Esquema de temas
-
Nesta primeira Unidade Didáctica achegámonos ó concepto de Cultura Clásica. Partindo dos significados separados de "cultura" e de "clásica", chegaremos a unha definición que nos permita asimilar correctamente o resto dos contidos do curso.
-
A segunda Unidade Didáctica detense na xeografía e historia da Grecia antiga, que non veremos con moito detalle, mais si o suficiente para asimilar o marco territorial e cronolóxico no que se desenvolveu a civilización helénica.
-
Na terceira Unidade Didáctica abordamos na xeografía e historia da Roma antiga, cun plan moi semellante ó que seguimos na Unidade anterior ó tratarmos da civilización grega.
-
Nesta cuarta Unidade Didáctica describimos algúns dos sistemas políticos que funcionaron durante o tempo de vigor da civilización grega. Tamén prestamos atención á estrutura social nas poleis gregas, así como á organización do núcleo familiar.
-
Nesta Unidade Didáctica traballaremos sobre os tres sistemas políticos que chegaron a estar vixentes en Roma e o seu Imperio. Tamén prestamos atención á estrutura social do mundo romano e a súa evolución, e tamén á organización do núcleo familiar.
-
Na Unidade Didáctica 6 veremos como era a vida diaria en Grecia e Roma. Para iso, realizaremos a lectura de varios capítulos destes libros sobre o tema:
-
A Unidade Didáctica 7 detense no proceso de romanización de Hispania, incluíndo Gallaecia. Ademais de coñecer os restos arqueolóxicos máis importantes que a civilización romana deixou na Península Ibérica, veremos outros ámbitos nos que a pegada de Roma aínda se sente: os nomes de lugar e os nomes de persoa.
-
Esta Unidade Didáctica aborda o amplísimo campo da relixión e a mitoloxía de Grecia e de Roma. Presentaremos as principais divindades e relatos míticos grecorromanos, e tamén nos deteremos no xeito como os gregos e os romanos se relacionaban cos deuses nos que crían mediante rituais.
-
A Unidade Didáctica 9 toca dous temas lingüísticos: as diversas familias de idiomas (con especial atención á indoeuropea e á romance), e a orixe dos alfabetos grego e latino.
-
A Unidade Didáctica 10 dedícase a poñer de relevo a relación entre as nosas linguas e os idiomas clásicos: observaremos algúns mecanismos de formación de palabras, saberemos o que é a etimoloxía, e tamén atenderemos a como cambiou a forma das palabras latinas para dar como resultado as das linguas romances.
-
Despois dun tema lingüístico, a Unidade 11 analiza algunhas das achegas dos gregos e romanos á literatura universal, da que son base ineludible. Deterémonos só en tres xéneros literarios: a poesía épica, a poesía lírica e o teatro.
-
Na derradeira Unidade Didáctica do curso faremos unha panorámica sobre dúas das achegas máis importantes das civilizacións clásicas: a arte grega e a enxeñería romana.