Xornadas de Portas Abertas Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
A ESADg organiza esta actividade para dar a coñecer a súa oferta educativa para o curso 2021/22. Unha oportunidade única para descubrir todo sobre estas opcións formativas e as súas saídas laborais, o funcionamento da escola, así como para resolver calquera dúbida en relación aos estudos e aos procesos de admisión e acceso. A matrícula ás probas libres de acceso ás ensinanzas está aberta ata o 17 de xuño.
COMO FUNCIONAN?
Cada departamento ofrece unha presentación, dunha hora de duración, a través da plataforma Webex Cisco Meeting (non é preciso ter a aplicación instalada).
Tamén poderás charlar con alumnado matriculado das distintas especialidades para dar resposta a diferentes cuestións:
- Por que realizar estudos de artes escénicas?
- Cal é a oferta educativa da ESADg?
- Que competencias se adquiren en dirección escénica e dramaturxia? E en escenografía e interpretación?
- Cal é a relación co ámbito profesional?
- Como van desenvolverse as probas de acceso?
- Dúbidas e preguntas.
COMO PARTICIPAR?
Confirma a túa asistencia enviandonos un correo electrónico segundo a túa especialidade de interese, co teu nome e apellidos e correo electrónico. O día da reunión, recibirás unha mensaxe dez minutos antes do seu comezo, cun enlace para poder acceder á videoconferencia.
Dirección escénica e dramaturxia
25 maio | 17:00 h
DANI SALGADO | danisalgado@edu.xunta.gal
Interpretación
26 maio | 17:00 h
NURIA MONTERO | nmgullon@edu.xunta.gal
Escenografía
27 maio | 17:00 h
CARMEN ROMERO | romerorodriguez@edu.xunta.gal
+INFO: www.esadgalicia.com