Esquema de temas
-
Serie de fichas para practicar dende a casa aspectos básicos da orientación, simboloxía, cores do mapa, controis, localizacións, ...
Non é necesario imprimilas. contestades nun folio. correxímolas á volta.
-
Ficha nº 1
-
ficha nº 2
-
Ficha nº 3
-
Ficha onde recolle unha selección dos símbolos máis utilizados.
-
Outro recurso, parecido ao anterior, con gráficos moi claros, para que podas facer as tarefas.
-
Especificacións da simboloxía. Entre as páxinas 18 a 30.
-
-
Vouvos mandar varios enlaces cos temas que estivemos practicando na clase. Tamén tedes na carpeta de 3º eso B, enlaces a outras sesións de Zumba, que podedes tamén practicar. Virá moi ben para este confinamento obrigado. Estar na casa non significa estar inactiv@s. Ánimo. Vémonos en nada.
-
twist again zumba dubai all stars
-
Calypso ysel gonzález
-
-
ZUMBA (máis videos)
Enlaces a videos. algúns para repasar (practicados xa nas clases). Outros son novos. Ides practicando, non vos dará tempo nunha sesión semanal, así que distribuides nas dúas semanais.
-
Practicar as coreos que vos dea tempo nunha sesión. Grabar algunha das coreos.clica aqi
-
Fichas orientación que vos enlazo a continuación. Intentade facelas para antes do próximo martes 31 de marzo.
-
Ficha nº 4
-
Ficha nº 5
-
Ficha nº 6
-
Ficha nº 7
-
Xogo de orientación virtual, con fotos máis ou menos coñecidas, da vila de Muros. Tes que situar as 20 fotos no plano da vila, cun símbolo de control (recorda, círculo de cor maxenta), así como escribir na táboa do principio a que lugar corresponde.
Este xogo vai tamén para 4º. UIn incentivo, @s primeiros en responder (vía correo-e, wsa), recibirán un ESTUPENDO MINIPUNTO.
-
-
-
Aquí vos deixo unhas preguntas relacionadas cos apuntes de "forza". Íamos facer examen deles, así que aproveitamos para traballalos un pouco.
Debaixo tendes os apuntes, por se algún non os ten. Traen enlaces a páxinas nas que podedes ver videos explicativos.
Son para que fagades nas sesións correspondentes a esta semana.
-
Déixovos aquí un arquivo cos apuntes de CONDICIÓN FÍSICA. Ides utilizar agora o apartado de FORZA.
-
Déixovos aquí as fichas de orientación correxidas. Enviarei a cada un/ha d@s que as entregaron un comentario privado ao respecto do seu traballo.
-
-
Ola, chic@s!!! Rematan as vacacións, pero non o confinamento, así que termos que seguir traballando a distancia. Moit@s de vós xa contactáchedes conmigo antes das vacacións, así que espero ir seguindo o voso traballo (ata que o confinamento remate, esperemos que pronto!!!); o resto, ide empezando a contactar, se non, como sei que seguides a vosa formación desde casa????
A miña intención é propoñervos tarefas o máis prácticas posible, dentro das circunstancias, e para iso, hai que poñerlle algo de creatividade, vós e eu tamén. A ver que sae! En principio, imos retomar o que estabamos a ver, o tema da forza, vou intentar darlle un enfoque potenciando a práctica física, para iso pedireivos (xa volo explico máis adiante), que realicedes algún video de exercicios que impliquen o traballo de forza de diferentes grupos musculares. Máis adiante, veremos de enfocar esto cara o ACROSPORT (enlazando forza e flexibilidade). Espero que sirva para que fagades algo de exercicio, tan importante para desestresarnos nestas circunstancias que vivimos.
Pois o dito, a traballar, e se o pasades ben facéndoo, pois moito mellor, xa me dou por satisfeita.
