Recursos e espazos

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Utilidades para o profesorado
Libro: Recursos e espazos
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 6 de agosto de 2024, 13:06

Descrición

Guía de recursos e espazos TIC no Fontexería

- Terminais

Hai terminais nestas dependencias:

  • 4º da ESO (aula 203)
  • Primeiro e segundo de Bacharelato (aulas 121, 123, 221, 223)
  • Laboratorio de Física – Tecnoloxía (aulas 213/215)
  • Aula de desdobre 3 (aula 212)
  • Aula de desdobre 4 (aula 214)
  • Aula de audiovisuais 2 e audiovisuais 3 (aulas 125 e 224)
  • Atención Educativa
  • Sala do profesorado

Instruccións dos terminais.

- Aulas de informática

Hai dúas aulas de informática: INF1 (con Windows XP) e INF2 (con Edubuntu).

Normas de uso das aulas de informática:

  • Nas primeiras sesións o profesor insistirá e concienciará aos alumnos sobre o coidado do material informático: acender, apagar, coidar,... Hai que acostumalos a respectar o material.
  • En particular compre insistir ao alumnado en non golpear nin mover os ordenadores cando están acendidos e non danar os cables con tiróns e rozaduras.
  • Tamén se debe acostumar ao alumnado a recoller e ordenar a aula ao finalizar, deixar as cadeiras baixo as mesas e pechar as ventás.
  • A ASIGNACIÓN DO EQUIPO A UTILIZAR POR CADA USUARIO SERÁ REALIZADA POLO PROFESOR. O profesor é responsable de controlar que os alumnos sempre estean no mesmo equipo. É importante saber os alumnos que se sentan cada día ante cada un dos equipos; así en caso de avaría ou desperfecto pódese saber quen foi o último alumno que o utilizou.
  • O ALUMNO É RESPONSABLE DO ESTADO DO POSTO de traballo que emprega. Calquera anomalía será notificada polo alumno en canto se dea conta dela. O alumnado responsable terá que facer fronte ao custe de reparación o reposición dos danos que causen.
  • As incidencias e outras comunicacións (problemas, suxestións,...) notificaranse ao equipo TIC.
  • Na aula INF1 só se poden gravar datos na partición D:/ do disco duro. NON QUEDAN GARDADOS OS DATOS GRAVADOS EN C:/. O cartafol de Meus Documentos xa está configurado no disco D:/.
  • O alumnado deberá crear carpetas cos seus nomes para gardar os arquivos necesarios para a clase. Os arquivos gardados fóra das carpetas poderán ser borrados en calquera momento. Tamén poden se borrados os arquivos nomeados con expresións malsoantes. É recomendable ter copias de seguridade dos arquivos pois non quedan protexidos e calquera os pode modificar ou eliminar. Especialmente ao final do curso limparanse todos os ordenadores.
  • Non está permitida a instalación de ningún tipo de software nos equipos, sendo o equipo TIC o encargado de realizar ou supervisar a devandita instalación.

- Outras aulas

Os mandos dos proxectores permanecen nestas aulas ao quedar sempre pechadas.

LOCALIZACIÓN

Nº AULA

MEDIOS

AULA DE PCPI/ESA


Portátil, proxector e encerado dixital (eBeam).

AULA DE MÚSICA

S04

Ordenador e proxector.

AULA DE TECNOLOXÍA DA ESO

021

Ordenador e proxector.

DESDOBRE 1

106

Portátil, proxector e encerado dixital (eBeam).

LABORATORIO DE CIENCIAS

111

Ordenador e proxector.

AULA DE DEBUXO

113

Ordenador e proxector.

AULA DE IDIOMAS

114

Portátil, proxector e encerado dixital
10 terminais para uso do alumnado máis outros 2 odenadores - servidores

AULA DE CIENCIAS

115

Ordenador, proxector, encerado dixital.

AULAS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: PT1

204

Ordenador, proxector e encerado dixital (Promethean).

AULAS DE DESDOBRE 2

205

Ordenador, proxector e encerado dixital (Promethean).

LABORATORIO DE QUÍMICA

211

Portátil e proxector.

AULA DE HUMANIDADES

216

Ordenador e proxector.

AULA DE AUDIOVISUAIS 1

222

Ordenador, proxector e encerado dixital (Smart Board)

XIMNÁSIO


Proxector e portátil

- Biblioteca

Recursos

  • Un ordenador para a administración da Biblioteca.

  • Tres equipos para o uso do alumnado.

