Esquema de temas
-
Música 2º ESO, profesora: María José Rodríguez Goberna
Curso: 2º ESO A
Data: 17/03/2020 Martes 3ª hora
Tarefas:
1. Fai no caderno os exercicios 9 e 10 da páxina 93. Para poder facelos tes que ir a youtube e buscar os seguintes vídeos:
- Concerto para oboe. B. Marcelo
- L´Arlésiene. G. Bizet
2. Repasa a melodía de frauta "O son do ar"
Temporalización: unha hora
As actividades faranse no caderno e correxiranse na clase
-
2º ESO B
18/03/20 Mércores 3ª hora Curso: 2º ESO B
Tarefa: Fai no caderno a actividade 9 (os apartados a) e b) ) e a actividade 10, ambos da páxina 93. Para poder realizalos precisas ver en youtube os seguintes vídeos:
- Concerto para oboe. B. Marcello
- L´Arlésiene. G. Bizet. (Para responder ao exercico 10 apartado a), fíxate aproximadamente no minuto 3´30´´ do vídeo)
Unha vez feitos sácalle unha foto e envíama ao correo: mariajoserogoberna@gmail.com. Outra opción é facelos nunha folla word e mandarma ao correo.
Repasa a partitura "O son do ar" ben a parte de frautas ou placas.
2º ESO A
18/03/20 Mércores 4ª hora Curso: 2º ESO A
Tarefa: Fai os seguintes exercicios: Precisas buscar en youtube os seguintes vídeos para poder realizalos.
páx 94 actividade 12. Tes que buscar "Rêverie russe" E. Cavalli
páx 97 actividade 14. Tes que buscar "Danza da fada do azucre". O Quebranoces. Tchaikovsky
páx 97 actividade 15. Tes que buscar "Fósiles" O Carnaval dos animais. Saint- Saëns
Podes facelos no caderno, quítalle unha foto e enviamo ao correo: mariajoserogoberna@gmail.com ou ben traballa nunha folla de word e mándama ao correo.
-
Música
2º ESO A
24/03/20 martes 3ª hora
Facede as seguintes actividades:
- Actividade 16 páx 97, busca a audición "Así falaba Zarathusta" R. Strauss, co director Karajan e a orquestra Filharmónica Berlín (podedes encontralo no enlace: youtube.com/watch?v=InXoioZo-EQ)
- Actividade 17 páx 97, busca a audición "Percussion on Parade" C. Nona
(podedes encontralo no enlace: youtube.com/watch?v=5KH7wD11vQs)
Mandádeme os exercicios feitos o meu correo.
Repasa e toca a partitura de "O son do ar"
-
2º ESO B
25/03/20 Mércores 3ª hora
Fai os seguintes exercicios. Para poder facelos precisas buscar en youtube as obras marcadas a continuación:
- Páx 94, acitividade 12. " Rêverie russe" E. Cavalli.
- Páx 97, actividade14. "Danza da fada do azucre·. O Quebranoces. Tchaikovky
- Páx 97, actividade 15. "Fósules" O Carnaval dos animais. Saint- Saëns
Fai os exercicios no caderno, quítalle unha foto e envíama ao meu correo
2º ESO A
25/03/20 Mércores 4ª hora
Repasa e estudia a unidade 6 "O son acústico".
Toca a melodía "O son do ar"
-
2º ESO B
25/03/20 Xoves 4ª hora
Facede as seguintes actividades:
- Actividade 16 páx 97, busca o vídeo da obra en youtube "Así falaba Zarathustra" R. Strauss co director Karajan e a orquestra Filharmónica de Berlín.
- Actividade 17 páx 97, busca o vídeo da peza en youtube "Percussion on Parade. C. Nona.
Mandádeme os exercicios feitos ao meu correo
-
2º ESO A
31/03/20 Martes 3ª hora e 1/04/20 Mércores 4ª hora
2º ESO B
1/04/20 Mércores 3ª hora e 2/04/20 Xoves 4ª hora
Adicaremos estas dúas sesións para a elaboración dun instrumento, co material que teñamos en casa. Trátase de ser o máis creativo posible, tanto na confección coma na decoración. Tendes varios exemplos no enlace que achego.
Unha vez rematado mandádeme unha foto ao meu correo.
