ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS
Normas, criterios e consellos para elaborar e presentar traballos escritos.
ORTOGRAFÍA E EXPRESIÓN
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA E ORTOGRÁFICA
Os traballos presentados deben coidar a ortografía, a acentuación, a concordancia das palabras e os signos de puntuación. De non ser así, restarase puntuación.
Consulta o dicionario ou pide axuda ante as dúbidas que se che presenten ou se o corrector ortográfico do procesador de textos sinala un aviso que descoñeces.
Recoméndase facer unha lectura detida e en voz alta antes de entregar o traballo.
EXPRESIÓN E VOCABULARIO
Consellos de redacción:
- Usar o vocabulario técnico e científico.
- Evitar expresións propias da lingua oral.
- Empregar dun léxico rico, preciso e adecuado.
- Buscar a orixinalidade na expresión.
- Non empregar termos ou conceptos novos sen definilos.
- Pódense empregar siglas e acrónimos. A primeira vez indicarase o nome completo e as siglas entre paréntese. Nas seguintes ocasións xa as podes empregar sen máis.
- Evitar os enunciados excesivamente longos. En caso de empregalos, débese comprobar que se lean con facilidade.
- Redactar en forma impersoal, non en segunda persoa.
- Procurar que cada parágrafo se corresponda cunha soa idea.
- Manter unha sintaxe correcta e variada na construción das frases e usar nexos variados.