  • Tamén hai unha rede WiFi de acceso público. Necesita clave que xestiona o administrador da Biblioteca.

  • No armario hai un portátil conectado ao proxector e aos altofalantes.

Normas de uso dos equipos TIC da biblioteca

  • Haberá sempre un profesor responsable dos equipos da biblioteca.

  • O usuario/a faise responsable dos danos que puidese ocasionar ao equipo por un indebido uso do mesmo.

  • A finalidade dos ordenadores é a busca de información educativa ou á realización de tarefas baixo a supervisión do profesorado.

  • Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.

  • As incidencias notifícanse ó equipo TIC.

  • Prohíbese os cambios de configuración dos equipos e a instalación de programas e aplicacións.

  • Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores. Os alumnos/as empregarán chaves USB, DVD ou calquera outro método de almacenamento pertinente para almacenar os arquivos. En calquera momento poderase borrar calquera arquivo do disco duro.

  • O incumprimento dalgunha destas normas, así como o uso indebido do mesmo por parte dalgún usuario/a poderá supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.

- Salón de actos

O Salón de Actos dispón de equipamento completo de vídeo e son (proxector, mesa de misturas e altofalantes), así como conexión á rede.

Existe un interruptor xeral, na roseta situada detrás da mesa de misturas, que conecta todos estes equipos. Existe a posibilidade de conectar un portátil para proxectar incorporando son amplificado a través da mesa.

Ante calquera dúbida ou dificultade, deberá consultarse a algún dos dinamizadores TIC.

- Servizos informáticos

Existe unha aula específica dedicada de xeito exclusivo ao traballo do profesorado (Servizos Informáticos - aula 206) que conta con 10 postos informáticos, unha impresora en cor de grande formato (para impresión de cartaces ou, en xeral, documentos de grande tamaño) e a fotocopiadora.

Estes equipos teñen instalados dous sistemas operativos a escoller (WINDOWS XP e LINUX-UBUNTU).

É recomendábel que todos os arquivos nestes equipos sexan gardados en lugar seguro, porque en ocasións é necesario realizar labores de mantemento, actualización ou reparación e non é posíbel garantir que estes arquivos sexan preservados.


- Reprodutor DVD

Para poñer un vídeo en calquera aula pódese empregar o reprodutor marca Lausson. Atópase na vitrina de Servizos Informáticos. Ademais dun DVD dispón de conexión USB, polo que se pode conectar unha memoria ou un disco duro externo.

Instrucións.

- Portátiles

Na aula de Servizos Informáticos existen varios ordenadores portátiles de uso compartido.

Deberase anotar na folla de reserva no taboleiro TIC da sala do profesorado.

Estes equipos son de uso exclusivo no centro e por parte do profesorado. No caso de que fose necesario sacar eventualmente algún deles fóra do instituto, deberá consultarse previamente cos responsábeis da equipa TIC. Estes ordenadores devolveranse á súa ubicación inmediatamente despois de finalizada a tarefa para a que foron utilizados.

De haber algunha incidencia no uso ou funcionamento destes ordenadores anotarase no parte correspondente na sala do profesorado.

- Fotocopiadoras

Fotocopiadora de servizos informáticos

Os novos usuarios da fotocopiadora deberán solicitar a calquera dos integrantes do equipo TIC o nome de usuario e contrasinal.

A equipa TIC atenderá calquera incidencia no funcionamento da máquina ou calquera dúbida ou suxestión.

A carga de papel a fará o equipo TIC ou os conserxes.

  • Uso da fotocopiadora desde o ordenador (como impresora).
  1. Menú de impresión en Windows.
  2. Menú de impresión en Linux-Ubuntu.

Lembra

Control de copias (fotocopias ou impresión)

Tanto para o servizo de fotocopiadora (directo en máquina) como de impresora (desde ordenador), o sistema contabiliza de xeito automático o número de copias de cada usuario, distinguindo se son copias en cor ou B/N. Ademais agrega as copias de todo o profesorado que pertence a un mesmo departamento nunha soa conta, o que permite obter informes do número de copias (fotocopias ou impresións) feitas ben por cada usuario de xeito individual, ben polo conxunto dun departamento.
Premendo en Detalles pódese acceder a un informe das copias feitas.

Fotocopiadora de conserxería

Recoméndase converter os traballos de impresión a formato “pdf”, xa que dan moita maior seguridade en que a impresión coincida exactamente co documento orixinal. Isto ademais facilita enormemente a impresión nas fotocopiadoras da conserxería.

Para saber máis sobre os arquivos PDF.