O VERBO
Sitio: | Aula Virtual Fontexería |
Curso: | Ortografía e gramática |
Libro: | O VERBO |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | xoves, 21 de novembro de 2024, 8:17 PM |
Descrición
Gramática
Táboa de contidos
- 1. Verbos: introdución
- 2. Verbos que rematan en -er (CII) e en -ir (CIII)
- 3. Caracterización morfolóxica do verbo
- 4. Anotacións sobre os verbos regulares
- 5. Valores dos modos e dos tempos verbais
- 6. O infinitivo conxugado
- 7. O futuro de subxuntivo
- 8. O xerundio
- 9. O participio
- 10. Verbos con alternancia vocálica
- 11. VERBOS IRREGULARES
- 12. AS PERÍFRASES VERBAIS
I CONXUGACION andar |
II CONXUGACION varrer |
III CONXUGACION partir |
INDICATIVO presente |
||
ando andas anda andamos andades andan |
varro varres varre varremos varredes varren |
parto partes parte partimos partides parten |
copretérito (pretérito imperfecto)
|
||
andaba andabas andaba andabamos andabades andaban |
varría varrías varría varriamos varriades varrían |
partía partías partía partiamos partiades partían |
pretérito (pretérito perfecto) |
||
andei andaches andou andamos andastes andaron |
varrín varriches varreu varremos varrestes varreron |
partín partiches partiu partimos partistes partiron |
antepretétito (pretérito pluscuamperfecto) |
||
andara andaras andara andaramos andarades andaran |
varrera varreras varrera varreramos varrerades varreran |
partira partiras partira partiramos partirades partiran |
futuro
|
||
andarei andarás andará andaremos andaredes andarán |
varrerei varrerás varrerá varreremos varreredes varrerán |
partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán |
pospretérito (condicional) |
||
andaría andarías andaría andariamos andariades andarían |
varrería varrerías varrería varreriamos varreriades varrerían |
partiría partirías partiría partiriamos partiriades partirían |
SUBXUNTIVO presente |
||
ande andes ande andemos andedes anden |
varra varras varra varramos varrades varran |
parta partas parta partamos partades partan |
imperfecto | ||
andase andases andase andásemos andásedes andasen |
varrese varreses varrese varrésemos varrésedes varrésedes |
partise partises partise partisemos partisedes partisen |
futuro
|
||
andar andares andar andarmos andardes andaren |
varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren |
partir partires partir partirmos partirdes partiren |
FORMAS NOMINAIS infinitivo |
||
andar |
varrer |
partir |
xerundio |
||
andando |
varrendo |
partindo |
participio | ||
andado |
varrido |
partido |
infinitivo conxugado |
||
andar andares andar andarmos andardes andaren |
varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren |
partir partires partir partirmos partirdes partiren |
Verbos que rematan en -er
1. Rematan en –er (CII):
converxer (*converxir) demoler (*demolir) derreter (*derretir) diverxer (diverxir) emerxer (*emerxir) encher erguer |
esparexer (*esparcir) espremer (*esprimir) fender ferver premer proer (*pruír, *escocer) |
render (*rendir) repeler rexer (*rexir) toller (“eivar, impedir”) xemer (*xemir) |
abater (*abatir), combater (*combatir), debater (*debatir), rebater (*rebatir)
correr :
concorrer (*concurrir)
decorrer
discorrer (*discurrir)
escorrer (*escurrir)
incorrer (*incurrir)
ocorrer (*ocurrir)
percorrer (*recorrer)
recorrer (“presentar recurso”, “pedir amparo”)
socorrer
transcorrer (*transcurrir)
corromper, interromper (*interrumpir), irromper (*irrumpir), prorromper
verter (*vertir):
Verbos que rematan en –ir (CIII):
escribir (*escreber: dialectal de noso)
vivir (*viver)
dicir (*decir; *deser: dialectal de noso)
elixir (*elexir)
aducir
recibir (*receber)
Caracterización morfolóxica do verbo
1. Raíz (R): aporta o contido léxico (lexema); é o único constituínte obrigatorio:
1.2. Indica se un verbo é regular ou irregular (neste caso haberá unha raíz de presente e outra de pretérito). Tamén muda nos verbos con alternancia.
