Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2021/2022
Requisitos do completado
Abertas: martes, 25 de maio de 2021, 12:00 AM
Pendente: xoves, 17 de xuño de 2021, 12:00 AM
A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións de acceso aos Estudos superiores de Deseño para o próximo curso 2021/2022. Aquí tedes toda a información e para consultas non dubidedes en acudir ao Departamento de Orientación.
ESTES ESTUDOS IMPÁRTENSE NOS SEGUINTES CENTROS:
- Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos
- Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico
- Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico
- Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico
REQUISITOS DE ACCESO:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
IMPORTANTE: PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN):
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
- Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
- Título de licenciado ou graduado universitario.
- Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño (teñen acceso directo sin teren que realizaren a proba específica).
- Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de acceso (proba substitutiva dos requisitos de titulación).
IMPORTANTE: PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN):
-
O día 28 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
-
Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de maio (Anexo I)
-
Publicación da listaxe de persoas que superaron a proba: 30 de xuño nos taboleiros de cada centro e no portal http://www.edu.xunta.gal
-
A superación desta proba ten validez permanente en todo o Estado.
2º Superar unha proba específica de aptitudes:
- Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos, excepto para os que posúen un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño.
- De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes.
- A superación da proba solo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
- Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba acreditando documentalmente a súa condición de discapacidade (acreditación oficial). Resérvase un 10% das prazas en caso de discapacidade de 33% ou máis.
- Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
ACCESO DIRECTO:
INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
- Terán acceso directo, sin ter que realizar esta proba específica de aptitudes os que teñan un título de Técnico superior en artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas ofertadas.
- Deberán participar igualmente no proceso de admisión.
INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
- O prazo de inscrición vai do 19 de maio ó 17 de xuño de 2021 incluídos.
- Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
- 25 de maio de 2021, 11:48 AM