-
-
Nesta semana, como a maioría (tod@s menos dous) non traballastedes o tema da forza, convén retomala. Así que o que tedes que facer é mirar o da semana anterior ás vacacións. Vouvos poñer uns enlaces a exercicios que podedes utilizar no voso circuito.
-
Vouvos poñer aquí un enlace a unha proposta dun instituto (IES CARMEN CONDE, Madrid), que é moi sinxelo e calquera pode facer no seu salón. Só é un exemplo, vós podédelo complicar canto queirades, seguro que se vos ocurren cousas estupendas. Ánimo!
-
Tedes neste pequeno enlace unha explicación estupenda de como facer ben as abdominais, non vaia ser que vos estea propoñendo cousas que non saibdes como facer. Esta explicación é como vola daría eu mesma, se estiveramos no ximnasio do Fontexería.
-
Tedes no seguinte enlace, unha explicación tamén moi clara de como facer as flexións de brazos correctamente. É moi importante a colocación corporal para non lastimarse.
-
-
Repaso e posta ao día das tarefas pendentes.
Esta semana ímola adicar a que aqueles alumn@s que non realizaron tarefas, vaian poñéndose ao día.
Para a semana próxima xa comezaremos co tema de ACROSPORT.
Aproveitade @s alumn@s que tedes que superar avaliacións anteriores, para superar eses contidos.
Tedes tamén os RETOS postos na semana anterior. Mandade videos cortiños, tipo tiktok ao meu correo.
-
Cubride este formulario, e entregádeo aquí mesmo.
Sacade fotos vosas realizando os exercicios e enviadeas ao meu correo.
-
Cubride os espazos do fourmulario e entregádeo na Aula virtual.
-
Non esquezades intentar algún reto. Aquí vos mando un enlace, non vos riades moito de min, e poñedevos a practicar. é un adianto do acrosport: EQUILIBRIO INVERTIDO
-
Ánimo que se podo eu!
-
Para irnos anticipando ao seguinte tema: O ACROSPORT, aquí vos deixo unha marabilla, o Circo do Sol, por suposto que é algo máis que acrosport, e nós non chegaremos a facer nada parecido (ou eu polo menos)
Desfrutádeo, vale moitísimo a pena1 Aínda que xa o virades algunha vez.
-
Para quen quedou con ganas de máis.
-
-
Como xa vos anunciei a semana pasada, imos comezar con ACROSPORT. Empezaremos moi pouco a pouco, lendo os apuntes e fixándonos ben, sobre todo, no tema da SEGURIDADE ao realizar as prácticas. comenzaremos con figuras individuais, e logo, se alguén quere colaborar nas vosas casa, intentaremos facer figuras de parellas, tríos, etc. Tamén podemos recurrir ao ACROSPORT VIRTUAL (xa o veremos).
O acrosport é un deporte no que traballeremos moito a postura corporal, a nosa forza e flexibilidade. Espero que vos guste tanto como a min.
-
Tedes aquí uns apuntes de acrosport, para que vos axuden a saber de que vai e como imos enfocar o traballo desta actividade. Importante, sobre todo o aspecto da SEGURIDADE, INSISTO.
-
Tedes aquí a Tarefa 1 desta semana, nela tedes que completar unha táboa con nove fotos vosas facendo figuras individuais, ademáis dunhas preguntas para responder despois de ler os apuntes.
-
Abrides o PDF, inserides as imaxes, gardades o ficheiro no voso ordenador, e logo entregades a tarefa.
Consultádeme se tedes dúbidas.
-
Nesta tarefa tedes que analizar as figuras e completar as dúas cuestións que se piden.
-
-
VIDEOCONFERENCIA CON MARTA
A partir do xoves 30 de abril, todos os xoves, vou ter aberta a miña sala personal de Webex,en horario de 10:00-10:30
Esta ferramenta está dispoñible para consulta de calquera dúbida, información, etc. que queirades consultarme.
INSTRUCIÓNS
Abrides Webex, dádeslle a unirse á reunión. Cando vos pida un identificador, poñedes o da miña sala personal, o nº é: 233 294 680
Non vos teño que invitar, entrades vós se tedes algo que queirades preguntar, compartir, etc.