2. Vogal temática (VT): Indica a conxugación: primeira (CI), segunda (CII) ou terceira (CIII).
A maioritaria tirámola do infinitivo:
CII: -e-: varr-e-r
CIII: -i-: part-i-r
Pero presenta alomorfos (variantes):
-ø-: nas seguintes persoas das tres conxugacións:- p1 do pste. de indicativo: and-ø-ø-o, varr-ø-ø-o, part-ø-ø-o;
- todas do pste. de subxuntivo: and-ø-e-mos, varr-ø-a-mos, part-ø-a-mos.
CII: -i-: en todo o copretérito: varr-i-a-mos; no participio, varr-i-do;
e nas p1 e p2 do pretérito: varr-í-n, varr-i-ches.
CIII: -e-: p2, p3, p6 do pste. de indicativo: part-e-s, part-e, part-e-n.
3. Sufixo de modo e tempo (SMT): Indíca modo, tempo, aspecto.
a) Indicativo:
copretérito: –ba- na CI: and-a-ba-mos; -a- nas CII e CIII: varr-i-a-mos, part-i-a-mos.
antepretérito: -ra-: and-a-ra-mos.
pospretérito: -ria-: and-a-ria-mos.
futuro: -re- / -ra-: and-a-re-mos, and-a-rá-s.
b) Subxuntivo:
pretérito: -se-: and-á-se-mos.
futuro: -r- / -re-: and-a-re-s, and-a-r-mos.
imperativo: -ø-: and-a-ø, and-a-ø-de.
c) Nas formas nominais indica máis ben substancia (infinitivo) ou aspecto (xerundio e participio):
participio: -do: varr-i-do;
xerundio: -ndo: varr-e-ndo.
d) Infinitivo conxugado: -r- / -re-: varr-e-r-mos, varr-e-re-n.
4. Sufixo de número e persoa (SNP):
P1: -ø na maioría: and-a-ba-ø, and-a-se-ø…
-o no pste. indicativo: and-ø-ø-o
-i no pretérito da CI: and-e-ø-i
-n no pretérito das CII e CIII: varr-í-ø-n
P2: -s en case todos os tempos: and-a-ba-s…
-ches no pretérito: and-a-ø-ches
-ø no imperativo: and-a-ø-ø-
P3: -ø na maioría: and-a-ra-ø, and-a-ría-ø…
-u no pretérito: and-o-ø-u, varr-e-ø-u
P4: -mos sempre: and-a-re-mos, and-a-r-mos
P5: -des na maioría: part-i-re-des, and-a-ø-des…
-stes no pretérito de indicativo: and-a-ø-stes
-de no imperativo: and-a-ø-de
P6: -n na maioría: part-i-rá-n, varr-e-se-n…
-ron no pretérito: varr-e-ø-ron
1. Diferenzas da nosa fala co estándar:
- graves: andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos, andariades;
- esdrúxulas na nosa fala: *andábamos, *andárades, *andaríamos…
1.2. As p2 e p5 do pretérito levan como SNP
- no estándar: -ches, -stes: ti andaches, vós andastes;
- na nosa fala -stes, -stedes: ti *andastes, vós *andástedes
1.3. A VT da p2 do pretérito da CII é
- no estándar -i- : ti com-i-ches, ti tem-i-ches;
- na nosa fala -e-: ti *com-e-eches , *com-e-stes.
1.4. A p3 do pretérito das CII e CIII levan como VT
- no estándar, a do seu infinitivo: varr-e-u de varr-e-r; part-i-u de part-i-r;
- pero na nosa bisbarra harmonizámolas consonte a fala respectiva:
- *varr-i-u, part-i-u na fala fisterrá norteña (de Louro para norte)
- varr-e-u, *part-e-u na fala fisterrá sureña (de Muros para sur).
