Aperçu des sections
-
Coa intención de poder mellorar a comunicación entre nós, facilítovos o meu enderezo electrónico para calquera consulta que desexedes facer, e tamén de cara ao vindeiro trimestre, de ter que continuar a traballar deste xeito. Enderezo electrónico: marta.cruz.anhon@gmail.com
-
-
Tedes aí a secuencia de aprendizaxe que fomos realizando nas clases. Practicádea.
-
Como facer pelotas malabares. Se tedes ese material e non tedes as tres pelotas, esta páxina pódevos axudar.
-
-
Para quen non pudera facer as bolas malabares, porque non tiña material!!!!! SEMPRE hai alternativas.
-
Ademais de continuar practicando a secuencia de exercicios malabares, imos comezar con outra unidade didáctica: "BAILES DO MUNDO". Como a dificultade está nos contactos, salvo aqueles que temos familias numerosas, imos visionar os videos que vos propoño de algún "xogo-baile", que practicaremos en grupo, cando esta situación remate.
-
Xogo baile, de orixe brasileira, de coordinación.
Versão popular na região de São Paulo.
- Escravos de Jó, jogavam caxangá.
- Tira, põe, deixa ficar!
- Guerreiros com guerreiros, fazem zigue zigue zá,
- Guerreiros com guerreiros, fazem zigue zigue zá.
× repetitivamente..
-
tem uma música que elas cantam para dar ritmo à brincadeira? A música é a seguinte:
Minuê, minuê, le gusta la dance.
Le gusta la dancê, la dança, minuê -
Para que haxa un pouco de todo, esta bachata cunha letra moi bonita.
-
Un merengue zumba, para aumentar un pouco as pulsacións. Hai que manterse ACTIV@S!!!!!
-
Con moito ritmo! Veña aí!
-
E, como nós tamén estamos no mundo, e como introdución ao 2º curso de ESO, imoslle dar un vistazo ao noso.
-
Neste pequeno video, aprenderemos outro dos ritmos dun baile, o valse, que nós incorporamos tamén á nosa tradición. Ides ver que fácil é!!!!!
-
Podedes ir comentando que videos vos gustaron máis, facer suxerencias na liña que estades vendo. Xa vedes que é moi variada, e intentei buscar recursos onde podamos aprender cousas sen parella para esta situación na que estamos, que non temos @s compañeir@s, pero que permitirán que cando nos vexamos de novo, podamos botar un baile, en parella, en grupo, en solitario,...como queiramos.
-
-
Durante o mes de xaneiro e parte de febreiro, estivemos coa UNIDADE DIDÁCTICA de HÓQUEI. Repartín unha ficha para que entregarades, mais só algúns/as o fixeron. Vouna colgar aquí, para que a cubrades.
-
Entre o mes de xaneiro e febreiro, estivemos coa UNIDADE DIDÁCTICA de HÓQUEI SALA. Repartín no seu momento unha ficha de observación, que só alguns/as de vós entregáchedes. Se a tedes por casa, perfecto, enviádema. Se a perdéstedes, clica aquí, cúbrea e envíama.
-
-
Aínda que sexa confinados nas nosas casa, estamos chegando ao findo que sería a 2ª avaliación. Propóñovos un descanso relativo, xoguemos en casa.
Ánimo, queda un día menos!!!!!
-
Para que permanezamos activ@, utilizando un recurso de Educación Física, e se nos fagan máis curtos estes días.
-
-
Bo día, pois xa estamos aquí de novo, virtualmente. Que máis quixeramos que fora no ximnasio, pero mirémolo en positivo: queda un día menos xa. Moito ánimo!!!
Imos intentar afondar un pouco nos contidos xa iniciados antes das vacacións, de momento, ata que teñamos outras instrucións. Intentarei na medida do posible propoñervos actividades que impliquen MOVEMENTO, e que sexan o máis lúdicas posible (que vos dea para xogar e pasalo un pouco ben, polo menos).
Vouvos ir poñendo nas entradas seguintes, instrucións semana a semana, co que tedes que ir mirando.
