Aperçu des sections

  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA

    Serie de fichas para practicar dende a casa aspectos básicos da orientación, simboloxía, cores do mapa, controis, localizacións, ...

    Non é necesario imprimilas. contestades nun folio. correxímolas á volta.

  • ZUMBA

    Vouvos mandar varios enlaces cos temas que estivemos practicando na clase. Tamén tedes na carpeta de 3º eso B, enlaces a outras sesións de Zumba, que podedes tamén practicar. Virá moi ben para este confinamento obrigado. Estar na casa non significa estar inactiv@s. Ánimo. Vémonos en nada.

  • Semana 23 /03-27/03

    ZUMBA (máis videos)

    Enlaces a videos. algúns para repasar (practicados xa nas clases). Outros son novos. Ides practicando, non vos dará tempo nunha sesión semanal, así que distribuides nas dúas semanais. 

  • Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

    • Aquí vos deixo unhas preguntas relacionadas cos apuntes de "forza". Íamos facer examen deles, así que aproveitamos para traballalos un pouco.

      Debaixo tendes os apuntes, por se algún non os ten. Traen enlaces a páxinas nas que podedes ver videos explicativos. 

      Son para que fagades nas sesións correspondentes a esta semana.

    • Déixovos aquí un arquivo cos apuntes de CONDICIÓN FÍSICA. Ides utilizar agora o apartado de FORZA.

    • Déixovos aquí as fichas de orientación correxidas. Enviarei a cada un/ha d@s que as entregaron un comentario privado ao respecto do seu traballo.

  • VOLTAMOS DAS VACACIÓNS

    Ola, chic@s!!! Rematan as vacacións, pero non o confinamento, así que termos que seguir traballando a distancia. Moit@s de vós xa contactáchedes conmigo antes das vacacións, así que espero ir seguindo o voso traballo (ata que o confinamento remate, esperemos que pronto!!!); o resto, ide empezando a contactar, se non, como sei que seguides a vosa formación desde casa????

    A miña intención é propoñervos tarefas o máis prácticas posible, dentro das circunstancias, e para iso, hai que poñerlle algo de creatividade, vós e eu tamén. A ver que sae! En principio, imos retomar o que estabamos a ver, o tema da forza, vou intentar darlle un enfoque potenciando a práctica física, para iso pedireivos (xa volo explico máis adiante), que realicedes algún video de exercicios que impliquen o traballo de forza de diferentes grupos musculares. Máis adiante, veremos de enfocar esto cara o ACROSPORT (enlazando forza e flexibilidade). Espero que sirva para que fagades algo de exercicio, tan importante para desestresarnos nestas circunstancias que vivimos.

    Pois o dito, a traballar, e se o pasades ben facéndoo, pois moito mellor, xa me dou por satisfeita.

  • Semana do 14 ao 17 de abril

  • Semana do 20 ao 24 de abril

    Repaso e posta ao día das tarefas pendentes.

    Esta semana ímola adicar a que aqueles alumn@s que non realizaron tarefas, vaian poñéndose ao día.

    Para a semana próxima xa comezaremos co tema de ACROSPORT.

    Aproveitade @s alumn@s que tedes que superar avaliacións anteriores, para superar eses contidos.

    Tedes tamén os RETOS postos na semana anterior. Mandade videos cortiños, tipo tiktok ao meu correo.

  • ACROSPORT Semana do 27 ao 30 de abril

    Como xa vos anunciei a semana pasada, imos comezar con ACROSPORT. Empezaremos moi pouco a pouco, lendo os apuntes e fixándonos ben, sobre todo, no tema da SEGURIDADE ao realizar as prácticas. comenzaremos con figuras individuais, e logo, se alguén quere colaborar nas vosas casa, intentaremos facer figuras de parellas, tríos, etc. Tamén podemos recurrir ao ACROSPORT VIRTUAL (xa o veremos).

    O acrosport é un deporte no que traballeremos moito a postura corporal, a nosa forza e flexibilidade. Espero que vos guste tanto como a min.

