UD 4_ Tarefa Autoconstrucción dun Penalty Box
Como tarefa avaliable desta unidade didáctica Invictos ll , temos que autoconstruir un "Penalty Box".
Para que sirve o Penalty Box ? Clickea no enlace
É un material de acondicionamento físico que nos permitirá a través da súa utilización, a mellora autónoma de capacidades como a forza, resistencia, velocidade , axilidade , etc. Debido a súa funcionalidade e adaptabilidade permite unha gran variedade de exercícios para poñelos en práctica en función dos obxectivos a perseguir.
Está formado básicamente por catro cadrados en forma de L , o cal permite no seu plegado un fácil e cómodo transporte para os días nos que os usemos na clase de Educación Física e para o uso no fogar ou en espazos ao aire libre.
No seguinte enlace tedes un recurso para guiarvos na autoconstrucción do voso Penalty Box , e recordade , debe ser con materiais de reciclaxe!!