1. Creación e configuración dun curso

Para crear un curso novo hai que entrar nunha categoría. As categorías as configuran os administradores, de precisar unha nova teredes que contactar con un.

Unha vez dentro dunha categoría poderedes acceder a un curso xa creado ou ben crear un novo premendo en Engadir novo curso. Os cursos visibles aparecen en azul e os ocultos en gris.

crear

Lembrade que os datos en vermello e con asterisco son obrigatorios. (Ver os parámetros de configuración).

A configuración pódese cambiar en calquera momento.