Aperçu des sections

  • 2º ESO

    • Na presente situación de aprendizaxe , pretendemos potenciar o coñecemento do noso corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos tradicionais , permitindo así o coñecemento dunha parte importante da nosa cultura.

      Na actualidade o influxo da televisión , os videoxogos é en gran medida o estilo de vida sedentario que levamos a cabo está provocando o seu desuso e que caian no olvido. Faremos unha búsqueda de xogos no noso entorno, reflexionaremos acerca da necesidade da súa práctica e rescataremolos para poñelos en práctica a través de diversas tarefas e atividades.

    • Lectura e reflexión do documento : xogo, tradición e cultura . Entrega na data sinalada en clase

    • Nesta unidade didáctica iniciarémonos nos deportes de raqueta a través do deporte alternativo do Paladós. Esta modalidade consiste no envío e devolución dunha pelota mediante unha das dúas palas que ten cada xogador/a por riba dunha rede que divide en dous a pista . Pero o máis importate é que o Paladós bríndanos a oportunidade de empregar materiais de reciclaxe para autoconstruir as nosas propias palas. 

      Ao longo da unidade melloraremos a coordinación das diferentes habilidades motrices básicas, e sentaremos as bases técnicas ,tacticas e regramentarias dos deportes de cancha dividida , baixo un enfoque de traballo cooperativo. 

    • Como actividade avaliable , e fundamental para a posta en práctica desta modalidade deportiva, temos que autoconstruir as nosas propias palas de Paladós con materais de reciclaxe. 

      No enlace que se vos adxunta podedes visualizar como construir as vosas palas: 

      Eu xa fixen as miñas !!

       

      Segue as instruccións detídamente , usa de forma segura os materiais e ferramentas de traballo e dalle o teu selo persoal as palas. Estou desexoso por velas!!

  • 3º ESO

    • Popularizado no continente americano, o spikeball, tamén chamado "roundnet" , é un deporte entre o voleibol e o catro cadrados , creado en 1989 polo caricaturista, diseñador industrial e fabricante de xoguetes Jeff Knurek. Esta sendo cada vez máis coñecido e tamén prácticado debido ao seu carácter dinámico e emocionante , podendo ser xogado ao aire libre no tempo de ocio. 

      Nesta unidade didáctica adentrarémonos no spikeball , coñecendo as súsa regras e os principios tácticos que caracterizan a súa lóxica interna ( como deporte de rede/muro ) . 

      A continuación deixovos un enlace no que podedes visualizar a súa dinámica e regramentación básica.

    • Nesta unidade didáctica en grupos de traballo cooperativos , perfeccionaremos a técnica do salto a comba individual e aprenderemos diversas habilidades específicas mediante retos. Adxúntovos os documentos de traballo que utilizaremos. Tamén incorpo os instrumentos de avaliación onde podedes recoñecer os criterios de avaliación e os indicadores e logro para a súa consecución. 

    • Envío de arquivo dixital evidenciando os retos acadados polo grupo no JUMP ROPE CHALLENGE . Enviar ao email borja_facal@hotmail.com. Para facer o envío podedes usar plataformas de envío como wetransfer, transferxl ou mesmo o drive de gmail. 

      A data límite é o Venres 3 de Febreiro. Ante calquer dúbida, estou a vosa disposición no departamento. 

    • DANCE REVOLUTION

      DANCE DANCE REVOLUTIONAntigamente coñecido como DancingStage para Europa e  Australia, é unha prolífica serie de vídeoxogos musicais producida pola compañía xaponesa Konami. Dance Dance Revolution é a serie pioneira do xénero de simuladores de ritmo/baile nos vídeoxogos. Os xogadores colócanse sobre unha “plataforma de baile” ,tamén chamada “pista” e presionan cos pés as frechas dispostas en forma de cruz sobre esta pista , seguindo o ritmo da música e o patrón visual que aparece na pantalla. De acordo coa sincronización que os xogadoresmostren co ritmo e o ben que sigan o patrón de frechasotorgarásellesunha puntuación que varía de acordo coa versión do xogo.

      De forma innovadora e seguindo a proposta feita polo profesor Vicenç Rodríguez ( @VicensRod en twitter ), trasladamos ao ximnasio esta máquina recreativa. Guiados por un cadrado de 4 cores, debemos interpretar a linguaxe rítmica e musical das fichas que se vos facilitan en diferentes níveis de complexidade.

      Para superar e aprender os diferentes patróns rítmicos, utilizaremos técnicas de aprendizaxe cooperativa. Como produto final, debemos crear as nosas propias coreografías en tríos !!