Tocamos a canción de "RESISTIRÉ" con flauta. Embaixo adxunto un vídeo para poder estudala.
Traballamos a voz e disfrutamos cantando: KARAOKE "RESISTIRÉ"
Calquera dúbida que teñades, preguntádea
-
2º ESO A
Martes 14 de abril (3ª hora)
2º ESO B
Mércores 15 de abril (3ª hora)
UNIDADE 9
Lede atentamente o punto 1: A voz
Facede a actividade 1 da páx 129. Comprobación do aparato fonador.
-
2º ESO A
Mércores 15 de abril (4ª hora)
2º ESO B
Xoves 16 de abril (4ª hora)
"O Son do ar". Seguimos traballando TODOS esta melodía para frauta.
Déixovos o enlace para repasala. Escoitade e disfrutade coa interpretación de Luar na Lubre
-
2º ESO A
Martes 21 de abril (3ª hora)
2º ESO B
Mércores 22 de abril (3ª hora)
Copiade no caderno o significado dos vocablos: a cor da voz, a voz natural e a voz impostada. (Páx 129, 130 e 131)
Escoitade as audicións propostas.
Seguide repasando o son do ar.
-
2 ºESO A
Mércores 22 de abril (4ª hora)
2º ESO B
Xoves 23 de abril (4ª hora)
Copiade no caderno o cadro das tesituras das voces humanas (Páx 133)
Debuxa no caderno a disposición do coro no escenario cando cantan a cappella e a disposición do coro cando cantan coa orquetra (Páx 133)
Fai a actividade 6. Envía ao correo mariajoserogoberna@gmail.com este exercicio.
-
1ª e 2ª AVALIACIÓNS SUSPENSAS
1ª AVALIACIÓN SUSPENSA
- Teoría: Facer as seguintes tarefas de repaso. Unha vez feitas envíalas ao correo mariajoserogoberna@gmail.com
- Práctica: Melodías para frauta "Shufle" e "Muffin"
2ª AVALIACIÓN SUSPENSA
- Práctica: Melodías para frauta "Steel Style" e "Rasta Star"
-
2º ESO A
Martes 28 de abril (3ª hora)
2º ESO B
Mércores 29 de abril (3ªhora)
Define no caderno: coro, coro a capella e coro de voces blancas.
Fai a actividade 7 apartados a) e b), páx 135.
Envíame os exercicios a mariajoserogoberna@gmail.com
-
2º ESO A
Mércores 29 de abril (4ª hora)
2º ESO B
Xoves 30 de abril (4ª hora)
Lede a información da páx 138 da película "os chicos do coro".
Segue a partitura e canta Caresse sur l´ocean (exemplo de voces blancas), páx 139
Repasa con frauta a melodía O son do ar
-
2º ESO A
Martes 5 de maio (3ª hora) e Mércores 6 de maio (4ª hora)
2º ESO B
Mércores 6 demaio (3ª hora) e Xoves 7 de maio (4ª hora)
Estudamos unha nova melodía para frauta "O himno da alegría". Traballade cos enlaces propostos.
Visualizade o vídeo The Voca People. Observa que non hai instrumentos. Música a cappella. Estilo de música: Beatboxing.
-
RECUPERACIÓN 1ª E 2ª AVALIACIÓN
A recuperación da 1ª e da 2ª avaliación terá lugar o día 4 de xuño, xoves dende ás 8.30h
No documento de embaixo tendes toda a información
-
2º ESO A
Martes 12, mércores 13, martes 19 e mércores 20 de maio
2º ESO B
Mércores 13, xoves 14, mércores 20 e xoves 21 de maio
- Segue estudando o Himno da alegría
- Traballo de investigación:
Elaborar un traballo a modo de presentación, tipo Powerpoint, sobre un grupo de música ou cantante dos indicados. Tende en conta os seguintes puntos:
1. Ano de comezo da súa andadura, contexto social cultural que o fixo posible, lugar de procedencia e evolución da súa música no tempo.
2. Estilo de música (se variou o longo do tempo explica o porque)
3. Compoñentes do grupo (foron sempre os mesmos?)
4. Busca unha canción representativa do cantante ou grupo escollido, localiza a súa letra. Explícaa. Que sentimentos produce en ti?