-
Seguimos nesta semana a traballar ACROSPORT.
@s que non fixechedes o traballo de figuras individuais, empezade primero por aí. E enviade despois todo xunto. (Individuais e parellas)
-
Seguimos avanzando pouco a pouco, xa que esta actividade pode ter certa perigosidade se non cumplimos as normas de seguridade e progresión nas aprendizaxes.
Recorda realizar un quecemento xeral e específico para pulsos e espalda, sobre todo. Practica descalz@!!!!!
-
Vaivos aquí o formulario para cubrir coa tarefa. Tedes de prazo, coma sempre, ata a semana próxima.
-
RECORDADE: Para entregalo na Aula virtual, tedes que rexistrarvos.
-
Entra neste enlace e proba a realizar este cuestionario. Envía un selfie coa pantalla do ordenador, móbil,...ao rematar o cuestionario.
Probade a facer unha práctica individual. Calquera dúbida, o xoves na videoconferencia.
-
-
Nesta semana non vos deixei traballo en espera de que rematarades as fichas de figuras individuais e de parellas. Pero como quero xa rematar esta unidade didáctica, convócovos para o próximo xoves 21 de maio a unha PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS DE ACROSPORT. Na hora da videoconferencia, ás 10:30 colgarei na Aula virtual un cuestionario tipo quiziz, sobre os contidos de acrosport que están nos apuntes, así como a información obtida do traballo, fichas e os propios quiziz.
Ese mesmo día, como data tope, entregaredes a seguinte TAREFA
-
A seguinte tarefa tedes como data límite o xoves 21 de maio. Podédela entregar antes se queredes. Se non, ese día, ao mesmo tempo que entregades o cuestionario.
Tedes na internet moitos exemplos de institutos realizando estas composicións. Buscade un pouco.
-
Outro exemplo de cuestionario para preparar a proba do próximo xoves.
-
Outro formato de cuestionario
-
-
Esta semana rematamos con acrosport, temos pendente a tarefa final práctica e o cuestionario de asimilación de contidos o xoves.
EXEMPLOS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA FINAL PRÁCTICA DE ACROSPORT
Tedes nos seguintes apartados uns exemplos de como podedes facer o traballo dun xeito sinxelo, aínda que coa colaboración da familia, claro. O importante é moverse, estar activ@s , san@s e se podemos en forma, mellor.
-
Figura de catro ou máis persoas. Comparto con vós este traballo colaborativo coa miña familia, á que lle dou grazas pola súa valiosa axuda.
-
Realzar 3 figuras individuais con encadeamentos entre elas.
Exemplo da profe.
-
Realizar 2 figuras/pirámides en parella cun encadeamento.
-
PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS
Recordade que este xoves, ás 10:30 colgarei aquí na Aula virtual un cuestionario de asimilación de contidos do ACROSPORT. Para facelo ben, deberiades ler os apuntes correspondentes e practicar algún do quizziz que enlacei aquí tamén xa a semana pasada.Estará inactivo antes e despois da hora de realización da proba, de 10: 30 a 11:00 horas. Tedes que poñer ao principio o voso correo electrónico, e ao final do cuestionario, dádelle a enviar.
-
-
Vai aquí a penúltima tarefa do curso, trata contidos traballados ao longo de todo o curso en relación a diferentes cualidades físicas e motrices, así que serve de repaso, reforzo e ampliación.