      Expectante quedo a espera das vosas produccións!! 

    • Pase a dúas mans ( peito e picado )

      Pase alto por riba da cabeza

      Entrada a canasta 

      https://www.youtube.com/watch?v=FYNyNLYJm38&t=49s

      Posición triple amenaza

      Tiro

      Tiro en suspensión

      Bote

      Diferentes tipos de bote

  • 4º ESO

    • Debedes facer a entrega da rutina de forza - resistencia enviándome o enlace da mesma . Para obter este enlace , na aplicación tedes que clicar na pestana  Símbolo de compartir - Iconos gratis de flechas . Copiades o enlace e enviadesmo nun correo a borja_facal@hotmail.com antes da clase na que levedes a práctica o voso circuito de forza - resistencia. O asunto do e-mail debe conter : nome_apelidos_ curso_circuito forza - resistencia.

    • No cartafol dispoñedes de dous arquivos, onde un simplifica as regras do Spikeball e o outro é un regramento oficial da Spikeball Roudnet Association

    • Nesta unidade didáctica coñeceremos o Acrosport , definido como un deporte acrobático e coreográfico de gran compoñente cooperativo. Crearemos pirámides e figuras humáns , desenvolvendo habilidades ximnásticas e acrobáticas, e culminando a unidade cunha coreografía onde amosaremos  elementos expresivos e coreográficos. Durante a unidade coñeceremos os diferentes roles existentes , as medidas de seguridade necesarias para a súa posta en práctica , así como os elementos técnicos básicos que debemos dominar . 

      Sen dúbida solicitaremos  as nosas capacidades condicionais , forza ,resistencia e flexibilidade baixo actitudes de cooperación e participación con respeto e aceptación mútua cos compañeiros. 

    • Como parte da asimilación dos contidos teóricos-prácticos desta unidade , na clase debedes construir de forma cooperativa cos vosos/as compañeiros/as, as figuras que se vos presentan no documento e que traballamos na clase. No documento hai que inserir as fotos como evidencias da construcción e execución técnica das figuras de forma correcta( linealidade, tensión, medidas de seguridade.. ) . Serán dúas fotos por cada figura ( plano frontal e plano lateral ). A data límite de entrega desta tarefa será o vindeiro Martes 24 de Xaneiro. Enviar ao correo borja_facal@hotmail.com 

    • Como actividade culminativa de aprendizaxe debemos crear unha coreografía . Adxúntovos os documentos vistos na clase e que nos guiarán na creación da mesma. Tamén incorporo a rúbrica de avaliación para que teñades en conta os criterios a avaliar e os seus diversos indicadores de logro.
    • U.D 6 _ COMBA DANCE

      Facéndonos eco do método de adestramento creado polo ex porteiro de F.C Barcelona Pinto , presentamos a unidade Comba Dance. 

      Nesta unidade didáctica sincronizaremos duas accións motrices como son saltar e bailar. Dándolle continuidade de novo os contidos relativos a confección de coreografías e a través da aprendizaxe basada en retos, aprenderemos as diferentes habilidades con comba e como introducilas e coordinalas con ritmo nunha canción. Desenvolveremos actitudes de autosuperación , esforzo e como non a creatividade, pois daremos significativade coa producción de propias coreografías. 

      Salto, baila e divírtete!! 

    • O Smashball é un deporte de cancha dividida de recente creación pola Federación Holandesa de voleibol. Esta adaptación do voleibol pretende flexibilizar as regras e o dinamismo da actividade mediante a introducción da acción do remate como elemento motriz clave do xogo.

      A organización da súa ensinanza en torno a este elemento do xogo (smash/remate), amáis das características reglamentarias,  busca xerar unha práctica deportiva máis inclusiva, participativa e accesible para todos. 

  • 1º BACH

    •  A zona de actividade física saudable indícanos os límites de intensidade do exercício saudable.Supón a marxe de pulsacións nas que debemos atoparnos para proporcionar beneficios a nivel cardiovascular.

    • Neste cartafol tedes os documentos cos valores de referencia das probas da batería Dafis. Tamén unha folla orientativa para establecer as vosas conclusións na valoración da condición física facendo referencia a cada proba e a súa vinculación coa saúde. 

    • Neste cartafol están os ficheiros que necesitades para as diversas tarefas do proxecto. Incorporo unha folla de control coa que avalío os traballos realizados. O día do exame teórico ( da unidade 2 : Condición Física e Saúde ) , faremos tamén unha autoavaliación da vosa participación e posta en práctica no Magosto. 

