Recursos e espazos
- Outras aulas
- Biblioteca
Recursos
-
Un ordenador para a administración da Biblioteca.
-
Tres equipos para o uso do alumnado.
-
Tamén hai unha rede WiFi de acceso público. Necesita clave que xestiona o administrador da Biblioteca.
-
No armario hai un portátil conectado ao proxector e aos altofalantes.
Normas de uso dos equipos TIC da biblioteca
-
Haberá sempre un profesor responsable dos equipos da biblioteca.
-
O usuario/a faise responsable dos danos que puidese ocasionar ao equipo por un indebido uso do mesmo.
-
A finalidade dos ordenadores é a busca de información educativa ou á realización de tarefas baixo a supervisión do profesorado.
-
Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.
-
As incidencias notifícanse ó equipo TIC.
-
Prohíbese os cambios de configuración dos equipos e a instalación de programas e aplicacións.
-
Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores. Os alumnos/as empregarán chaves USB, DVD ou calquera outro método de almacenamento pertinente para almacenar os arquivos. En calquera momento poderase borrar calquera arquivo do disco duro.
-
O incumprimento dalgunha destas normas, así como o uso indebido do mesmo por parte dalgún usuario/a poderá supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.