-
Para 1º ESO A a sesión é hoxe e para 1º ESO B será mañá mércores.
-
Envíovos un arquivo con este xogo que ten actividades físicas, claro, o bo é xogar en familia. Se tedes oportunidade, facédeo. E mandádeme unha foto vosa xogando, por wsap ou un enlace a google drive se tedes, tamén vale ao correo electrónico.
-
Tedes no seguinte PDF a explicación de como xogar.
-
Recórdovos: sacade unha foto ou grabade un pequeno video (non máis de 15", pode ser na plataforma TikTok, realizando algún dos exercicios deste xogo.
-
Na carpeta de 3º ESO A (Marta) Marzo Abril 2020, están colgados uns videos con RETOS FÍSICOS VOLUNTARIOS, podedes vós tamén curiosear e por que non, realizar algún. O importante é MOVERSE.
Podedes tamén gravarvos facendo algún destes ou outro que se vos ocurra. Hai que poñerlle imaxinación e ganas.
-
-
Bo día, aquí seguimos. Esta semana adicaremos o 1º día, a conceptos xa vistos (de repaso e reforzo), pero facédeos tod@s igualmente. E o 2º día, ampliaremos un pouco, para que non vos aburrades.
RECORDADE QUE SEMPRE TEDES A OPORTUNIDADE DE VOLVER A FACER XOGOS XA VISTOS OU IR AOS RETOS QUE ESTÁN NA PESTAÑA DE 3º ESo (Marta)
Sesíóns de luns para 1º ESO A e B
Sesión de martes para 1º ESO A, sesión de mércores para 1º ESO B
Nesta sesión imos repasar e reforzar conceptos vistos na 1ª avaliación, importante sobre todo para aqueles alumn@s que non superaron os contidos.
-
Tedes que completar esta ficha, realizando as actividades físicas que se piden, a continuación medir as pulsacións (ver apuntes da 1ª avaliación) e anotar os resultados onde se indica.
Adxúntovos un PDF formulario, no que podedes escribir nas casillas os datos correspondentes, e enviarma directamente aquí na Aula virtual. A tarefa caduca nunha semana.
Desculpade os erros de edición.
-
Desculpade o PDF que colguei pola mañá. Era un formato difícil para vós.
Este que poño agora, é un formulario, ten unhas casillas que son as que tedes que rechear, cos datos que tomedes.
Gardades o ficheiro e ides a enviar tarefa.
-
E agora un xogo on line para repasar algúns conceptos básicos do tema de condición física. Finaliza completando un código de catro cifras. Enviádemo tamén escrito nun documento aquí na Aula virtual, adxuntando un selfie ao lado da pantalla final do xogo. (Esta última podédesma enviar ao correo ou por wsap. Caduca tamén a tarefa nunha semana.
Ánimo e continuade xogando e movéndovos todos os días.
-
Enlace ao escape room.
-
Vouvos poñer aquí os apuntes do 1º trimestre, por se algún/ha os perdeu, que podades telos aí para consultar e facer a tarefa 1 desta semana.
-
-
PODEMOS SAIR....UNHA HORA
Chic@s, xa podedes sair unha horiña!!!!!! Espero que o estedes disfrutando.
Imos comenzar cun tema novo, o PARKOUR, que xa vos anunciara. Tranquil@s, que as propostas van ser moi fáciles. O máis importante de todo vai ser a SEGURIDADE. SEgún vaiades sabendo máis deste deporte, máis respetaredes este principio, e, sobre todo, NUNCA faremos cousas das que non esteamos segur@s. Vai ser, fundamentalmente, un traballo de inicio ás habilidades ximnásticas, que temos en 2º.
Xa veredes, vaivos gustar. Imos aló.
PARKOUR
O primeiro que se nos ven á cabeza ao escoitar a palabra PARKOUR , é a rapaces e rapazas dando saltos imposibles polos parques, entre edificios. Eso é o producto final, e non o imos facer, ou polo menos non así no instituto. Tampouco facemos salto mortal con pirueta, ainda que vexamos unha competición de ximnasia deportiva.
