Esquema de temas

  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA

    Fichas e actividades para realizar dende casa un adestramento e familiarización cos mapas específicos de orientación e a dinámica das carreiras de orientación, na que tiñamos previsto participar o vindeiro 26 de marzo, e que por suposto, será adiada para cando regresemos a unha situación normal.

    En primeiro lugar, van unha serie de fichas que están tamén na carpeta de 3º de ESO. Non está de máis que empecedes por estas.

  • CONDICIÓN FÍSICA: FORZA

    Vouvos poñer aquí as rutinas GAP que xa fixemos na clase, que utilizan os métodos de AUTOCARGA e SOBRECARGA CON ELEMENTOS SINXELOS. Como non tod@s dispoñemos na cas destes elementos, queda á vosa imaxinación e recursos, a utilización doutros materiais!!!

    • Rutina que practicamos na clase, que colgamos na parede do ximnasio.

      Propóñovos que fagades a análise antómica de cada exercicio, indicando o grupo muscular de acción principal, para cada un dos exercicios.

      Inclúo tamén unha rutina para realizar en escaleiras ou un caixón calquera, ou pintando cun xiz no chan.

    • Serie de exericios de AUTOCARGAS E PLIOMETRÍA (saltos), para poder realizar a diario, traballamos a nosa forza resistencia e MANTÉMONOS ACTIV@S!!!!! Moi importante!

  • AEROBIC/STEP

    Podedes repasar os pasos básicos das coreografías, tanto de aerobic como de step, aprendida na clase, no seguinte vídeo

  • Semana 23/03-27/03

    O video non o puden poñer na AV, así que pasareivolo por wsap, que creo que pesa menos.

    • Práctica da clase de aerobic/step, utilizando os videos grabados pola profesora. Pdedes facer un quecemento e unha volta á calma que vos enlazo nunha URL.

      Tedes enlaces á fase de quecemento e volta á calma na pestana anterior AEROBIC/STEP.

    • Contestar as fichas de orientación entregadas a semana pasada, se non o fixestes aínda.

      Realizar o xogo de orientación virtual: Coñeces o teu pobo? Enviade as respostas por correo-e. Poidédelo facer nunha folla, sacar unha foto e envialo ao meu correo.

    • Xogo de orientación virtual.

      ATENCIÓN!!!!   que ESTE XOGO TÉÑENO TAMÉN @S DE 3º.  @s primeiros que respondan, vía correo-e ou wsa, recibirán un estupendo MINIPUNTO!!!!!!!1

  • CALENDARIO MARZO

    MANTENTE ACTIV@

    • Calendario interactivo, clicando en cada día, enlaza directamente cunha clase. Recurso para compartir con familia, amig@s,...

  • Semana 30 de marzo ao 3 de abril

    Feitas xa as fichas de orientación, e en espera de que ao voltar á normalidade podamos facer unha proba práctica real, imos voltar á unidade didáctica de AEROBIC/STEP, que sí é factible de realizar nas vosas casas.

    • Enlázovos aquí unhas instrucións para a realización dunha tarefa moi completa para rematar o tema de AEROBIC. Insisto, esta tarefa avaliarase NON nesta 2º avaliación.

    • ESTE É UN ENLACE CUNHA COREO DE NIVEL UN POUCO MÁIS AVANZADO QUE O QUE DEMOS NA CLASE, NON IMOS ESTAR DANDO SEMPRE O MESMO. É UN RETO.

  • RESPOSTAS ÁS FICHAS ORI 4º ESO

    Tedes no ficheiro a continuación as respostas correctas ás FICHAS ORIENTACIÓN 4º ESO.

  • VOLTAMOS DAS VACACIÓNS

    Ola a tod@s! Rematou o periodo vacacional e aquí estamos, de novo virtualmente. Pero ánimo, que xa queda un día menos.

    Polo momento, e á espera de recibir outras instrucións, imos continuar afondando nos contidos xa vistos, aínda que a nós en concreto, non nos virá tan mal, porque con actividades como aerobic, step, tonificación ou traballo de condición física xeral, temos para un ano ou máis!!!! Estes contidos tamén nos permiten manter un grao de actividade física, coas condicións actuais (confinamento, distancia social,..). Vou intentar seguir propoñendo a realización de actividade física nesa liña. Espero que me vaian saindo ademáis cousas divertidas.

