OS NUMERAIS
Os ordinais indican a orde de colocación.
primeiro segundo terceiro cuarto quinto sexto sétimo oitavo noveno décimo |
undécimo (décimo primeiro) duodécimo (décimo segundo) décimo terceiro décimo cuarto… vixésimo vixésimo primeiro… trixésimo cuadraxésimo |
quincuaxésimo sesaxésimo septuaxésimo octoxésimo nonaxésimo centésimo milésimo millonésimo; último derradeiro |
2.1. Todos admiten forma feminina e plural: foi a primeira, foron as primeiras.
Pero nas formas compostas só muda o último elemento:
quedou en décimo novena posición, foron as décimo terceiras.
2.2. Reparar: sétimo (*séptimo), oitavo (*octavo)
2.3. Os postos 11 e 12 admiten dobre forma: undécimo ou décimo primeiro, duodécimo ou décimo segundo.