Esquema de temas
-
Yotubes tema 14:
-
Deixo aquí unha composición de texto resolta, non miredes a solución sen intentar facela antes pola vosa conta. A resposta é algo diferente a como a fariamos nós co noso método pero é útil como orientación.
Mirade tamén este youtube sobre o tema 15:
-
Youtube tema 16
-
Youtubes tema 17
-
Youtubes tema 18
-
Ola xente.
Neste tempo que temos ata o remate do curso imos facer dúas cousas: por unha parte repasar temas xa vistos e por outra estudar os que nos faltan. Para o repaso seranvos de utilidade as composicións de texto resoltas sobre temas da 2ª avaliación, o século XIX, que deixo nesta aula virtual; como xa comentei con outras anteriores convén que intentedes facer o exercicio antes de ver a a solución proposta, que non é outra cousa que iso, unha proposta, non a única forma correcta de facelo.
Necesitamos estar en contacto, así que espero poñer en funcionamento as videoconferencias por webex, polo menos para que unha vez á semana teñamos unha sesión de resolución de dúbidas, que supoño debedes ter. Fareivos saber cando está dispoñible, pero antes debédesme mandar esas dúbidas ó correo rbeltrancarballeira@gmail.com. Así matamos dous paxaros dun tiro xa que tamén poderei facervos comentarios personalizados sobre a situación de cada quen.
Con respecto á materia que falta colgarei o material na seguinte entrada.
Moito ánimo, temos que aproveitar este tempo para afrontar a ABAU e adaptarnos ós cambios que aínda non especificaron vai ter. Bótovos de menos.
-
Os temas que van do 19 ó 25 completan o século XX. Quero que sobre eles fagades algunha composición de texto que deberedes entregarme para que a revise.
Previsiblemente A ABAU deste ano teña maior optatividade á hora de escoller as preguntas que desenvolveredes nela, pero non lin nada de que pensen recurtar o temario, polo tanto convén que teñades a opción de ter preparada a totalidade da materia para que así esa opcionalidade sexa real. Se máis adiante preferides centrar o estudo nuns temas determinados que sexa sabendo cales vos resultan máis doados e cales máis dificiles para así facer unha escolla lóxica.
Repito que é importante que esteamos en contacto, algúns/algunhas tedes que recuperar partes suspensas e todo o mundo debe amosar que está a facer un seguimento correcto da materia, motivo polo cal necesito que entreguedes as tarefas que marcarei no seu momento.
Polo de agora deixo aquí o material que complementa a teoría dos apuntamentos.
Unha aperta.
-
Youtubes recomendables para repaso e profundización do temario en xeral.
-
No horario que xa debedes coñecer: martes e xoves de 10:30 a 11:00 para o grupo A, e os mesmos días de 11:15 a 11:45 para o grupo B reunirémonos para explicacións dos temas que faltan e solucionar dúbidas.
O link é https://eduxunta.webex.com/meet/rbeltran
-
Videoconferencias e presentacións.
-
Estrutura e modelo de exame.
-
Como actividade de reforzo e ademais para redondear a vosa cualificación final debedes mandar ó meu correo (rbeltrancarballeira@gmail.com) esquemas dos primeiros temas correspondentes ó século XIX (temas 1 a 6 da 2ª avaliación). Serán breves pero completos, indicando neles os principais puntos a tratar en cada tema e ordeados cronolóxicamente.
Póñovos un exemplo:
-
Engadide este texto na páxina 124 (tema 22) na quinta liña do cuarto parágrafo.
"O inmobilismo do goberno de Arias favoreceu a conflitividade social e a confrontación política no interior, ademais tamén xurdiu un problema no exterior, na colonia do Sahara. As riquezas do territorio (especialmente fosfatos) atraen o interese dos veciños Marrocos e Mauritania. Aproveitando a feble posición internacional de España e os seus problemas internos Marrocos invade pacificamente en outubro de 1975 un territorio que considera propio, foi a “Marcha Verde”, na que uns 200.000 marroquís desarmados se adentran no Sahara. Finalmente se acada un acordo polo cal o territorio vai acabar en mas de Marrocos sen ter en conta a opinión dos saharauís."