Topic outline
-
Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
Esta sería un modelo posible (e non obrigatorio) para o desenvolvemento da actividade.
-
Será preciso partir dunha análise das necesidades formativas do profesorado participante e determinar en que aspectos centrar a formación, dentro dos principais establecidos para esta formación:
- Videoconferencias con Webex: aspectos técnicos e pautas de uso.
- Manexo da aula virtual (Moodle): actividades e/ou recursos básicos que poden empregar, foros e outras ferramentas de comunicación, creación e corrección de tarefas, forma de presentar os contidos teóricos...
E outros temas posibles, en caso de considerarse necesario:
- Agueiro (no caso en que no centro o prefira e se conte con esta opción)
- Espazo Abalar / Abalar Móbil
- Busca e aproveitamento de contidos
- Creación de contidos
Esta análise poderase facer a través de enquisas ou cuestionarios, posta en común nun foro, ou a través dunha sesión de videoconferencia.
- No que ten que ver coa busca e aproveitamento de contidos presentarase o repositorio de contidos do Espazo Abalar: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazos/recursos
- Indicar a disponibilidade na plataforma Platega da sección "Formación aberta" que inclúe cursos de diferentes temáticas para facilitar a creación de contidos, a xestión de espazos e outras.
- Información xeral sobre Platega e instrucións para o acceso: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9900
- Formación aberta Platega: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/index.php?categoryid=98
-
Esta plataforma de videconferencia permite aos/ás docentes interactuar en tempo real co seu alumnado a través de son e imaxe, compartindo contidos, facendo cuestionarios e exercicos en tempo real e de xeito colaborativo, etc. Para unha información máis detallada pode acceder a Servizo de videoconferencia EDUXUNTA WEBEX.
-
Neste bloque traballarase na creación e manexo de cursos na aula virtual con Moodle.
No apartado Información recolleranse os recursos informativos máis axeitados para as necesidades formativas do profesorado participante. Estes poderanse extraer do bloque RECURSOS ou doutras fontes que a persoa relatora considere.
No apartado Traballar e avaliar poderase facer a proposta de tarefas ou prácticas concretas a desenvolver, a ser posible, a través do traballo en cursos propios ou cursos de prácticas. No módulo extra proporciónase un banco de prácticas posibles a desenvolver, que poden ser seleccionadas e incorporadas a este módulo.
-
Características principais
Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas.
Conéctate cos participantes do curso
Podes acceder ao perfil de cada participante e contactar con eles pulsando sobre os seus datos de contacto.Accede fácilmente ao contido do curso
Visualiza as actividades do curso e descarga os materiais que queiras usar off-lineCualificacións e cualificar
Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos. -
-
-
-
-
-
-
-
-