ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS
Normas, criterios e consellos para elaborar e presentar traballos escritos.
PREPARACIÓN DO TRABALLO
Fases:
- Delimitar o tema do traballo.
- Buscar información en enciclopedias, dicionarios, libros, Internet, medios de comunicación, entrevistas a persoas competentes na materia, visitas,…
- Filtrar a información. A información debe ser seleccionada conforme ao tema e ao nivel que se está a estudar. Deberá ser eliminado todo o que é superfluo e confuso.
- Seleccionar os datos importantes: toma de notas, elaboración de resumos e esquemas, anotación das palabras clave,…
- Ordenar as ideas. Resultará útil elaborar un esquema ou unha lista das ideas clave.
- Redactar un borrador. É imprescindible.
- Realizar, despois de corrixir o borrador, a redacción definitiva.