1.5. As p4 e p5 do infinitivo conxugado levan -r- como SMT
- no estándar -r-: and-a-r-mos, and-a-r-des;
- na nosa fala usamos -re-: *and-á-re-mos, *and-á-re-des.
2. Son regulares os verbos seguintes:
2.1. andar, coa raíz sempre and-: andei, andou, andarades, andasen…;2.2. Nos verbos regulares crer, ler, rir e derivados (descrer, reler, sorrir...) prodúcense certas contraccións: les, cres, ris; non *lees,* crees, *ries
2.3. Son regulares os rematados en
-cer: acontecer, adoecer, agradecer, aparecer, coñecer (*conocer), crecer, obedecer, escurecer (*oscurecer), nacer…:
-cir: conducir, introducir, producir, reducir, traducir…:
conduzo, conduza, conducín…; nunca *conduzco, *traduzca, *traduxen…
Exceptúanse os irregulares facer e dicir.
2.4. Son regulares os rematados en –uír: incluír, atribuír, construír, diminuír (*disminuír), posuír (*poseer)…:
2.5. Son regulares os rematados en
-oar: amontoar, enxaboar, repoboar (*enxabonar), coar(*colar), perdoar (perdonar), magoar, acaroar, coroar, soar, abotoar, voar:
2.6. Introducen -i- na p1 do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo os verbos rematados en
ouz- só na p1 do pste. de indicativo: ouzo (logo ouves, ouve, ouvimos…)
e en todo o pste. de subxuntivo: ouza, ouzas…
INDICATIVO (modo non marcado, expresa a realidade)
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativo: o coche que che prometín creo que xa o viches.
Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
2.1. De cortesía: quixera que me deixase unha cousa.
2.2. Desiderativo: quen me dera esa moto!
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses). Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.
Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.
Futuro (andarei, varrerei, partirei)
2.1. De obrigatoriedade: mañá estudarás máis.
2.2. De probabilidade: terá cincuenta anos.
SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)
Presente (ande, varra, parta)
- Tempo presente: dille que vaia hoxe.
- Tempo futuro: quero que fagas todo isto.
- Imperativo: non berres que non son xordo.
Futuro (andar, andares…)
IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos…
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda, andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o presente de subxuntivo:
que respondan ao que lles preguntan.
2. Emprégase nos seguintes casos:
2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: para achegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.
3. Non o usaremos nunca:
- nas perífrases: tedes que traballar,
- cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.
- completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
- circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
- finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
- causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
- temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
- condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;
- concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.
- coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
- é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero
2. Valor: é unha forma nominal que ten aspecto imperfectivo (presenta a acción do verbo no seu desenvolvemento) e modifica adverbialmente o verbo: indo pola estrada viron un sapo.
3. Algunas peculiaridades:
3.2. Tamén pode acadar un valor imperativo: Andando, veña!
3.3. A súa repetición ten un carácter intensificador: remando, remando, remando… demos chegado.
3.4. Pódense conxugar, como acontece na nosa fala, algunas persoas: nós preparándomos o exame e vós a enredar.
3.5. Precedido da preposición en indica anterioridade: en acabando de cear, imos fóra tomar un xeado.
3.6. Ten un equivalente no infinitivo xerundial, a + infinitivo:
1. Valor: é unha forma nominal de aspecto perfectivo (acción vista como rematada).
Pode funcionar como
-
adxectivo verbal: a película recén estreada;
-
valor propiamente verbal nas perífrases: non dan estreado a película.
2. Forma:
2.1. Os máis son regulares e fórmanse co SMT -do: and-a-do.
2.2. Hai verbos con participio irregular: aberto, feito, escrito, posto, morto, dito…
2.3. E hainos que teñen dúas formas:
-
unha regular (xeralmente usada nas perífrases e na pasiva): non me dou cansado;
-
e outra irregular (adoita funcionar como adxectivo): estou canso.