  • INFORMACIÓN IMPORTANTE

    VIDEOCONFERENCIA CON MARTA 

    A partir do xoves 30 de abril, todos os xoves, vou ter aberta a miña sala personal de Webex,en horario de 10:00-10:30

    Esta ferramenta está dispoñible para consulta de calquera dúbida, información, etc. que queirades consultarme.

    INSTRUCIÓNS

    Abrides Webex, dádeslle a unirse á reunión. Cando vos pida un identificador, poñedes o da miña sala personal, o nº é: 233 294 680

    Non vos teño que invitar, entrades vós se tedes algo que queirades preguntar, compartir, etc.

  • Semana do 4 ao 8 de maio

    Seguimos nesta semana a traballar ACROSPORT. 

    @s que non fixechedes o traballo de figuras individuais, empezade primero por aí. E enviade despois todo xunto. (Individuais e parellas)

    • Seguimos avanzando pouco a pouco, xa que esta actividade pode ter certa perigosidade se non cumplimos as normas de seguridade e progresión nas aprendizaxes. 

      Recorda realizar un quecemento xeral e específico para pulsos e espalda, sobre todo. Practica descalz@!!!!!

    • Vaivos aquí o formulario para cubrir coa tarefa. Tedes de prazo, coma sempre, ata a semana próxima.

    • RECORDADE: Para entregalo na Aula virtual, tedes que rexistrarvos.

    • Entra neste enlace e proba a realizar este cuestionario. Envía un selfie coa pantalla do ordenador, móbil,...ao rematar o cuestionario.

      Probade a facer unha práctica individual. Calquera dúbida, o xoves na videoconferencia.

  • Semana do 11 ao 15 de maio

    Nesta semana non vos deixei traballo en espera de que rematarades as fichas de figuras individuais e de parellas. Pero como quero xa  rematar esta unidade didáctica, convócovos para o próximo xoves 21 de maio a unha PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS DE ACROSPORT. Na hora da videoconferencia, ás 10:30 colgarei na Aula virtual un cuestionario tipo quiziz, sobre os contidos de acrosport que están nos apuntes, así como a información obtida do traballo, fichas e os propios quiziz. 

    Ese mesmo día, como data tope, entregaredes a seguinte TAREFA

    • A seguinte tarefa tedes como data límite o xoves 21 de maio. Podédela entregar antes se queredes. Se non, ese día, ao mesmo tempo que entregades o cuestionario.

      Tedes na internet moitos exemplos de institutos realizando estas composicións. Buscade un pouco.

    • Outro exemplo de cuestionario para preparar a proba do próximo xoves.

    • Outro formato de cuestionario

  • Semana do 18 ao 22 de maio

    Esta semana rematamos con acrosport, temos pendente a tarefa final práctica e o cuestionario de asimilación de contidos o xoves.

    EXEMPLOS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA FINAL PRÁCTICA DE ACROSPORT

    Tedes nos seguintes apartados uns exemplos de como podedes facer o traballo dun xeito sinxelo, aínda que coa colaboración da familia, claro. O importante é moverse, estar activ@s , san@s e se podemos en forma, mellor.

    • Figura de catro ou máis persoas. Comparto con vós este traballo colaborativo coa miña familia, á que lle dou grazas pola súa valiosa axuda.

    • Realzar 3 figuras individuais con encadeamentos entre elas.

      Exemplo da profe.

    • Realizar 2 figuras/pirámides  en parella cun encadeamento.

    • PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS

      Recordade que este xoves, ás 10:30 colgarei aquí na Aula virtual un cuestionario de asimilación de contidos do ACROSPORT. Para facelo ben, deberiades ler os apuntes correspondentes e practicar algún do quizziz que enlacei aquí tamén xa a semana pasada.Estará inactivo antes e despois da hora de realización da proba, de 10: 30 a 11:00 horas. Tedes que poñer ao principio o voso correo electrónico, e ao final do cuestionario, dádelle a enviar.