    • Debedes cumprimentar no arquivo de powerpoint que se vos adxunta no cartafol da unidade , os xogos que acadáchedes na vosa búsqueda e enviarmos ao correo borja_facal@hotmail.com . Se polo peso ( tamaño ) do arquivo, vos da erro, ou para maior comodidade presentádemo nun disco extraíble no departamento de Educación Física antes da data sinalada. Recordade incorporar os audios para enriquecer a tarefa e darlle calidade.

    • Nesta situación de aprendizaxe daremos continuidade aos contidos vistos na 1ª Avaliación , a través de reflexionar na necesidade desenvolver un estilo de vida activo e saudable. Como actividade principal debemos planificar e levar a práctica un plan persoal dirixido a mellora e mantemento da nosa saúde. No eixe da actividade principal anterior , levaremos a cabo tamén diversas tarefas en relación cos contidos a tratar e que formarán parte da avaliación da unidade. 

    • Nesta tarefa de retos de condición física, distribuídos en grupos de 4 , debedes realizar os retos que aparecen na ficha. Estos teñen que facerse individualmente e serán evidenciados nun arquivo de vídeo por cada grupo.  

      Con estos retos traballaremos a mellora dos aspectos cuantitativos e cualitativos do movemento, favorecendo o desenvolvemento de disciplina, superación persoal , responsabilidade invidual baixo un contexto lúdico.

      Debedes enviar o arquivo de vídeo ao correo  borja_facal@hotmail.com . Tede en conta que polo peso (MB)do arquivo teredes que facer uso dunha plataforma de envío de arquivos de gran tamaño ( transferxl,wetransfer.. ). A data de recollida dos arquivos de vídeo remata o Martes 20/12 as 12:00. 

    • Como tarefa avaliable desta unidade didáctica Invictos ll , temos que autoconstruir un "Penalty Box".

      Para que sirve o Penalty Box ? Clickea no enlace

      É un material de acondicionamento físico que nos permitirá a través da súa utilización, a mellora autónoma de capacidades como a forza, resistencia, velocidade , axilidade , etc. Debido a súa funcionalidade e adaptabilidade permite unha gran variedade de exercícios para poñelos en práctica en función dos obxectivos a perseguir.

      Está formado básicamente por catro cadrados en forma de L , o cal permite no seu plegado un fácil e cómodo transporte para os días nos que os usemos na clase de Educación Física e para o uso no fogar ou en espazos ao aire libre. 

      No seguinte enlace tedes un recurso para guiarvos na autoconstrucción do voso Penalty Box , e recordade , debe ser con materiais de reciclaxe!! 

    • Nesta unidade didáctica levaremos a práctica o Ultimate. Deporte de colaboración-oposición con gran potencial pedagóxico ao ter que ser autoarbitrado e demandar "espírito de xogo". Faremolo a través dun enfoque táctico , onde a través dos principios e comportamentos técnico-tácticos iremos asimilando a lóxica interna deste deporte e os seus aspectos regulamentarios. Remataremos a unidade cun torneo culminativo de aprendizaxe. 

    • O Circo chega o IES Fontexería!!

      O proxecto Circusxería busca poñer significatividade ao traballo feito nos anteriores cursos ao Bacharaleto. Deste xeito, as diferentes actividades circenses tratadas ; habilidades de comba individual , comba larga e dobre , os malabares, o acrosport ..  e o dominio das artes escénicas terán o cumio neste proxecto artístico-corporal.

      O proxecto conta con tres fases ;

      1. Nunha primeira fase as diferentes atividades circenses serán solicitadas e aprendidas en parellas,tríos,cuartetos..  mediante a aprendizaxe basada en retos e a aprendizaxe cooperativa.

      2. A seguinte fase xá en grupos de 6-8 , buscará poñer en común os contidos aprendidos, con habilidades en grupo e coa integración de elementos de maior complexidade e especificade, aparecendo aquí os roles de especialistas . Como producción motriz grupal deberá confeccionarse un espectáculo circense.

      3. Nesta última fase deberá ponerse en escena o espectáculo de cada grupo.

    • Para continuar na progresión do espectáculo circense neste caso introducirémonos nos malabares. Farémolo con dúas das súas disciplinas ; as pelotas e as caixas chinas.

      Para poder levar a cabo este proceso de ensinanza debemos confeccionar tanto as pelotas como as caixas  e estas deberán estar feitas para o Martes 18 de Abril. A continuación deixovos uns tutoriais que nos guiarán na súa confección. 

      Pelotas de malabares : 

      Caixas chinas malabares ( titorial de confección e exercícios de familiarización ) : 

  • Section 5

  • Section 6

  • Section 7

  • Section 8

  • Section 9

  • Section 10