    Hai tarefas anteriores ás vacacións aínda sen rematar, @s que non as fixestedes, empezade por aí. Eu seguirei prpoñendo novas actividades semanalmente, así que ánimo. Xa sabedes que vos podedes poñer en contacto conmigo vía mail ou wsap, tamén aquí na propia Aula virtual. Procurade identificarvos ao entrar nesta última, xa que así podo ir facendo rexistro das vosas visitas e, por tanto, o voso seguimento da materia.

    Unha última cuestión, como moitas das entregas serán documentos gráficos, sobre todo os videos, que pesan moito, intentade subilos ao voso Goolge drive, copiades o enlace e enviádesmo ao meu correo, así NON teño que descargalo, que se me peta o DRIVE....

    Vaia rollo que vos colguei. Máis nada, aquí me tedes para calquera consulta, dúbida, etc. Empezamooooooos!!!!!!!

  • Semana do 14 ao 17 de abril

    Para o traballo desta semana propóñovos unha actividade que podedes facer en forma de xogo (se tedes algún pequeno na casa, podedes pasar un pouco de tempo con el/ela, que están aburrid@s) ou podedes facelo en forma de circuito. Iso en canto á tarefa práctica. A tarefa escrita consiste en completar as táboas que vos adxunto nun arquivo e completar a musculatura traballad neses mesmos exercicios. Fácil, ou non?

  • MATERIAL COMPLEMENTARIO CONDICIÓN FÍSICA

    Vouvos adxuntar a continuación os apuntes e fichas entregados a principio de curso sobre CONDICIÓN FÍSICA. 

  • INFORMACIÓN IMPORTANTE

    Adico esta entrada para pedirvos, por favor, que entredes na Aula virtual rexistrándovos, porque se non, non teño maneira de facer un seguimento do alumnado que está a seguir a aprendizaxe.

  • Semana do 20 ao 24 de abril

    Continuamos esta semana, repasando o tema de FORZA, faltan moitas tarefas por entregar, así que déixovos esta semana para ir completándoas.

    A maiores, déixovos algún enlace a actividades para facer en casa, seguindo uns videos. Tarefa: gravar ou sacar fotos dalgunha delas.

    • Vouvos deixar uns enlaces para que vaiades mirando sobre como realizar correctamente algun dos tests físicos que son para repetir no 3º trimestre, e que xa fixemos no 1º.

      Imos ver algún novo, un deles vai ser o TEST DE RUFFIER. deste último tedes que facer unha tarefa para a semana. Logo vola explico

      RECORDADE QUE AÍNDA ESTÁ PENDENTE O TEST DE CORE

    • Unha animación en 3d, onde explican moi ben a implicación dos diferentes grupos musculares na realización dos exercicios.

    • Do mesmo tipo que o anterior, para as flexións de brazos.

    • O mesmo que os anteriores enlaces, para as sentadillas.

    • A tarefa que tedes que facer é buscar información deste test, que capacidade física mide, como se executa, como se mide, valores para alumn@s de 4º de ESO dun IES. Esto facédelo a través da Aula virtual.

      Gravar a vosa execución, un pequeno video, e enviarmo ao correo electrónico. Tedes unha semana.

  • AVISO IMPORTANTE

    VIDEOCONFERENCIAS CON MARTA

    A partir de mañá xoves 30 de abril, incluido, os xoves en horario de 12:00 a 12:30, terei aberta a miña sala personal en Webex, para que tod@s aqueles que queirades conectarvos para solucionar algunha dúbida, corrección de tarefas, etc. teñades un horario concreto. 

    Non vos teño que invitar á reunión. O nº da miña sala personal é: 233 294 680

  • Mércores 29 de abril

    Hoxe é o último día do mes de abril, o venres 1 de maio é festivo, así que nesta semana temos só unha sesión. a tarefa vai consistir en realizar os tests de resistencia xa propostos en semanas anteriores: test de core e test de ruffier. A partir da próxima semana xa podemos sair, de xeito individual a practicar deporte, polo que vos pedirei, (xa vos vou adiantando), o uso dunha aplicación móbil de correr/andar, para compartir conmigo e que eu poda ver as melloras en resistencia (faremos o test do kilómetro)

    • Se non os fixéstedes aínda, vamos, este é o momento.

      Buscar información do test do km (que mide, protocolo de execución, baremos para o alumnado de 4º de ESO dun IES.

    • Aínda que foi onte, como vedes. dende hai dez anos vense celebrando, pero como sempre ando liada, non lle adiquei tempo. Hoxe sí, por iso esta tarefa ten que contribuir coa vosa axuda a visivilizar esta educación física de hoxe en día, tan distinta á que se practicaba hai 30 anos. 

