Esquema de temas

  • PRESENTACIÓN DA UNIDADE

    Material para iniciar a unidade didáctica, co que se pretende motivar ao alumnado presentándolle diversos videos que os predispoñan positivamente de cara a este tema, que, en principio, non é moi ben aceptado polo noso alumnado, en especial polo sector masculino. Pero nós, imos intentar con este traballo que isto cambie, aínda que sexa só un pouquiño.

  • IMOS A PRACTICAR

    Espero que o anterior servira para eliminar os teus prexuizos, se é que os tiñas (que ao mellor non é o caso). Así que agora é o momento de probar.

  • MONTAMOS UNHA MUIÑEIRA

    Imos intentar bailar unha muiñeira completa, moi sinxela. Vouvos poñer os videos, e practicarémola en clase, ata que nos vaia saindo.

  • PARA SABER MÁIS....ALGO DE TEORÍA

    Déixovos a continuación algúns materiais para aprender e comprender, todo o que estamos facendo na práctica.

  • RÚBRICA DE AVALIACIÓN BAILE TRADICIONAL

    Con esta rúbrica avaliaremos o produto final. Hai que ter en conta tamén a avaliación do proceso, que é o teu traballo diario en cada sesión de baile: interese, motivación, desinhibición, ...

    Espero que desfrutes da actividade.

  • Tema 6

    • Tema 7

      • Tema 8

        • Tema 9

          • Tema 10