Trátase de explorar as posibilidades deste deporte, aplicándoas á nosa realidade. Que a algún/ha lle picou o vermiño? Pois escolas de aprendizaxe especializadas neste deporte.
Ten sentido, non?
-
En primeiro lugar, mirade este video, son 5 minutos. A que esto si que seríades capaces de facer?
Pois é por onde hai que empezar.
-
Mirádeo con calma, poderemos facer estas actividades no ximnasio cando voltemos?
-
É un pequeno resumo das habilidades que traballaremos practicando este deporte.
-
A tarefa de hoxe vai consistir en mirar o material que vos poño máis abaixo (videos de PARKOUR, botar un ollo aos apuntes e contestar un formulario que vos poño tamén aí abaixo.
E, recordade, SEGURIDADE ante todo.
-
Cubride o formulario e entregade na Aula virtual. está activo unha semana.
-
Para realizar as tarefas tedes sempre unha semana, para que vos dea tempo sen problema a súa realización.
Esta tarefa, que é para a semana próxima (podédela entregar antes, cando a fagades, antes do martes 5 de maio) Consiste na gravación de foto e/ou video realizando algunha habilidade (fácil, adaptada según espazos e material) de inciación ao parkour. O luns comenzo un horario de videoconferencia para atender as vosas dúbidas. Poño as instrucións nun apartado máis abaixo.
Tamén unhas preguntiñas para que vaides investigando máis sobre esta actividade física.
Podedes enviarmo ao correo, por drive estaría ben.
-
Neste video explican como empezar a facer movementos básicos, en casa, con materiais ao noso alcance. Fixádevos que sempre se insiste na SEGURIDADE.
Os videos a cámara lenta, aínda con exercicios moi sinxelos, son moi interesantes. Eu vou facer o meu esta semana, e logo comparto con vós.
-
Igual non fagades os volteos, se nunca os fixéstedes, xa os faremos no ximnasio do insti. Pero os saltos no chan, posicións básicas,...si. Grabade algún a cámara lenta, quedan ben chulos.
-
-
VIDEOCONFERENCIA CON MARTA
A partir do próximo luns 4 de maio, vou ter aberta a miña sala personal de Webex,no seguinte horario
1º ESO A: de 10:30 a 11:00
1º ESO B: DE 12:00 A 12:30
Esta ferramenta está dispoñible para consulta de calquera dúbida, información, etc. que queirades consultarme.
INSTRUCIÓNS
Abrides Webex e entrades na miña sala personal, o nº é: 233 294 680
Non vos teño que invitar, entrades vós se tedes algo que queirades preguntar, compartir, etc.
-
Vouvos colgar aquí abaixo os apuntes da 2ª avaliación. Así @s alumn@s que teñan que recuperar, xa poden aproveitar. E, en xeral, para tod@s, porque imos recordar que xa aí falaramos do parkour. Vouvos poñer unha pouquiñas preguntas, relacionando ambas cousas.
Nesta semana, ademáis continuamos traballando o Parkour, que aínda levades feitas moi pouquiñas cousas. Hai que profundizar un pouco. Así que a TAREFA PRÁCTICA consiste en continuar realizando eses videos.
-
Déixovos aquí os apuntes que utilizamos na 2ª avaliación, utilizádeos para contestar as preguntas que vos vou poñer. Recordade que son para a semana próxima, para que as fagades según os vosos horarios. Que non sexa o domingo, por favor.
-
agora a ficha que utlizamos para o exame do 2º trimestre.
-
RELACIONA PARKOUR E CUALIDADES MOTRICES. Cubre o formulario, e intenta entregalo na Aula virtual
-
Cúbreo e intenta entregalo na aula virtual.
-
-
PARKOUR QUIZIZ
Déixovos aquí uns xogos online, moi divertidos e que axudan a que aprendas e tamén memorices os conceptos básicos que estamos vendo no parkour.
