Diagrama de temas

  • PRESENTACIÓN DA UNIDADE

    Material para iniciar a unidade didáctica, co que se pretende motivar ao alumnado presentándolle diversos videos que os predispoñan positivamente de cara a este tema, que, en principio, non é moi ben aceptado polo noso alumnado, en especial polo sector masculino. Pero nós, imos intentar con este traballo que isto cambie, aínda que sexa só un pouquiño.

    • A historia de dous teimudos perdidos que se empeñaron en que todo o planeta bailase muiñeira. “Imos facer que todo o planeta baile muiñeira!” “Todo galego debería de saber polo menos 5 pasos de muiñeira”.

      Este anuncio, de hai só tres anos, penso que traslada moi ben o arraigo da nosa cultura, o noso patrimonio inmaterial, que son tamén a música e o baile tradicional.

    • A coreo que logrou o ouro na Dance World Cup Spain.

      Espectacular coreografía de 50 bailarins da escola viguesa Media Punta, que logrou o primeiro posto no campeonato de España, hai 2 anos.

      Amosa a actualidade da nosa música, non é só un baile de vellos.

    • En su tierra, la Cantante y Multi-instrumentista gallega es, incomprensiblemente, una Artista de minorías, mientras que en Europa Mercedes Peón es protagonista de portadas de revistas de gran prestigio y es muy valorada internacionalmente, habiendo conseguido numerosos Premios de gran prestigio internacional. Los críticos extranjeros hablan de Mercedes Peón como una de las Artistas más auténticamente originales de la escena musical española. En sus actuaciones en el escenario, la Cantante, Gaitera, y Percusionista Mercedes Peón muestra la coherencia y la sinceridad que la caracterizan; con hondas raíces en la “Música Tradicional Gallega”, pero en un contexto moderno, esta gran Artista trabaja con “Loops” y “Samplers” de una forma muy natural. La gran Artista coruñesa ha creado una música “personal”, como ella la define, donde fusiona a la perfección la Tradición con la Vanguardia (una de las claves de su gran éxito), creando una música que podríamos definir como el nuevo Folk del siglo XXI y que le ha valido el reconocimiento internacional.

    • Unha versión divertida, fai deporte a ritmo de muiñeira.

    • As opcións son enormes. 

  • IMOS A PRACTICAR

    Espero que o anterior servira para eliminar os teus prexuizos, se é que os tiñas (que ao mellor non é o caso). Así que agora é o momento de probar.

    • Video de iniciación, con pasos básicos: adiante-atrás-xuntos, valseado (ou 33), picado por diante, picado por detrás, e algunha variante. Practicarémolos en clase.

    • Repaso dos movementos básicos e creación de puntos.

    • Punto + volta + punto + volta. Explicación e execución de puntos novos

    • Repaso puntos. Puntos novos. Secuencias punto + volta

    • Paseos ou descansos. Paseo + punto + paseo + punto+ paseo..

  • MONTAMOS UNHA MUIÑEIRA

    Imos intentar bailar unha muiñeira completa, moi sinxela. Vouvos poñer os videos, e practicarémola en clase, ata que nos vaia saindo.

  • PARA SABER MÁIS....ALGO DE TEORÍA

    Déixovos a continuación algúns materiais para aprender e comprender, todo o que estamos facendo na práctica.

    • Recurso dun compañeiro da especialidade de música, para 2º de eso, e que vai perfecto para os obxectivos que nos plantexamos na unidade.

  • RÚBRICA DE AVALIACIÓN BAILE TRADICIONAL

    Con esta rúbrica avaliaremos o produto final. Hai que ter en conta tamén a avaliación do proceso, que é o teu traballo diario en cada sesión de baile: interese, motivación, desinhibición, ...

    Espero que desfrutes da actividade.

  • Tema 6

  • Tema 7

  • Tema 8

  • Tema 9

  • Tema 10