Para comezar

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Obradoiro Abalar Ies Fontexería
Libro: Para comezar
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 6 de agosto de 2024, 16:25

Descrición

Sobre Moodle

Que é Moodle

Moodle é unha aplicación libre (baixo a Licenza Pública Xeral GNU) para a creación de sitios Web que permitan a creación e xestión de plataformas educativas, é dicir, espazos onde xestionar recursos educativos proporcionados por uns docentes, organizar o acceso a eses recursos polos estudantes, e permitir a comunicación entre todos os implicados (alumnado e profesorado). (Wikipedia)

Moodle promove unha filosofía da aprendizaxe chamada pedagoxía constructivista social, que busca a implicación activa do alumnado na súa aprendizaxe. Este tipo de ensino busca que o alumno poida analizar, investigar, colaborar, compartir, construír e xerar baseándose no que xa sabe.

Moodle é apropiado para o ensino a distancia, así como tamén para complementar a aprendizaxe presencial.


Para saber máis:






DougiamasMartin Dougiamas é o creador e director de desenvolvementode Moodle.

A sede do proxecto está en Perth, Australia e este é o equipo de persoas empregadas.






enlaces Enlaces de interese:

Cursos de Moodle en Webs Dinámicas

Manuais de Moodle

Ensinando con Moodle

Vídeos de Moodle

Curso de Moodle

Documentación para profesores






Acceso e personalización do perfil

Acceso aos usuarios rexistrados

Ao entrar na aula virtual, pódense ver a seguinte información:

inicio


Na parte superior dereita (así como na parte central inferior) podemos atopar o Acceso co que accedemos ao formulario de identificación:

acceso

Para acceder como usuario rexistrado (como profesor ou alumno) precisamos que un administrador nos dea de alta. Todos os alumnos matriculados están dados de alta desde comezo de curso. O seu nome de usuario é o seu nome máis o primeiro apelido, todo xunto, con minúsculas e sen acentos.

Personalización do perfil

Unha vez identificados, cambia a mensaxe da zona de Acceso:

identificado

Ao pulsar sobre o noso nome podemos modificar os datos do noso perfil. (Ampliar)






Creación e configuración dun curso

Para crear un curso novo hai que entrar nunha categoría. As categorías as configuran os administradores, de precisar unha nova teredes que contactar con un.

Unha vez dentro dunha categoría poderedes acceder a un curso xa creado ou ben crear un novo premendo en Engadir novo curso. Os cursos visibles aparecen en azul e os ocultos en gris.

crear

Lembrade que os datos en vermello e con asterisco son obrigatorios. (Ver os parámetros de configuración).

A configuración pódese cambiar en calquera momento.


Presentación e estrutura dun curso

curso

enlace

Información da interface completa dun curso.


Dos bloques laterais, o máis importante é o de Administración, que só é visible para o profesor.

Para iniciar a inserción de contidos, hai que Activar a edición, no botón de arriba á dereita.

En cada tema hai dous despregables: un para recursos e outro para actividades:

engadir

Ao activar a edición aparecen uns iconos:

Iconos

Iconos dos recursos:iconos_tema

Serven para mover os recursos á dereita, desprazamento cara arriba ou cara abaixo, editar, eliminar, visibilidade e grupos.

temaIconos de tema (verticais):

Serven para mostar só ese tema (o resto quedaría contraído), resaltar o tema como actual, visibilidade, desprazar cara arriba e desprazar cara abaixo.

iconos_bloquesIconos de bloques:

Serven para asignar papeis, visibilidade, eliminar e desprazar.

Para ver como queda o deseño do curso podemos Desactivar a edición. Tamén podemos mudar o papel para o de estudante, seleccionando Student no despregable ao lado do botón de Activar edición.

mudar_papel



Matricular aos nosos alumnos

Proceso para matricular aos nosos alumnos no curso que acabamos de crear:
  1. Acceder ao móulo Administración e premer en Asignar roles.
  2. Selecionar Student.
  3. Escoller aos nosos alumnos. Para buscalos podemos escribir o curso e grupo correspondente (por exemplo: ESO4) e premer en Buscar. Aparecerán tódolos alumnos do IES fontexería matriculados nese grupo. Escollemos aos nosos e prememos no botón flecha
matricular