      A tarefa consiste en que vos gravedes (videos de non máis de 1 minuto) ou saquedes fotos vosas, realizando algunha actividade de Educación Física que teñamos practicado nas clases, en calquera dos cursos. A idea é facer unha composición (eu) para compartir. Tedes que ter entregado a principio de curso, coa matrícula, o permiso do uso da imaxe.

      Animádevos a participar. Ensinemos o que facemos nas clases.

    • Pois imos de celebracións. Hoxe celébrase en todo o mundo, o Día Internacional da Danza. engádovos a continuación uns videos para que desfrutedes desta marabillosa arte. e anímovos tamén na seguinte tarfa a participar. Veña, que xa que o venres non hai clase.

    • El Día Internacional de la Danza se celebra el 29 de abril desde que fue establecido en 1982 por el Comité Internacional de la Danza del Instituto Internacional del Teatro (ITI) de la UNESCO. La fecha conmemora el nacimiento (en 1727) de Jean-Georges Noverre, bailarín y maestro considerado el creador del ballet moderno y cada año el ITI encarga a una personalidad conocida del mundo de la danza la redacción de un mensaje.

      El Mensaje del Día Internacional de la Danza 2020 le ha sido encargado este año a Gregory Vuyani MAQOMA, bailarín, coreógrafo, docente y actor sudafricano.

      "Fue durante una entrevista que tuve recientemente cuando reflexioné profundamente sobre la danza. ¿Qué significa para mí? En mi respuesta tuve que analizar mi viaje y me di cuenta de que todo se trata de un reto; que cada día presenta un nuevo desafío que hay que enfrentar, y es a través de la danza cómo trato de dar sentido al mundo.

      Estamos atravesando tragedias inimaginables en un tiempo que mejor podría describir como la era posthumana. Más que nunca necesitamos bailar para recordar al mundo que la solidaridad todavía existe. Nuestra danza debe más que nunca dar una fuerte señal a los líderes mundiales, a aquellos a quienes se les confía salvaguardar y mejorar las condiciones humanas, de que somos un ejército de pensadores furiosos y que nuestro propósito se esfuerza por cambiar el mundo paso a paso. La danza es libertad y a través de ella debemos liberar a los demás de las trampas que enfrentan en diferentes rincones del mundo. La danza no es política, sino que se vuelve política porque lleva en su fibra una conexión humana y por lo tanto responde a las circunstancias en su intento de restaurar la dignidad humana.

      A medida que bailamos con nuestros cuerpos cayendo en el espacio y enredándonos juntos nos convertimos en una fuerza de movimiento tejiendo corazones, tocando almas y proporcionando la curación que es tan desesperadamente necesaria. Y el desafío se convierte en una sola danza, invencible e indivisible. ¡Todo lo que necesitamos ahora es bailar un poco más!".

    • Bueno, os anteriores son profesionais, pero tod@s podemos bailar. Así que a tarefa para nós neste Día Internacional da Danza consistirá en gravar (coma sempre, é o documento gráfico máis axeitado para a Educación física), un pequeno video, non tedes que facer toda unha coreografía, en calquera estilo (máis clásico, aeróbico, zumbero, rapero, improvisado,...) e enviala ao meu correo. 

      Pero, sobre todo, desfrutade do baile.

    • COLECTIVO BAILA EN CONFINAMENTO

    • Precioso. Para disfrutar. 

      Música de gaita de fondo.

    • É que son preciosos!

  • Semana do 4 ao 8 de maio

    Nesta semana continuamos cos TESTS FÍSICOS. Ides ir completando sesión a sesión unha táboa, coa información referente a cada un dos tests, e os rexistros da vosa práctica.

    Como xa podemos sair a facer deporte individual, (xa sabedes, entre as 6 e 10 da mañá, e 8 a 11 da noite), que mellor excusa para empezar con estes sinxelos rexistros de resistencia.

  • Semana do 11 ao 15 de maio

     Nesta semana deixéivos un pouco libres, para que forades probando a aplicación Runkeeper

    Como vos está funcionando? Eu direivos que teño problema co GPS. Non realiza de xeito fiable a medición. Quería coñecer a vosa experiencia.

    En todo caso, imos combinar este traballo cunha actividade nova: YOGA.

