PRÁCTICA 2. OSMOSE
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 18 de outubro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 19 de decembro de 2020, 9:00 PM
Imos observar os procesos osmóticos na epiderme das pétalas dunha flor coloreada. Para elo debemos coller pequenos fragmentos da epiderme utilizando un bisturí e unha pinzas, procurando non coller tecido subepidérmico para que a preparación só teña unha capa de células. Temos que poñer a epiderme sobre un portaobxectos e variar o medio en que está. Observaremos a microscopio en cada caso e analizaremos que ocorre.