Xornadas de Portas Abertas Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

A ESADg organiza esta actividade para dar a coñecer a súa oferta educativa para o curso 2021/22. Unha oportunidade única para descubrir todo sobre estas opcións formativas e as súas saídas laborais, o funcionamento da escola, así como para resolver calquera dúbida en relación aos estudos e aos procesos de admisión e acceso. A matrícula ás probas libres de acceso ás ensinanzas está aberta ata o 17 de xuño.

COMO FUNCIONAN?
Cada departamento ofrece unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting (non é preciso ter a aplicación instalada).
Tamén poderás charlar con alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións:

  • Por que realizar estudos de artes escénicas?
  • Cal é a oferta educativa da ESADg?
  • Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
  • Cal é a relación co ámbito profesional?
  • Como van desenvolverse as probas de acceso?
  • Dúbidas e preguntas.


COMO PARTICIPAR?
Confirma a túa asistencia enviandonos un correo electrónico segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apellidos e correo electrónico. O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.

Dirección escénica e dramaturxia
25 maio | 17:00 h
DANI SALGADO | danisalgado@edu.xunta.gal

Interpretación
26 maio | 17:00 h
NURIA  MONTERO | nmgullon@edu.xunta.gal

Escenografía
27 maio | 17:00 h
CARMEN ROMERO | romerorodriguez@edu.xunta.gal

+INFOwww.esadgalicia.com