Velaquí algúns exemplos de verbos con dúas formas de participio:
acendido/aceso bendicido/bendito calmado/calmo cansado/canso chocado/choco collido/colleito comido/comesto distinguido/distinto enxugado/enxoito |
escorrido/escorreito espertado/esperto fartado/farto fixado/fixo gastado/gasto limpado/limpo maldicido/maldito nacido/nado pagado/pago |
prendido/preso quentado/quente resolvido/resolto salvado/salvo tinxido/tinto tollido/tolleito torcido/torto volvido/volto |
Mesmo poden aparecer tres formas para un verbo: envolvido, envolveito, envolto.
Verbos con alternancia vocálica (mudan unha vogal da raíz)
/ɛ/ bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
/ɔ/ como, comes, come, comemos, comedes, comen
Pero non no imperativo, que leva vogal pechada: come, comede; bebe, bebede. Reparade na diferente pronuncia: non come nada, fronte a come dunha vez!
Non o fan así, pois presentan sempre:
-timbre aberto: querer, quecer, esquecer; poder
-timbre pechado: deber, crer, ler, sobreser (e derivados)
e os rematados en –cer (parecer…)
2. Mudan /u/ por /ɔ/ algúns verbos da CIII que teñen u como última vogal do lexema (tamén só nas p2, p3 e p6 do presente de indicativo): Son os verbos tipo subir, tusir:
subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben;
tuso, toses, tose, tusimos, tudides, tosen.
Tampouco no imperativo: o rapaz tose moito / rapaz, tuse tres veces!
Seguen este modelo, xunto cos derivados::
acudir; bulir: rebulir; cubrir: descubrir encubrir recubrir; cumprir*; cuspir (*escupir); durmir; engulir (“tragar”); |
fundir*; fuxir; lucir: deslucir relucir…; mulir*; muxir; pulir; ruxir; sacudir; subir; |
sufrir; sumir: consumir ensumir; tusir (*toser); ulir; urdir; xunguir xurdir |
cumprir: só o verbo defectivo que significa “ser preciso, ser mester”: cómpre máis auga. Non cumprir cos restantes significados: a filla cumpre quince anos, non cumpren as normas.
fundir co significado de “render”: este xabón non fonde nada. Non fundir co significado de “licuar, dar forma”: o sol funde o xeo, mañá funden a escultura.
mulir: “abrandar, amolecer”, “botar mulime ou batume”.
3. Os verbos da CIII tipo pedir mudan o e da raíz por i nalgunas persoas e tempos:
- presente indicativo (p1,2,3,6): pido, pides, pide, pedimos, pedides, piden.
- presente de subxuntivo (todo): pida, pidas…
- imperativo (p2): pide pedide.
adherir; advertir divertir; agredir transgredir; conferir diferir inferir preferir |
referir transferir; competir repetir; concernir discernir; espelir; espir (*desnudar); dixerir |
inxerir suxerir; inserir (“introducir”); medir; pedir (e derivados) reflectir (*reflexar); vestir investir revestir |
4. Cinco verbos da CIII, xunto cos seus derivados, presentan tripla alternancia:
servir ferir malferir mentir |
desmentir sentir asentir consentir |
resentir seguir conseguir perseguir |
proseguir |
- /ɛ/nas p2, p3, p6 do presente de indicativo: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven;
- /i/ na p1 do presente de indicativo: sirvo
Presentan raíces distintas:
- unha de pretérito para pretérito e antepretérito de indicativo, pretérito e futuro de subxuntivo,
- outra de presente para o resto dos tempos;
- poden presentar outras irregularidades noutros tempos ou persoas;
- moitos destes verbos estenden a raíz da p1 do pste. de indicativo a todo o pste. de subxuntivo: caibo, caiba; veño, veña; vallo, valla …
- evitamos citar formas do paradigma estándar cando coinciden coa nosa fala;
- reparamos nas formas que adoitan usarse incorrectamente por castelanismo,
- e nas que, por dialectalismo de noso, non coinciden co estándar.
