III SUFIXOS E TERMINACIÓNS

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Ortografía e gramática
Libro: III SUFIXOS E TERMINACIÓNS
Impreso por: Usuario convidado
Data: xoves, 21 de novembro de 2024, 9:58 PM

Descrición

Sufixos e terminacións.

-eu: chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía);
-au: bacallau, pau.

-cia, -cio, -ancia, -encia, -iencia nas formas cultas
-zo, -za nas patrimoniais

avaricia…;

silencio, vicio…;

substancia, vixilancia…;

aparencia, comenencia, (in)dependencia, ocorrencia, tendencia…;

ciencia, conveniencia-inconveniencia, experiencia, paciencia, (in)suficiencia…

Galicia e tamén Galiza.

andazo, cansazo, espazo (e derivadas), novizo, servizo-servizal-autoservizo, terzo-terzar (pero terciario), xuízo-axuizar-prexuízo.

prezo e derivadas: sobreprezo, (des)prezar, desprezo, desprezable, desprezativo, menosprezo;

pero aprecio, apreciación, apreciativo, precioso, preciosidade, preciosista.


-avinza, cobiza (e derivadas), crenza,

diferenza-indiferenza (pero diferencial, diferencialismo)

doenza, estanza (estrofa), finanza-financeiro (pero financiar, financiamento),

graza-desgraza, grazas (pero gracioso, graciosamente),

habenza, licenza (pero licenciar, licenciado…),

nacenza-renacenza, perseveranza, pertenza, preguiza (e derivadas),

presenza (pero presenciar, presencial), querenza (e derivadas), sentenza (pero sentenciar…), tenza-mantenza, xustiza (e derivadas).

-ción, -sión nas cultas:
adicción, afección, bendición, elección, lección, nación, perfección, recadación, tradución, xeración…; admisión, concesión…

-zón nas patrimoniais:
beizón, doazón, retorzón, rizón, sazón, traizón (e derivadas); razón-razoar-razoable-razoado-razoamento,
pero raciocinio - racional - racionalidade - racionalismo - racionalizar - racionamento.

Se o verbo é en –ar faino en -ante: camiñante, andante

Se o verbo é en –er faino en -ente: valente, crecente

Se o verbo é en –ir hai tres posibilidades:

  • -ente: maldicente, incidente, transixente, lucente, escribente, influente, vivente, consecuente.

Casos especiais: dormente (de durmir), servente (de servir)

  • -iente: conveniente, proveniente, interveniente, saliente, sobresaliente

  • -inte: concluínte, contribuínte, saínte, seguinte-conseguinte, oínte-ouvinte, (re)constituínte.

-mento.

Sempre manteñen a vogal temática do verbo de que derivan: regulamento (de regular), esquecemento (de esquecer), seguimento (de seguir).

  • Non acaban en -s: interese, tose, valse.

  • Os sufixos gregos acabados en –is resólvense en -e: cute, epiderme, glote, metrópole, praxe, psique, sintaxe.

  • En -se as palabras orixinadas nas gregas en –sis, e son sempre femininas:

aluminose, análise, antítese, artrose, catequese, cirrose, crise, diagnose, diérese, diocese, dose, eclipse, elipse, énfase, esclerose, esexese, éxtase, fotosíntese, hidrólise, hipnose, hipótese, metamorfose, metástese, mitose, neurose, osmose, paráfrase, paréntese, perífrase, prótese, psicose, simbiose, síntese, tese, tuberculose, xénese.

Á parte: oasis, chasis (masculinas).
  • En -ite e –te as que proveñen das gregas en –tis, tamén todas femininas: amigdalite, apendicite, conxuntivite, gastrite, larinxite, otite, peritonite… Pero, diabetes.

Provén do sufixo latino –bilis e son válidas ambas solucións: amable-amábel, variable-variábel….

Reparade no acento e nos distintos plurais: amable-amables, amábel-amabeis.

-us: campus, corpus, humus, ómnibus, Venus, virus;

-um: álbum, cinefórum, contínuum, desiderátum, médium, presídium, parabéllum, quórum, súmmum.

