Esquema de temas

  • Setembro 21

     Iniciamos un novo curso e dende o EDLG do IES Plurilingüe Fontexería retomamos o deseño epublicación do calendario mensual. Desta volta vai estar ilustrado con imaxes actuais da contorna tomadas polo alumnado. As imaxes levarán un pequeno texto literario evocado pola fotografía.

    Setembro aparece con imaxes do Centro sen alumnado, metáfora do que está por vir. Bo curso a todxs!

  • #otaboleiro outubro

  • Outubro

    O EDLG do Centro dálle unha volta ao calendario, e nesta nova etapa contamos coa colaboración do alumnado para ilustraren os meses con imaxes  actuais da contorna.

    Para o mes de outubro a imaxe foi tomada por Claudia Fernández Barreiros, de 2 CM e vai acompañada duns versos da escritora Chelo Suárez.

  • II Concurso Magostoxería

     

    Por segundo ano o EDLG do Centro convoca o Concurso de vídeo-creación Magostoxería. A temática das creacións xirará como é de seu, ao redor do mundo das castañas e do magosto. Os videos non poden superar os 3 minutos de duración, serán presentados de xeito individual e enviados con título, nome d@ artista e grupo, ao enderezo edlgfontexeria@gmail.com. O prazo remata o 10 de novembro ás 14h. Para máis info, consultade as bases.

  • Concurso Decoración de Cabazas

     

    O Departamento de Galego convoca un concurso de decoración de cabazas para o alumnado de 1 ESO. As bases están na imaxe que acompaña. Animádevos a participar e amosade no IES o lado artístico do novo alumnado do Centro!

  • Novembro

  • Elaboración de Cabazas

    Nesta ligazón aparece un resumo en imaxes do proceso de creación das cabazas do alumnado de 1 ESO

  • Nanocontos de Terror

     

    O Equipo da Biblioteca ten aberto un Concurso de Nanocontos de Terror. As historias de non máis de 100 palabras poden estar redactadas en calquera das Linguas impartidas no Centro. A data límite para participar é o venres 29 de outubro.

  • Entrega de Premios Cabazas e Nanocontos de Terror

    O xoves día 4 durante o segundo recreo, a #Biblioteca acolleu a entrega de premios dos dous concursos convocados no Centro entorno ao Samaín. O alumnado de Lingua Galega de 1 ESO participou na Decoración de Cabazas. Concedéronse tres premios:

    Cabaza máis orixinal

    Cabaza máis terrorífica 

    Cabaza máis divertida

    Por outro lado, o Equipo da Biblioteca, coa colaboración dos Departamentos de Linguas, retomou o Concurso de Nanocontos, desta volta coa temática do Terror. Tratábase de escribir un relato de non máis de cen palabras en calquera das linguas impartidas no Centro. Logo de dar a coñecer os nomes dxs gañadorzs e finalistas, o alumnado premiado procedeu á lectura dos nanocontos. Dende aquí queremos agradecer a participación, e tamén aproveitamos para animar a toda a comunidade educativa do Centro a  colaborar nas actividades propostas.

    Este video dá conta do acontecido na #Biblioteca: 

  • O Taboleiro Novembro

    Versión dixital do Taboleiro do mes de novembro, no que aparecen as novidades destacadas polo EDLG do Centro

    https://padlet.com/archivemuros/hpk2b5lx53d8fyf7

  • Magosto 21

    Este venres 19 de novembro retomamos con moito ánimo as actividades grupais. E a celebración do Magosto foi boa oportunidade. Eliminados certos xogos tradicionais por protocolo, o alumnado do Centro (e por qué non dicilo, o profesorado tamén) disfrutou dunha mañá de xogos que reompeu a monotonía destes meses. Logo da actuación das "nosas" pandeireiteiras, e antes de comer as castañas, o alumnado recibiu os premios por niveis, así coma os agasallos do II Certame de vídeo-creación Magostoxería. Este vídeo recolle imaxes da xornada.

  • Videos II Concurso de Vídeo-creación Magostoxería

    Tres traballos presentados ao II Certame de Vídeo-Creación Magostoxería, organizado polo EDLG do IES Plurilingüe Fontexería. O video "Como facer un zoncho" presentado por Lara Iglesias Caamaño foi o vencedor

    https://studio.youtube.com/video/LRr7qv7Y6Yc/edit

  • 25N no Fontexería

    •     Como cada ano, o IES Plurilingüe Fontexería únese ás actividades da xornada do 25N.   Desta volta o alumnado de 1 ESO realizou uns lazos que simbolizan ás mulleres mortas por violencia de xénero. Eses lazos quedaron pendurados nunha árbore realizada no Departamento de Debuxo. E como acto central, as alumnas de 2 Bac Sofía Fernández Abeijón, Claudia Ovies Lariño e Mariña Siaba Rama leron o manifesto que escribiron para a ocasión, baixo a coordinación da profesora Ángela Guillán Armendáriz.
    • Premendo na ligazón veredes as imaxes

    https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/node/2650

  • Decembro

     A imaxe deste mes está feita por Lucía Fdez. de 2CM, e vai acompañada dun fragmento de "O Poema", de       María Lado

  • Xaneiro

    A imaxe de Claudia Fdez. Barreiros, acompañada dun texto de Uxío Novoneyra abre este ano 22

  • Febreiro

  • MARZO

  • ABRIL

  • MAIO

    • O mércores 11 foi un gran día no noso Centro. A Asociación Ponte...nas Ondas escolleu ó IES Plurilingüe Fontexería para presentar "mundialmente", tal e coma dixeron no Acto, a súa obra dixital "Memoria e Patrimonio".

      Dende o EDLG queremos agracecer a Santi Veloso e Xerardo Feixóo, de PNO que pensaran en nós para esta presentación, a Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüistica da Xunta por nos acompañar tamén, a Guillermo Sestayo e Naira Fernández pola magnífica presentación que fixeron, ás pandereteiras de  Persemique Marina Caamaño, Sara Figueiras, María García, Ana Molinos e María Pais pola maravillosa actuación, así coma á Dirección do Centro, Mª José Lago á cabeza, por facilitar a organización do Acto.

      Deixamos aquí a ligazón  da publicación feita po PNO, que resume perfectamente a presentación.

      http://pontenasondas.org/ponte-nas-ondas-presenta-o-proxecto-dixital-memoria-e-patrimonio/

      E esta é a ligazón para un video que recolle os mellores momentos, así coma parte da actuacióndas pandereteiras de Persemique

    • no Fontexería montamos a exposición das Letras Galegas adicadas desta volta a Florencio Delgado Gurriarán. 

      O alumnado de diferentes grupos traballou a Unidade Didáctica adaptada pola profesora Xacinta Varela, e todos recibiron, do EDLG,  un marcapáxinas conmemorativo. Estas actividades aparecen premendo na seguinte ligazón...

  • XUÑO

    • Un fragmento de  "O último barco" de Domingo Villar acompaña á imaxe deste derradeiro mes do curso. Dende aquí a pequena homenaxe ao autor recentemente desaparecido.

    • O mércores 8 de xuño no Salón de Actos do IES Plurilingüe Fontexería- Muros, tivo lugar a presentación do libro do profesor Alfonso Blanco "A vida na Grecia clásica" As mestras de cerimonia foron as alumnas de 4º da ESO Laura Caamaño e Sara Figueiras.

      Nesta ligazón podedes ver imaxes do acto