-
Nesta "montaña de actividade física" ides poder escoller entre exercicios de resistencia, forza/resistencia, equilibrio, flexibilidade, relaxación e retos de coordinación. A idea é que comecedes na base (pé) e vaiades por L1, L2, L3, L4 ata chegar á cima. A tarefa que tedes que completar (data límite de entrega 8 de xuño, tedes máis de 15 días) consiste no seguinte:
1. Un video de entre 2 e 3 minutos (resumide, escollede uns segundos de cada actividade) no que incluádes exercicios de activación (quecemento, cardiovascular), 3 exercicios de brazos, 3 exercicios de pernas, 3 de abdominais (executados por vós, evidentemente), estiramentos e unha relaxación/volta a calma.2. Non poñades os exercicios de forza dun mesmo grupo muscular seguidos (para cumplir o principio de alternancia). Por exemplo, estaría ben: bíceps, glúteos, abdominal, tríceps, cuádriceps, abdominal,....3. Tedes un montón de opcións, así que escollede a que sexa máis do voso gusto ou que se adapten máis ao que queirades mellorar. -
Adxúntovos uns apuntiños, para saber máis.
-
-
para que vaiades valorando o que levades feito e o que queda por facer, aí vai ....
INFORMACIÓN NOTA FINAL
Tedes aquí o documento no que explico a calificación das diferentes tarefas que vos propuxen ao longo deste periodo especial.
A táboa do principio está en branco porque non vou publicar en aberto as tarefas d@s demais, así que na semana do 15 de xuño, quen queira saber a nota final, ten que enviarme un correo electrónico, para que lle poda desglosar polo miúdo a sua cualificación.
Para calqueira dúbida, xa sabedes.
-
Explícovos aquí, con diferentes táboas, como vou calificar as tarefas realizadas neste periodo.
Fixádevos en que , non a simple entrega dos exercicios implica obter a máxima puntuación, ten que estar ben realizada. Importante tamén que comprendades que non todas as tarefas teñen o mesmo valor, as prácticas teñen máis peso.
Recordade: aínda NON REMATAMOS.
-
-
Nesta semana continuade coa tarefa final da pirámide de actividade física (recordade: entrega a semana próxima), e ademais faremos unha última tarefa relacionada coa
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
-
A tarefa prevista para este xoves, amplía o prazo ata o vindeiro venres 12 de xuño, como data límite, xa que imos, en xeral, cun pouco de retraso. vouna simplificar ao máximo, para que non vos leve moito tempo, pero vexamos os contidos así por riba.
Anotade o que comedes durante dous días, un de semana e un do fin de semana.
E realizade as actividades propostas.
-
Uns documentos con conceptos resumidos, extraídos da rede e elaborados por outros compañeir@s do ámbito da educación física e a saúde.
-
Un video de 5 minutos que explica de xeito moi sinxelo conceptos básicos
-
Introducindo os datos que che piden: sexo, idade, altura, peso, obtén as kcal do teu metabolismo basal.
-
Introducindo os teus datos e actividade aproximada que realizas, obtén as calorías que debes inxerir.
-
Nesta web, podes ir engadindo alimentos ao teu plato e calcular a súa información nutricional.
-
Páxina do sergas. En galego, creo.
-
-
INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN XUÑO 2020
Esta é a convocatoria para o alumnado que teña que recuperar a materia de Educación física, correspondente ao curso de 3º de ESO A, curso 2019-20.
Dito alumnado terá que conectarse a través da plataforma CISCO WEBEX, entrar na sala personal da profesora o día 10 de xuño, ás 10:00 horas, con cámara e micros activos. A proba consistirá nun cuestionario, similar aos xa enviados de proba, que haberá que realizar durante o tempo que dure a mesma.
Para calquera dúbida, antes da proba, rógase contactar no correo electrónico da profesora.
-
Exame correspondente á convocatoria ordinaria xuño 2019/20
-
Agora si que si, xa rematamos.
Se queredes saber a vosa nota final en Educación Física, (@s que realizáchedes algunha actividade durante o período NON PRESENCIAL) teredes que enviarme un correo electrónico para que me quede constancia da vosapetición, e vos poda dar a información de xeito individual, persoalmente. Non responderei eses correos antes do luns 15 de xuño.
Agora a desfrutar da praia, do aire libre,...
Practicade moito deporte no verán.
COIDÁDEVOS MOITÍSIMO!!!!!!
FELIZ VERÁN!