- Cando o estimamos oportuno, poñemos a continuación do pretérito a p1 dos tempos que levan a mesma raíz;
- os tempos (pste., pretér.…) son de indicativo, de non indicarmos outro modo.
CABER
Pste.: caibo, cabes, cabe…
Pretér.: couben, coubeches… (coubera, coubese)
Pste. subx.: caiba, caibas …
Desviacións:
- castelanismos coa raíz *quep- : *quepo, *quepa, *quepamos
- regularización coa raíz cab- para pretérito…: *cabín, *caberamos…
- regularización con *cab- no canto de caib-: *cabo, *caba, *cabas…
- uso abusivo de coller por caber:
DAR
Pste.: dou, dás, dá …
Pretér.: dei, deches, deu, demos, destes, deron.
Pres. subx.: dea, deas …
A evitar:
- castelanismo *de, *des… para pste. de subx. : que mo *de: que mo dea;
- dialectalismo *din por dei para a p1 do pretér.: *din as grazas: dei as grazas;
- as formas dá, dás levan til diacrítico: non dá as grazas, vén da praia;
- dialectalismo de noso *dou para a p3 do pretér.( dou é só pste.):
hoxe non lle dou (pste.) as grazas, onte non mas deu (pretér.) el,
hoxe non lle dou (pste.) as grazas, onte non mas *dou (pretér.) el.
DICIR
Pste.: digo, dis, di, dicimos, dicides, din.
Copretér.: dicía... (dicindo…)
A evitar:
- castelanismos coa raíz *dec-: *decimos, *decía, *decindo…e *dicen
- nós temos a forma dialectal *decer (*deser con seseo)
ESTAR
Pretér.: estiven, estiveches… (estivera, estivese)
Pste. subx.: estea, esteas …
A evitar:
- a raíz de pretérito *estuv-: *estuven, *estuvera, *estuvese…
- *esté no canto de estea: non creo que *estés: non creo que esteas
FACER
Pste.: fago, fas, fai, facemos, facedes, fan
Pretér.: fixen, fixeches… (fixera, fixese, fixer…)
Pste. Subx. : faga, fagas… Participio: feito
HABER
Pste.: hei, has, ha/hai, habemos, habedes, han.
Pretér.: houben, houbeches… (houbera, houbese)
Pres. subx.: haxa…
A evitar:
- castelanismo *huben…
- é dialectalismo de noso *haba,* habas… no canto de haxa.
IR
Pste. : vou, vas, vai, imos, ides, van.
Copretér.: ía, ías …
Pretér.: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron. Coincide co do verbo ser.
Pste. subx.: vaia, vaias …
Imperativo: vai, vamos, ide.
Vamos:
- usámolo con valor imperativo (normalmente podémolo substituír por vaiamos: vamos dunha vez! vamos, veña!
- nunca con valor de pste. indicativo: vós ides amodo, nós imos con présa; vós *vades amodo, nós *vamos con présa.
A evitar no copretér., no canto de ía:
- castelanismo *ibas, *ibas…
- forma dialectal de noso:*iña, *iñas…
PARIR
Pste.: pairo, pares, pare…
Pretér.: parín, pariches... (parira, parise...)
Pste. Subx. : paira, pairas, paira…
Evitar a regularización: *paro para o mes, oxalá *para sen dor; pairo para o mes, oxalá paira sen dor.
PODER
Pste.: podo, podes …
Pretér.: puiden, puideches … (puidera, puidese, puider)
Pste. subx. : poida, poidas…
A evitar:
- castelanismo *pud- para pretér.: *puden, *pudera, *pudese…
- *poido para a p1 do pste.
- a nosa forma dialectal *poda, *podas… para pste. de subx.
POÑER ou PÓR (forma sincopada de poñer)
Podemos usar ambas raíces para moitas formas.
Pste.: poño, pos, pon, po(ñe)mos, poñedes ou pondes, poñen.
Copretér.: poñía… ou puña…
Pretér.: puxen, puxeches … (puxera, puxese)
Pospretér.: po(ñe)ría … Futuro: po(ñe)rei…
Pres. subx.: poña, poñas …
Infinitivo conxugado: poñer ou pór, po(ñe)res ou pores…
Xerundio: po(ñe)ndo.
Conxúganse igual os derivados: antepoñer/antepor, compoñer/compor, dispoñer/dispor, expoñer/expor, repoñer/repor…
PRACER
Pste.: prazo, praces, prace…
Pretér.: prouguen, prougueches, prougo… (prouguera, prouguese…)
Pste. Subx. : praza, prazas, praza…
Os derivados apracer, compracer, despracer non seguen o modelo na raíz de pretérito, son regulares: comprázome, non creo que iso me compraza… compraceume, xa o compracera / *compróugome, xa o *comprouguera.
QUERER
Pste.: quero, queres, quere…
Pretér.: quixen… (quixera, quixese…) Futuro: quererei… Pospretér.: querería…
Pste. subx.: queira, queiras …
Son dialectalismos de noso:
apócope *quer: non me quere, non me *quer;
quira para pste. subx.: oxalá os *quira / queira.
SABER
Pretér.: souben, soubeches … (soubera, soubese)
Pste. subx.: saiba, saibas …
A evitar:
- castelanismo coa raíz *sup- para pretér.: *supen, *supera, *supese…
- castelanismo coa raíz *sep- para pste. subx.: *sepa, *sepamos…
- *soup- para pretérito: *soupen, *soupese...
- é dialectalismo *sab- para pste. subx.: *saba, *sabamos…
SER
Pste.: son, es, é, somos sodes, son.
Pretér,: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron (fora, fose, for)
Pste. subx. : sexa, sexas…
A evitar:
- os castelanismos *eres: *eres un trapalleiro: es un trapalleiro; e *sea, *seas…: oxalá *sea certo: oxalá sexa certo;
- son dialectalismos:
- *seña: non creo que *seña así: non creo que sexa así.
- ti *fostes, vós *fóstedes: non *fostes ti, *fóstedes vós: non fuches ti, fostes vós.
TER
Pres.: teño, tes, ten, temos, te(n)des, teñen.
Pretér.: tiven, tiveches … (tivera, tivese, tiver)
A evitar o castelanismo *tuv- para pretérito: oxalá as *tuvese, oxalá as tivese.
Conxúganse igual os derivados: abster, ater, conter, deter, entreter (*entretener), manter, reter, soster.
TRAER
Pres.: traio, traes, trae …
Pretér.: trouxen .. (trouxera, trouxese, trouxer)
Pres, subx. : traia, traias …
Son dialectalismos de noso:
-ausencia de –i- intervocálico : *trao, *traa, *traamos…
-*trai no canto de trae: non mas *trai: non mas trae;
-raíz *trougu- (trough- coa gheda) para pretérito:
non o *troughen, non creo que mo *troughese;
non o trouxen, non creo que mo trouxese.
Os derivados son regulares: abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer, subtraer (*substraer):
non me distraín: non me *distrouxen
aínda que me distraese: aínda que me *distrouxese
extraéronme un vulto: *estrouxéronme un vulto
nada me atraeu máis: nada me *atrouxo máis
VALER
Pres.: vallo, vales, vale …
Pretér.: valín, valiches, valeu ...
Pres. subx.: valla, vallas, valla …
A evitar: *valo; *vala, valas…: eu para iso non *valo: para iso non vallo; non creo que me *valan: non creo que me vallan.
Conxúgase igual equivaler.
VER
Pres,: vexo, ves, ve …
Copretér.: vía, vías …
Pretér.: vin, viches, viu, vimos, vistes, viron.
Reparar: viu de ver / veu de vir: Veu ao país e viu a fame que se pasa.