    Podedes utilizalas combinadas (na mesma práctica, rematar con algunha postura de yoga), ou por separado (adicando unha sesión completa só a YOGA).

    Vouvos colgar uns apuntes e unhas actividades para ir facendo ao longo das próximas sesións.

    • Como xa vos comentei na videoconferencia, aquí tedes unha unidade didáctica, co máis salientable para aprender sobre yoga no ámbito da escola.

      Espero que vos resulte sinxelo de entender, se non preguntádeme. Ademáis vouvos enlazar tamén algún video, música, etc.

    • Déixovos aquí un gráfico esquemático do SAÚDO AO SOL

  • Semana do 18 ao 22 de maio

    Nesta semana, ide practicando, de xeito simultáneo ou alternando, as actividades de correr/camiñar coas actividades de yoga/relaxación.

    Engádovos xa o modelo de tarefa final, tedes para entregalo ata a primeira semana de xuño, é decir, 15 días. 

    Durante estes 15 días, ide sumando kilómetros na aplicación móbil e rexistrando as vosas asanas de yoga.

    • PDF co planning de tarefas ata final de curso. 

    • Neste gráfico hai un montón de actividades, escalonadas en filas formando unha montaña ou pirámide, e ademáis etiquetadas en columnas con diferentes debuxos (corazón, pesas, relaxación, coordinación, equilibrio). Podedes facer todas as que queirades, por suposto, ao voso gusto, pero, en concreto, para a unidade que estamos vendo, focalizo o voso interese na columna de relax. Se clicades nela, de arriba a abaixo, hai unha recopilación de actividades variadas con foco común na relaxación. En concreteo, a actividade que se sitúa na fila correspondente a PIE, é unha actividade de yoga para principiantes. Pois eu empezaría por aí. Logo tedes:

      L1: Yoga dinámico

      L2: Tai chi

      L3: Exercicios de respiración

      L4: Técnicas de relaxación muscular progresiva

      CIMA: Masaxes con pelotas de tenis

  • MEDIDAS FASE 2 PARA O SECTOR DEPORTIVO

    Enlace á información do "Consejo General de la Educación Física y deportiva", en relación á fas 2 da desescalada por COVID_19

  • Semana do 25 ao 29 de maio

    Esta semana resolvemos o exercicio 1 da actividade. E concretamos o exercicio 2, para ir facendo.

    • Tedes unha táboa cos conceptos clave.

      Ao final aparece un enlace, é un CUESTIONARIO DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS, similar en formato ao que poñerei ao rematar esta unidade didáctica, é decir, o 11 de xuño.

    • Explicación detallada de como realizar o exercicio 2, que tedes para esta semana.

      Corrixo, pedín 3 asanas, pero é demasiado simple, imos poñer 5, veña, se non, queda moi incompleto.

      Ánimo, que estamos na recta final.

    • EXEMPLO TAREFA PRÁCTICA

      ASANAS e SAÚDO AO SOL

  • AVISO DE ÚLTIMA HORA

    Bo día, hoxe NON podo conectar a videoconferencia no horario habitual, xa que teño unha reunión de profesorado no instittuto. Se queredes estarei coa sala aberta para posibles dúbidas do traballo de yoga de 16:00 a 16:30. Se por calquera motivo, non vos podedes conectar a esa hora, e tedes dúbidas que me queirades preguntar, xa sabedes que podedes facelo directamente por correo electrónico ou wsap.

    Ánimo, que agora si que si.

    FASE 2 "CON SENTIDIÑO"

    COIDÁDEVOS PARA COIDAR DE TOD@S!!!!!

  • Semana do 1 ao 5 de maio

    Nesta sección inclúovos:

    • PDF cos criterios de cualificación, según a cantidade e calidade de tarefas realizadas ao longo deste período excepcional.
    • instrucións para a realización do EXERCICIO 3 da unidade didáctica de IOGA, correspondente á relación entre ASANAS e CUALIDADES FÍSICAS E MOTRICES.
  • CUALIFICACIÓN AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA

    Veña, xa estamos case....de vacacións.

    Se queredes saber a vosa nota final de Educación Física (@s que fixéstedes algunha tarefa no período NON PRESENCIAL), envviádeme un correo electrónico para que vola poda enviar de xeito persoal e individual.

    Non contestarei antes do luns 15 de xuño.

    Agora, para a praia. Practicade moito deporte durante o verán, e desfrutade do aire libre.

    COIDÁDEVOS MOITO!!!!!!

    FELIZ VERÁN!