ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS
Normas, criterios e consellos para elaborar e presentar traballos escritos.
ESTRUTURA DO TRABALLO
Portada
Elementos da portada:
- Título do traballo.
- Nome e apelidos do autor ou autora. Se o traballo se realizase en equipo, anotaríanse pola orde alfabética do apelido.
- Nome do centro escolar.
- Materia para a que se realiza o traballo.
- Nome do profesor ou profesora (opcional)
- Curso.
- Data de entrega (adoita abondar o mes): Por exemplo: "Xuño, 2015"
Tamén pode conter deseños, debuxos ou fotografías alusivas ao seu contido.
Este é un exemplo de deseño de portada: