OS NUMERAIS
Sitio: | Aula Virtual Fontexería |
Curso: | Ortografía e gramática |
Libro: | OS NUMERAIS |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | mércores, 27 de novembro de 2024, 7:59 PM |
Descrición
Gramática
cero un/unha dous/dúas tres catro cinco seis sete oito |
nove dez once doce trece catorce quince dezaseis dezasete |
dezaoito dezanove dezanove vinte trinta corenta cincuenta sesenta setenta |
oitenta noventa cen cento un… douscentos… cincocentos (quiñentos)… oitocentos… mil. |
1.1. Cento, milleiro, millón, billón e trillón funcionan como substantivos.
1.2. Igual ca no resto das decenas, non contraen vinte e un, vinte e sete…
1.3. Cómpre evitar formas dialectais e castelanismos: *dazaseis, *dazasete…; *cuarenta, *ochenta, *quinientos.
1.4. Un, unha compórtanse coma os indefinidos logo das preposicións en, de, con.
Os ordinais indican a orde de colocación.
primeiro segundo terceiro cuarto quinto sexto sétimo oitavo noveno décimo |
undécimo (décimo primeiro) duodécimo (décimo segundo) décimo terceiro décimo cuarto… vixésimo vixésimo primeiro… trixésimo cuadraxésimo |
quincuaxésimo sesaxésimo septuaxésimo octoxésimo nonaxésimo centésimo milésimo millonésimo; último derradeiro |
2.1. Todos admiten forma feminina e plural: foi a primeira, foron as primeiras.
Pero nas formas compostas só muda o último elemento:
quedou en décimo novena posición, foron as décimo terceiras.
2.2. Reparar: sétimo (*séptimo), oitavo (*octavo)
2.3. Os postos 11 e 12 admiten dobre forma: undécimo ou décimo primeiro, duodécimo ou décimo segundo.
Os multiplicativos indican o número de veces que se contén algo.
dobre (*doble) (duplo -a) triplo –a (*triple) cuádruplo -a |
quíntuplo –a séxtuplo -a séptuplo -a óctuplo -a |
nónuplo -a décuplo -a céntuplo -a |
Os restantes fórmanse engadíndolle veces máis ao cardinal: fichárono polo dobre, non polo quíntuplo; el querería gañar duascentas veces máis.
Evitar os castelanismos *doble e *triple por dobre/duplo e triplo.
Os partitivos indican a parte dun todo.
medio -a metade (*mitade) terzo -a (*tercio) cuarto -a quinto -a |
sexto -a sétimo -a (*séptimo) oitavo -a (*octavo) noveno -a décimo |
onceavo doceavo… centésimo milésimo millonésimo |
4.2. Outros (usámolos en campos concretos):
semana, lustro, quinquenio, decenio, século (*siglo), milenio, trienio, sexenio; trimestre, cuadrimestre (*cuatrimestre), semestre; novena; corentena (*cuarentena).