus nomes indicaranse separados por comas. Se hai máis de tres, indícase o nome do primeiro e engádese "e outros".
Nos apelidos con preposicións, estas débense pospoñer tras o nome propio: de, do, da, etc.
Ex.: Falla, Manuel de
No caso de obras anónimas, o primeiro elemento de referencia será o título.
Despois dos apelidos e nome dos directores, compiladores, editores ou coordinadores, hai que indicar esta característica, ben engadindo entre paréntese a abreviatura correspondente ao tipo de función que realiza: (comp.), (coord.), (ed.), etc., ou ben indicándoo con texto. Estes nomes adóitanse deixar sen inverter a orde "nome apelido(s)."
Ex.: Ser ou non ser [película]. Dirixida por Ernst Lubitsch.
- Nomes de entidades:
Se o autor é unha entidade, indicarase o nome desta tal e como aparece na fonte.
Se o nome da entidade é unha sigla, pode indicarse o nome completo entre corchetes.
Ex.: AEE [Asociación Española de Economía]
Título:
Escríbese tal e como aparece na fonte. Se o escrito é a man, sublíñase e se é a ordenador pódese poñer en cursiva.
O uso de maiúsculas e minúsculas debe seguir o mesmo criterio que figura na fonte.
Soporte:
Se se considera necesario engadirase entre corchetes o soporte físico ou a natureza do recurso.
Ex: [DVD], [fotografía], [partitura], [mapa], etc.
Edición:
Farase constar na forma que aparece na fonte cando sexa edición distinta á primeira. En documentos electrónicos a edición adoita denominarse versión.
Ex: 3ª ed., revisada. Versión 3.0.
Datos de publicación:
Son o lugar xeográfico, a persoa ou entidade que publica un recurso, o ISBN e a data de publicación ou distribución. Esta última ponse entre paréntese.
O lugar xeográfico onde se publicou o documento cítase na lingua orixinal.
Ex: Guadalajara (México)
No material procedente de Internet, o lugar pode suprimirse.
Cítase o ano de publicación en cifras, pero nalgúns casos pode ser necesario anotar o mes, día e hora, como no caso da data de emisión dun programa de televisión.
Nos documentos de Internet débese reflectir a data na que facemos a consulta.
Ex: [consulta: 06-05-2015]
Ex: Consultada o 15 de maio de 2015
Localización:
Proporcionaranse datos sobre o lugar no que se pode encontrar o recurso precedido da preposición "en". Se é un recurso de Internet, precedese con "Dispoñible en:" e especificar a URL.
Ex: ESTÉVEZ REGIDOR, F.A. Cara a unha semiótica da expresión artística. Granada, 2002, [Consulta 20-10-2013]. Dispoñible en: http://hdl.handle.net/10016/16935
ALGÚNS EXEMPLOS ACLARATORIOS
LIBROS:
APELIDO, Nome. Título do libro. Nº da edición (excepto se fose a 1ª, que non se menciona). Lugar de publicación: editorial. (Ano de publicación).
CASTELAO, Alfonso R. Cousas. 2.ª ed. Vigo.Ed. Galaxia. (2000).
MACFARLANE, A. e MCPHERSON, A. Eu e os meus colegas. 3ª edición, Vigo : Ed. Xerais 1998. ISBN: 84-7507-940-7. Páxinas 7-91
MARQUES, Adhemar e outros. Historia Contemporánea a través de textos. 10.ª edición. San Paulo. Ed. Contexto. (2004)
REVISTAS E XORNAIS:
APELIDO, Nome. “Título do artigo”. Nome da revista. Lugar de edición. ISSN. Vol., nº. (Data de publicación). Páxs. en que se atopa o artigo.
Fernández, Nieves. “La nueva ley de propiedad intelectual”. Computer Hoy. Nº 32, páx. 34-35.
DOCUMENTOS LEXISLATIVOS (LEIS, DECRETOS…):
TIPO DE DOCUMENTO e Nº. Nome da publicación. Nº da publicación (data de publicación) páxinas en que se atopa.
REAL DECRETO, 1467/2007 nº 267 B.O.E.de 2 de novembro de 2007, p. 45647.
MÚSICA, PELÍCULAS, DOCUMENTAIS...
APELIDO, Nome. Título. [SOPORTE]. Lugar. Editorial. Ano de publicación.
Ice Age. Chris Wedge (director). [DVD]. Madrid. 20th Century Fox. (2002)
RODRIGO, Joaquín. Concierto de Aranjuez [CD]. Hamburg. Deutsche Grammophon. 1969
DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS (páxinas de Internet , CD),...
Responsable principal. Título. [Tipo de soporte] Edición. Lugar de publicación. Editor ou distribuidor. Fecha de publicación. Fecha de actualización ou revisión. [Data de consulta] Dispoñibilidade e acceso.
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Catálogo da biblioteca. [Consulta: 20 novembro 2015] Dispoñible en: http://museoreinasofia.mcu.es
Redes_373 ¿Para qué sirven las emociones? 1/8. (2005) [Consulta: 24 de mayo de 2015]. Dispoñible en: http://www.youtube.com/watch?v=CQ8WJK9qfGo