-
Tedes que xogar na pestana verde, de práctica individual
-
Outro exemplo. Igual que no anterior, xogade na pestana verde de Práctica individual.
Xa me contaredes mañá como vos foi. Son preguntas que se poderían perfectamente utilizar nunha proba de asimilación de contidos. Estudar xogando, non está mal.
-
RECORDA: A SEGURIDADE ANTE TODO
-
Enlace ao video da profe, a través dun achegamento aos movementos básicos do parkour, que era a tarefa que pedín.
-
-
Tedes no seguinte arquivo a corrección da tarefa 11 de maio
-
Comprobade coa vosa ficha os erros que tedes.
-
-
O luns 18 de maio, aproveitando a videoconferencia, faremos un cuestionario que enviaredes directamente na Aula virtual. Quen NON PODA conectarse, que me envíe un correo electrónico e envíolle á mesma hora que a videoconferencia o CUESTIONARIO, tendo que enviarmo coas respostas durante o tempo que dure a videoconferencia.
Esta proba esta´ra baseada nos conceptos básicos do PARKOUR, que aparecen nas fichas, nas tarefas realizadas e nos QUIZZIZ de práctica.
Podedes seguir enviando ata ese día, videos coas vosas prácticas. Logo comenzaremos con outra unidade didáctica.
-
Non valen excusas.
-
Corazón de león.
-
-
DEPORTE É SAÚDE
Achegamento aos deportes de equipo nun contexto de distanciamento social. Que podemos facer?, con que?, como?, onde?
Ao longo das semanas que quedan de curso, intentaremos dar resposta a eses interrogantes. Algo poderemos facer, como comentamos xa na videoconferencia.
E sei que moit@s de vós, (@s apaixonad@s dos balóns), estades esperando ansiosamente este momento. Pero recordade, ante todo, PROTECCIÓN E MEDIDAS DE DISTANCIAMENTO. (2 metros, polo menos)
-
Alguns consellos para realizar a práctica física con seguridade e según a recomendación das autoridades sanitarias.
-
-
Ola, chic@s!
Como falamos a semana pasada, imos cos deportes de equipo. Imos facer uns cuestionarios iniciais, para ver canto sabemos, e dentro de 15 días farémolos de novo (parecidos), a ver se aprendimos ou melloramos.
Vouvos poñer tamén uns videos con RETOS CON BALÓN, que serán os que teredes que ir facendo. Se xa fixestedes algún, como vos dixen o outro día, tamén conta. Pero xa vos vou pedir habilidades máis concretas.
-
No seguinte enlace tedes un cuestionario de formato similar ao que fixemos de parkour. Neste penso recoller información inicial sobre a unidade didáctica de deportes de equipo, para saber de onde partimos.
-
Si, ainda que pon cuestionario deportes, ten algunha pregunta de capacidades físicas, así tamén repasamos.
-
Ola, podedes entregar por aquí o cuestionario.
-
Imos ir intentando realizar as tarefas que propón no video, en orden. Practicade e logo grabádesvos facéndoas. Enviádesmo ao meu correo. Tedes unha semana para este reto.
-
Un pouco de humor para comezar a semana cun sorriso.
Vós despois a xogar. E a facer deporte, que si é sano.
-
Un divertido e creativo video de como NON podemos escaquearnos porque NON temos pelota para facer as actividades.
Veña, que o que hai que ter é ganas.
-
Neste enlace outro exemplo.
-
Un enlace á información do "Consejo General de la Educación Física y Deportiva"
-
Mirade nos gráficos está resumido
-
-
Nesta sección incluirei varias cuestións:
- corrección do cuestionario deportivo
- PDF cos criterios de cualificación das tarefas realizadas neste periodo NON PRESENCIAL
- información para a realización da tarefa práctica da semana: "RETO CON BALÓN II"
-
Ben faciliño que era.
-
Aínda que o que verdadeiramente importa é a continuidade no traballo e a aprendizaxe, tod2s queremos ver como ese traballo ten a súa valoración. Por iso este documento.
