Webs educativas

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Utilidades para o profesorado
Libro: Webs educativas
Imprimido por: Invitado
Día: martes, 6 de agosto de 2024, 12:16

Descripción

Que son e para que serven.

1. Concepto de Web 2.0

A Web 2.0 ou Web interactiva refírese a unha nova xeración de Webs onde os contidos son compartidos e tamén producidos polos propios usuarios da web.

Web 2.0

As novas tecnoloxías fan que sexa máis sinxelo publicar información e compartila. De feito, para algúns a web 2.0 permite que a "ditadura do programador" chegue a súa fin: persoas sen coñecementos de informática poden crear as súas propias webs sen a necesidade de dominar unha linguaxe propia de Internet. Por exemplo, os sistemas xestores de contido (Content Management Systems, CMS) fan que calquera persoa, ainda que non saiba nada sobre programación Web, poida xestionar o seu propio sitio web.

As páxinas estáticas son aquelas que existen todo o tempo nun arquivo nalgún servidor Web. As páxinas dinámicas son aquelas que se crean cando unha persoa interactúa cun servidor Web, por exemplo a resposta a unha consulta nun buscador ou o resultado de encher un formulario nun sitio de comercio electrónico. Actualmente, a maior parte da WWW é dinámica.

O termo Web 2.0 foi acuñado por Tim O'Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web baseada nunha gama de servizos, como as redes sociais, os blogs, os wikis, que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.

Os principais utilidades e servizos son:

  • Wiki: Edición de sitios e páxinas web por diversas persoas de forma colaborativa.
  • Blog: Páxinas web que funcionan a modo de diario persoal. Fotoblog e Videoblog.
  • RSS: Servizo de subscrición, busca e consultas de noticias de todo tipo.
  • Podcast: Rede de difusión de noticias en formato sonoro.
  • Redes sociais: sirve para conectar a las persoas cos seus amigos e facer novos amigos no proceso.
  • P2P: Redes entre iguais, redes punto a punto.
  • Aplicacións en liña: Programas que se poden utilizar e executar directamente dende o sitio web onde se encontren aloxadas, sen necesidade de instalalas no ordenador, aforrando espazo no disco duro.
A maioría destes servizos requiren un rexistro por parte do usuario. Para iso será preciso dispoñer dunha conta de correo electrónico, e recordar un nombre_de_usuario e un contrasinal.
Recoméndase polo menos ter unha conta con GMail. A conta de Gmail é moito máis que unha simple conta de correo, é un pasaporte que nos permite acceder a innumerables servizos de Google sen ter que volver rexistrarnos. O Universo Google cada día abrangue máis e máis...

2. A web educativa 2.0

View more presentations from José Cuerva

3. Web 2.0 e Educación

Web 2.0 e Educación é un vídeo sobre a chamada web 2.0 e as súas posibles aplicacións educativas. Está realizado por Educastur.
Este traballo acóllese a unha licenza Creative Commons, que permite copiar, difundir, compartir e modificar o contido, sempre e cando se distribúa cunha licenza equivalente.
Se queredes, tamén podedes descargar o texto completo do vídeo en:

http://blog.educastur.es/files/2007/06/web2_0v02.pdf

from xardesvives on Vimeo.

4. Web 2.0: A revolución social de Internet

5. ¿Que é un Blog?

6. ¿Que é unha wiki?

7. ¿Que son as redes sociais?