  • Semana do 25 ao 29 de maio

    Vai aquí a penúltima tarefa do curso, trata contidos traballados ao longo de todo o curso en relación a diferentes cualidades físicas e motrices, así que serve de repaso, reforzo e ampliación.

    • Nesta "montaña de actividade física" ides poder escoller entre exercicios de resistencia, forza/resistencia, equilibrio, flexibilidade, relaxación e retos de coordinación. A idea é que comecedes na base (pé) e vaiades por L1, L2, L3, L4 ata chegar á cima. A tarefa que tedes que completar (data límite de entrega 8 de xuño, tedes máis de 15 días) consiste no seguinte:

      1. Un video de entre 2 e 3 minutos (resumide, escollede uns segundos de cada actividade) no que incluádes exercicios de activación (quecemento, cardiovascular), 3 exercicios de brazos, 3 exercicios de pernas, 3 de abdominais (executados por vós, evidentemente), estiramentos e unha relaxación/volta a calma. 
       
      2. Non poñades os exercicios de forza dun mesmo grupo muscular seguidos (para cumplir o principio de alternancia). Por exemplo, estaría ben: bíceps, glúteos, abdominal, tríceps, cuádriceps, abdominal,....
       
      3.  Tedes un montón de opcións, así que escollede a que sexa máis do voso gusto ou que se adapten máis ao que queirades mellorar.
  • AÍNDA QUEDA XUÑO, ASI QUE...

    para que vaiades valorando o que levades feito e o que queda por facer, aí vai ....

    INFORMACIÓN NOTA FINAL

    Tedes aquí o documento no que explico a calificación das diferentes tarefas que vos propuxen ao longo deste periodo especial.

    A táboa do principio está en branco porque non vou publicar en aberto as tarefas d@s demais, así que na semana do 15 de xuño, quen queira saber a nota final, ten que enviarme un correo electrónico, para que lle poda desglosar polo miúdo a sua cualificación.

    Para calqueira dúbida, xa sabedes.

    • Explícovos aquí, con diferentes táboas, como vou calificar as tarefas realizadas neste periodo.

      Fixádevos en que , non a simple entrega dos exercicios implica obter a máxima puntuación, ten que estar ben realizada. Importante tamén que comprendades que non todas as tarefas teñen o mesmo valor, as prácticas teñen máis peso.

      Recordade: aínda NON REMATAMOS.

  • Semana do 1 ao 5 de xuño

    Nesta semana continuade coa tarefa final da pirámide de actividade física (recordade: entrega a semana próxima), e ademais faremos unha última tarefa relacionada coa

    ALIMENTACIÓN SAUDABLE

  • RECUPERACIÓN FINAL XUÑO 2020

    INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN XUÑO 2020

    Esta é a convocatoria para o alumnado que teña que recuperar a materia de Educación física, correspondente ao curso de 3º de ESO A, curso 2019-20.

    Dito alumnado terá que conectarse a través da plataforma CISCO WEBEX, entrar na sala personal da profesora o día 10 de xuño, ás 10:00 horas, con cámara e micros activos. A proba consistirá nun cuestionario, similar aos xa enviados de proba, que haberá que realizar durante o tempo que dure a mesma.

    Para calquera dúbida, antes da proba, rógase contactar no correo electrónico da profesora.

  • RECUPERACIÓN XUÑO 2019/20

    Exame correspondente á convocatoria ordinaria xuño 2019/20

  • CUALIFICACIÓN AVALIACIÓN FINAL

    Agora si que si, xa rematamos.

    Se queredes saber a vosa nota final en Educación Física, (@s que realizáchedes algunha actividade durante o período NON PRESENCIAL) teredes que enviarme un correo electrónico para que me quede constancia da vosapetición, e vos poda dar a información de xeito individual, persoalmente. Non responderei eses correos antes do luns 15 de xuño.

    Agora a desfrutar da praia, do aire libre,...

    Practicade moito deporte no verán.

    COIDÁDEVOS MOITÍSIMO!!!!!!

    FELIZ VERÁN!