Eu só teño que decir, que estou moi contenta co traballo e o esforzo que, en xeral, realizástedes @s alumn@s de 1º de eso A e B, e tamén as vosas familias. A situación non foi fácil, a maneira nova de traballar, de vivir,...plantexounos retos diarios (moito máis complicados que os de Educación Física, jejjejejejeje), aos que vos fóstedes adaptando e para min, superando con sobresainte.
-
RETOS CON BALÓN II
Tedes aquí a información para a realización da tarefa desta semana, coma sempre, a data límite de entrega o domingo ás 12:00 da noite.
Vouna explicar tamén agora na videoconferencia. Para aqueles/as que non podades conectarvos, podedes preguntar ademais, se tedes dúbidas, no correo ou whatssap.
-
UNIDADE DIDÁCTICA: "INICIACIÓN AOS DEPORTES DE EQUIPO"
Comenzamos hai 15 días, realizando actividades que teñen como eixo os deportes de equipo. Fomos enfocando a tres, en concret: voleibol, fútbol e baloncesto. Hai características similares en todos os deportes de equipo.
Imos rematar o curso cun cuestionario bastante máis completo que o do principio, pero tampouco moi difícil. Ademáis, vou poñer uns apuntes de axuda para poder contestar ás preguntas.
E, para rematar, agora si, unha última tarefa práctica: RETOS CON BALÓN 3. Tedes que facer o mesmo que no reto anterior, pero dun segundo deporte, de entre os tres que estamos a ver, é decir: voleibol, baloncesto, fútbol.
Enlázovos a continuación material de consulta e cuestionario.
-
Tedes a continuación uns apuntes cos que poderedes responder ás preguntas do cuestionario, que aparece máis abaixo. Se non os necesitades, perfecto, eres un exemplo de xogador/a de equipo, pero se non sabes responder, bótalle un ollo aos apuntes, ninguén nace aprendido. E así, para o próximo curso, xa saberás algo máis, e seguro que che acaban gustando.
Veña, a poñerse a proba, CANTO SEI DE DEPORTES DE EQUIPO?
-
Técnica, táctica e regulamento son tres piares básicos sobre os que se asentan as características que definen cada deporte.
-
Presentación de diapositivas moi clariña onde vemos as características que teñen en común determinados deportes de equipo.
-
CANTO SEI DE DXTES DE EQUIPO?
Tedes aquí o cuestionario. Podedes descargar e editar contestando as preguntas, ou podedes poñer as respostas nunha folla de libreta, sacar foto, editando nun único PDF e enviar ao meu correo electrónico.
Podedes contestar primeiro, sen mirar o material de consulta, a ver canto sabes!!! e logo podes rpasar utilizando o material, e comprobando ti mesm@ o que tes ben ou mal. Envíamo igualmente, non vaia ser que corrixas mal.
DEPORTES DE EQUIPO E HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS
Inclúo un apartado final no cuestionario, que fai referencia á relación entre determinados xestos técnicos dos deportes que estamos traballando e as HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Esto serve de repaso e reforzo da 2ª avaliación, e para que vexades que importante é o traballo destas habilidades para poder realizar correctamente os xestos técnicos dos diferentes deportes.
Agora, tamén tedes que ter claro, que unha das cousas mási importantes na aprendizaxe é a PRÁCTICA e o ADESTRAMENTO, e as cualidades de VONTADE, ESFORZO, SUPERACIÓN, TENACIDADE,..que che axudarán a mellorar e a conseguir facer os retos que se van propoñendo e que só podedes poñer vós.
-
-
NOTA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA
Se queredes saber a vosa nota final en Educación Física, tedes que enviarme unha petición ao meu correo electrónico (@s que fixéstedes algunha actividade no período NON PRESENCIAL), para que poda dar a información a cada un/ha de vós, persoalmente. Contestareivos a partir do próximo luns, 15 de xuño.
Veña, que xa toca praia!!!!!
A practicar moito deporte este verán.
COIDÁDEVOS MOOOOOOITO!!!!