Evitar *veía, *veías…
VIR
Pres.: veño, vés, vén, vimos, vi(n)des, veñen.
Pretér.: vin, viñeches, veu, viñemos, viñestes, viñeron (viñera…)
Imperativo: ven, vi(n)de
Reparar no til diacrítico de vés, vén:
con eses lentes non ves nada, ¿vés comigo ao oculista?
os veciños non a ven, pero ela vén decote acompañada.
ven acó!
Para os verbos rematados en –aer (caer, traer…), -oer (doer, moer, proer…), -aír (saír…) e –oír (oír e ouvir): Véxase Verbo, 2.6.
Para ler, crer, rir e derivados: Véxase Verbo, 2.2
-verbo auxiliado en forma non conxugada: infinitivo, xerundio ou participio;
-pode aparecer un nexo entre ambos:
Este complexo verbal presenta unidade formal e significación conxunta:
-o auxiliado dá o significado léxico.
Segundo o significado, diferenciamos as seguintes clases:
1. TEMPORAIS
Indican futuridade ou inminencia (algunhas aportan o matiz de intención). Só se constrúen con infinitivo.
Ir + infinitivo: vou ir a Muros, vou comer (intención)
Estar a/para + infinitivo: está para chegar, está a caer.
Haber (pretérito) (de) + infinitivo: houbo (de) caer, houben (de) morrer.
Con verbos referidos á meteoroloxía: parece que quere chover.
Cando o suxeito é un ser inanimado: as roseiras queren agromar.
2. MODAIS
Indican obrigación ou probabilidade. Só se constrúen con infinitivo.
2.1.Obrigativas:
Haber (de) + infinitivo: has (de) facer o que manden.
Ter que/de + infinitivo: tedes que levalo, tiña de ser así.
Deber (de) + infinitivo: deben (de) esforzarse máis.
2.2. Hipotéticas:
Deber (de) + infinitivo: debeu (de) pasar algo.
Poder + infinitivo (probabilidade): pode ter corenta anos, podo fallar.
3. ASPECTUAIS:
3.1. Imperfectivas: Indican acción non acabada, en desenvolvemento.
Constrúense con xerundio ou infinitivo xerundial.
Andar + xerundio ou a +infinitivo: anda falando, anda a falar.
Levar + xerundio ou a + infinitivo: leva horas falando/a falar.
Seguir + xerundio: aínda andas amolando?
Ir + xerundio: imos indo, vou fartando de ti.
Vir + xerundio: vén cantando coma se nada.
Poden indicar un proceso gradual (vaise achegando) ou ter un matiz reiterativo (leva moitos anos adestrando)
3.2. Perfectivas: Expresan a acción como acabada, un proceso rematado.
Xunto coas reiterativas constrúense con participio.
Deixar(se) de + infinitivo: ao verme deixou de fochicar na gabeta.
Dar + participio: custoume, pero dei rematado; non dan acabado a obra.
Levar + participio: levo andado moito mundo, moito levo aturado.
3.3. Reiterativas: Expresan a repetición dunha acción.
Levar + participio: moitas luras levo matado.
3.4. Incoativas: Expresan o inicio dunha acción.
Botar(se) a + infinitivo: botouse a chorar, botamos todos a correr.
Poñerse a + infinitivo: e vai e ponse a berrar.
Dar en + infinitivo: deu en falar e falar… e non paraba.
Romper a +infinitivo: ao oílo rompeu a rir.
3.5. Terminativas: Indican a acción no seu remate.
Chegar a + infinitivo: chegou a dicir que eras parvo.
Vir a + infinitivo: ao final veu a descubrirse a verdade.
Acabar por + infinitivo: acabou por se anoxar.
4. VOZ PASIVA: Ser + participio (a declaración foi lida polo secretario)
Pode considerarse unha perífrase ou analizarse como unha oración simple atributiva (o participio sería o atributo). É de uso moi escaso na escrita e case inexistente la lingua oral.