- Aulas de informática

Hai dúas aulas de informática: INF1 (con Windows XP) e INF2 (con Edubuntu).

Normas de uso das aulas de informática:

  • Nas primeiras sesións o profesor insistirá e concienciará aos alumnos sobre o coidado do material informático: acender, apagar, coidar,... Hai que acostumalos a respectar o material.
  • En particular compre insistir ao alumnado en non golpear nin mover os ordenadores cando están acendidos e non danar os cables con tiróns e rozaduras.
  • Tamén se debe acostumar ao alumnado a recoller e ordenar a aula ao finalizar, deixar as cadeiras baixo as mesas e pechar as ventás.
  • A ASIGNACIÓN DO EQUIPO A UTILIZAR POR CADA USUARIO SERÁ REALIZADA POLO PROFESOR. O profesor é responsable de controlar que os alumnos sempre estean no mesmo equipo. É importante saber os alumnos que se sentan cada día ante cada un dos equipos; así en caso de avaría ou desperfecto pódese saber quen foi o último alumno que o utilizou.
  • O ALUMNO É RESPONSABLE DO ESTADO DO POSTO de traballo que emprega. Calquera anomalía será notificada polo alumno en canto se dea conta dela. O alumnado responsable terá que facer fronte ao custe de reparación o reposición dos danos que causen.
  • As incidencias e outras comunicacións (problemas, suxestións,...) notificaranse ao equipo TIC.
  • Na aula INF1 só se poden gravar datos na partición D:/ do disco duro. NON QUEDAN GARDADOS OS DATOS GRAVADOS EN C:/. O cartafol de Meus Documentos xa está configurado no disco D:/.
  • O alumnado deberá crear carpetas cos seus nomes para gardar os arquivos necesarios para a clase. Os arquivos gardados fóra das carpetas poderán ser borrados en calquera momento. Tamén poden se borrados os arquivos nomeados con expresións malsoantes. É recomendable ter copias de seguridade dos arquivos pois non quedan protexidos e calquera os pode modificar ou eliminar. Especialmente ao final do curso limparanse todos os ordenadores.
  • Non está permitida a instalación de ningún tipo de software nos equipos, sendo o equipo TIC o encargado de realizar ou supervisar a devandita instalación.