-o, adaptándose: currículo, espírito, ímpeto, memorando, referendo, simposio, tifo, tribo, ultimato.

-iño, -iña:

adiviño, camiño, campesiño, daniño, estorniño, liño, mariño, mesquiño, niño, pergamiño, sanguiño, setemesiño, sobriño, veciño, viño, adiviña, andoriña, augamariña, cociña, culleriña, doniña, espiña, liña, madriña, marquesiña, menciña.

-ino, -ina:

asasino, cistalino, destino, divino, peregrino, gasolina, medicina, oficina, rapina

-e: perden a nasal tanto patrimoniais coma cultas:

virxe, orde, imaxe, chantaxe, crime, lume, costume…; abdome, ditame, exame, nume, réxime, vexame, xerme…; glute, lique, pole, seme….

-en: só lumen (unidade da física) e dolmen.

  • -án, na maioría das formas populares:
aldeán-aldeá, ancián-anciá, capitán-capitá, chan-cha, cidadán-cidadá, cirurxián-cirurxiá, cotián-cotiá, cristián-cristiá, curmán-curmá, escribán-escribá, gardián-gardiá, irmán-irmá, livián-liviá, musulmán-musulmá, nugallán-nugallá, san-sa, tecelán-tecelá, temperán-temperá, vilán-vilá…

En moitos xentilicios:

afgán-afgá, alemán-alemá, castelán-castelá, catalán-catalá, arousán-arousá, carnotán-carnotá, compostelán-compostelá, esteirán-esteirá, ferrolán-ferrolá, fisterrán-fisterrá, muradán-muradá….

Admítense tamén, á beira das formas anteriores, os localismos propios da fala respectiva:

- masculinos burelao, courelao, caldelao, limiao (fem. sempre –á: burelá, caldelá…)

- e os femininos fisterrán, muradán, esteirán (coincidentes co masculino)

  • -án, -ana en vocábulos con significado pexorativo:
brután-brutana, carallán-carallana, charlatán-charlatana, folgazán-folgazana, lacazán-lacazana, langrán-langrana, lerchán-lerchana, pailán-pailana, papán-papana, paspán-paspana, pastrán-pastrana, pillabán-pillabana, porcallán-porcallana, testán-testana, toleirán-toleirana
  • -ano, -ana en palabras cultas:

anglicano, artesiano, bacteriano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, humano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, paisano, pondaliano, profano, provinciano, puritano, republicano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, urbano, veterano, vexetariano.

En moitos xentilicios non galegos:

africano, americano, asturiano, australiano, boliviano, cubano, hispano, italiano, lusitano, peruano, romano, valenciano.

-ón, -oa en xeral:

anfitrión-anfitrioa, campión-campioa, ladrón-ladroa-ladra, león-leoa, patrón-patroa, bretón-bretoa, saxón-saxoa.

-ón, -ona:

nos aumentativos: zapatón, homón…; mullerona, casona

nos pexorativos derivados de verbos: abusón-abusona, acusón-acusona, faltón-faltona

-on (átono) en palabras cultas: canon, colon, épsilon, cripton, neon, newton, párkinson, radon…. Tamén nailon.

-tade só, e nalgúns casos, en posición posconsonántica: dificultade, facultade, vontade

-dade (-edade, -idade, -iedade):

  • en posición tamén posconsonántica: bondade, herdade,, lealdade, mortaldade, trindade, virxindade; liberdade, puberdade;
  • sempre en posición posvocálica: enfermidade, novidade, realidade
  • en –iedade as derivadas de adxectivos en –io: notoriedade, solidariedade…, a non ser necidade, sucidade.

-aría ou –ería indistintamente e en xeral, con preferencia para a primeira: armaría, artillaría, bruxaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría…ou armería, artillería, carnicería

-aría nas derivadas de substantivos en –ario (comisario, notario…): comisaría, notaría, secretaría

-ería en galicismos modernos: batería, galantería, galería, mercería.