5. No traballo deben aparecer fotos, enlaces a cancións representativas e bibliografía.
6. Data límite de entrega o venres 22 de maio.
Debes elexir entre: Os estudiantes, Dúo Dinámico, Pekenikes, Os Relámpagos, Os Brincos, Miguel Ríos, Os Sírex, Os Mustang, Os Canarios, Os Pop Tops, Os Bravos, Máquina, Lone Star, Mecano, Nacha Pop, Alaska e Os Pegamoides, Gabinete Caligari, Radio Futura, Loquillo, O último da fila, Hombres G, As Grecas, Os Chichos, Os Chungitos, Raimundo Amador, Kiko Veneno, Azúcar Moreno, Navajita Plateá, Estopa, Raimon, Joan Manuel Serrat, Manolo Díaz, Luis Eduardo Aute, Víctor Manuel, Rosa León, Amancio Prada, Paco Ibáñez, Aguaviva, Camarón de la Isla, Terremoto de Xérez, Enrique Morente, Vicente Soto, Pata Negra, Ketama, Raimundo Amador.
-
2º ESO A - Martes 26 de maio
2º ESO B - Mércores 27 de maio
Seguide repasando O himno da alegría coa flauta
Visualizade os seguintes vídeos onde tendes que localizar a melodía que estades estudando coa frauta
-
SUSPENSOS 1ª E 2ª AVALIACIÓN
Lembrade que a data límite de entrega das actividades de repaso é este venres 29 de maio
-
2º ESO A - Mércores 27 de maio
2º ESO B - Xoves 28 de maio
Unidade 8. A forma musical
Lede atentamente o punto 1 (páx 116): A organización do son. Fai a actividade 1, envíama a mariajoserogoberna@gmail.com
-
RECUPERACIÓN 1ª E 2ª AVALIACIÓN
XOVES 4 DE XUÑO
O alumnado fará a recuperación a través da plataforma Cisco Webex. É preciso que estea atento a convocatoria do exame a través do seu correo electrónico.
-
2º ESO A - Martes 2 e Mércores 3 de Xuño
2º ESO B - Mércores 3 e Xoves 4 de Xuño
Elaborade un esquema o máis sinxelo posible sobre o punto 2: Os principios de repetición, contraste e variación. Páx 117
Facede a actividade 2 apartado a) e b). Todos os FA hai que tocalos sostenidos, mirade a nova dixitación de frauta. Así o indica a armadura (alteración propia). O incio da parte B da canción coincide no vídeo co segundo 28.
-
Por motivos familiares non estarei dispoñible para resolver as vosas dúbidas e os vosos exercicios durante os días 11,12 e 15 de xuño.
2º ESO A - Martes 9 e mércores 10 de Xuño
2º ESO B - Mércores 10 de Xuño
- Páx 118. Análise dunha estructura ternaria: ABA.
Visualizade o vídeo "Danza da lambetada", Crevanoces, Tchaikovsky. Facede a actividade 3. Comprobade o paso a sección B ao 1´05´´. E a volta a sección A ao 1´44´´.
- Páx 118. Análise do Rondó Abdelazer. Purcell. Forma Rondó: ABACA.
Segue as instruccións e contesta as preguntas.
1º Imos identificar ben o tema A. Mirade o vídeo ata o segundo 33. Repite esta visualización catro veces seguidas. Desta maneira quedará claro cal é o tema A. Escóitao unha vez máis seguindo a partitura.
2º Identificamos B.
3º Cando volve a aparecer A, en que momento exacto?
4º Identifico a entrada do tema C, en que minuto?
5º Volta de novo ao tema A, tempo justo de resurdimento?
-
2º ESO A - Martes 16 e mércores 17 de xuño
2º ESO B - Mércores 17 e xoves 18 de xuño
Correxide os exercicios da semana pasada
Visualizade o vídeo Can Can. J. Offenbach. A continuación escoitade a obra seguindo o musicograma da páx 119 dúas veces. Trátase dunha estructura binaria: AB que se repite.
Visualizade a escena do musical de Cats. Memory. A.L.Webber. A partitura a tendes na páx 123.
-
Parabéns por todo o voso esforzo, dedicación e traballo durante estes meses tan complicados.
Disfrutade moito do verán e da música. Unha aperta