O NOME (Substantivo e adxectivo)
O substantivo:
Sintacticamente é núcleo da frase nominal: un home libre, a nena da veciña.
Semanticamente clasificámolos consonte o que designen:
Propios:
- antropónimos: Helena, Fiúza, O Corniños;
- topónimos: A Creba, Xalfas, Savila, Taxes, Vadernado.
Comúns:
- concretos (area, chalana) / abstractos (solidariedade, amor);
- continuos, non contables (chuvia, aire) / discontinuos, contables (libro, galo);
- colectivos (piñeiral, peixe) / individuais (piñeiro, xarda).
O adxectivo:
Pode ser núcleo da frase adxectiva e admitir modificación adverbial.
Semanticamente expresa calidades ou características do substantivo e distinguimos:
- especificativos (particularizan unha cualidade): polbo curado, praza asoportalada;
- explicativos ou epítetos (expresan unha cualidade inherente ao substantivo): neve fría.