Diagrama de temas
-
Actividades a realizar polo alumnado do 16 ó 30 de marzo de 2020. Todas as actividades deberán estar feitas no caderno para seren revisadas e corrixidas á volta.
Día luns 16 (grupos A e B).-
Ler as páxinas do libro de texto 122, 123 e punto 8.1 da páxina 124.
Realizar as actividades 1 e 2 da páxina 122 e 3 da páxina 124.
Ver os youtubes adxuntos:
.
Día martes 17 (grupos A e B).-
Ler as páxinas do libro de texto132 e 133.
Respostar a actividade 6 da páxina 133. (os tres apartados)
Dia mércores 18 (Grupo A) e fin de semana (Grupo B).-
Ler as páxinas do libro de texto 134 e 135.
Ver os youtubes adxuntos.
Realizar as actividades 1b, 2 e 3 da páxina 134.
Día luns 23 (grupos A e B).-
Ler as páxinas do libro 136 e 137.
Realizar as actividades 1,2 e 3 da páxina 136.
Quero que imaxines que tes un restaurante en Mesopotamia. Terás que dicirme:
-En que cidade está.
-O nome do teu local.
-O menú do día que ofreces: 1º prato, 2º prato, Postre, Bebida e o prezo.
-Podes engadir algunha promoción para atraer clientes (música en vivo, sorteos...)
PARA FACER ESTA ACTIVIDADE TERÁS QUE BASEARTE NA INFORMACIÓN QUE TES NO PUNTO 3.2 DA PÁXINA 136. NON ME POÑAS PATACAS NA COMIDA QUE NON AS COÑECÍAN! E POR CERTO SON UN CLIENTE ESIXENTE ASÍ QUE NON ME POÑAS INGREDIENTES SOLTOS, QUERO UN PRATO COCIÑADO COS INGREDIENTES QUE HABERÍA NESE LUGAR E ÉPOCA.
Día martes 24 (grupos A e B).-
Ler as páxinas 138 e 139 do libro.
Responder as preguntas a, b e c da actividade 4 da páxina 139.
Día mércores 25 (grupo A) e xoves 26 (grupo B).-
Ler as páxinas 142 e 143 do libro.
Define: escritura cuneiforme e cigurat.
Ver os youtubes adxuntos:
Día luns 30 (grupos A e B).-
Ler páxinas 140 e 141 do libro.
Fai un relato dun día na túa vida nunha cidade mesopotámica. Nel teñen que aparecer os termos: PATESI, TIGRE E EUFRATES, ISHTAR. Describe na redacción a túa vida na cidade tomando como exemplo Babilonia.
Ver youtube adxunto:
-
Solucións tema 8 e actividades tema 9
Lembrade que tema 9 xa está no terceiro tomo do voso libro de texto.
AVISO IMPORTANTE O MEU CORREO É rbeltrancarballeira@gmail.com Por erro comín un r no que que vos dei nas instrucións. Desculpades as molestias.
Na semana do 30 de marzo ó 3 de abril debedes ver os youtubes e facer as actividades que vos puxen no último pdf no caderno. Se tedes algunha dúbida escribídeme.
-
Nesta 3ª avaliación imos dar un repaso a temas que xa vimos ó longo do curso. Faredes as actividades interactivas que colgarei nesta aula virtual e despois fareivos un control, unha proba test ou de verdadeiro/falso que tamén colgarei no seu momento. Dita proba terá que ser entregada nun tempo moi concreto. Avisarei con tempo cando está dispoñible e o prazo para mandar a resposta ó meu correo que é rbeltrancarballeira@gmail.com
Polo de agora no primeiro día de clase da semana que tendes comigo (luns20) facede as actividades que deixo aquí as veces que sexan necesarias ata que saian perfectas. Podedes e debedes axudarvos dos mapas do libro.
O test xeneral leva o seu tempo, hai cousas que non vimos e polo tanto só pretendo que saibades máis despois de velo. Facédeo con calma, pausando o video e buscando a resposta nos mapas do libro ou por internet. Só é un xogo que ensina, é a actividade para o segundo día de clase (martes 21).
Ánimo rapazas/rapaces, a ver se aproveitamos o tempo e aprendemos.
-
Actividades interactivas.
O luns 27 ás 10 da mañá estará colgado nesta páxina o control sobre o tema 5. Todo o mundo debe facelo e envialo ó meu correo (rbeltrancarballeira@gmail.com) antes das 11 desa mesma mañá, tedes polo tanto unha hora para respondelo.
O primeiro exercicio é un mapa de Europa físico con accidentes xeográficos numerados, O que tedes que mandarme son as respostas así: 1- Ebro, 2- Mar Mediterráneo... (é un exemplo non puxen as respostas correctas).
O segundo exercicio é outro mapa, neste caso sobre climas de Europa. A forma de contestar é a mesma: 1 Continental, 2- Polar....(por exemplo).
O terceiro exercicio é unha combinación de preguntas tipo test e de verdadeiro/falso. A forma de contestar é 1-a, 2-a, 3-a, 4-a (Exemplos non respostas correctas) e 5.1- F, 5.2- V.... (unha vez máis son exemplos).
Tedes que repasar os apartados 1, 2 e 3 do tema 5 para estar ben preparados. Aviso con tempo e tendes toda a fin de semana.
Ánimo que non é moito.
-
Mapas e test a respostar e enviar a rbeltrancarballeira@gmail.com antes das 11:00 da mañá do luns 27 de abril.
-
Actividades interactivas repaso climas e medios naturais.Son para as segunda e terceira clase da semana do 27 abril ata o 1 de maio. Lembrade que o 1 é festivo.
Como as anteriores hai que facelas as veces que faga falla ata que saian perfectas.
Non hai que enviar nada.
Aproveito para recordarvos que se mandades as tarefas encomendadas mediante fotos estas deben ser claras e estar ó dereito, as inclinadas ou ó revés non as leo. O ideal sería que fixedes as actividades en word ou pdf. Que me escriba un correo quen non saiba utilizar o word.
Saúde e saúdos.
-
Despois de ver o documental debedes facer un resumo do mesmo, non máis de unha cara de folla, e mandarmo ó meu correo rbeltrancarballeira@gmail.com o martes 12 de maio.
-
Imos facer un repaso dos Temas 1 e 2. O planeta e o seu medio físico, para o cal debedes facer estas actividades interactivas, repetídeas ata que saian perfectas. Máis adiante faremos un control sobre esta materia (Parecido ó anterior).
-
Nesta semana do 18 ao 22 de maio seguimos co repaso dos dous primeiros temas a base de exercicios interactivos. Como sempre debedes facelos as veces que fagan falla ata que saian perfectos.
-
Esta semana do 25 ó 29 de maio remataremos as últimas actividades repaso e comezaremos un tema novo que atoparedes no voso terceiro libro de texto: Exipto.
-
Ola.
Seguimos con Exipto, aínda que xa moi brevemente porque tendes os exames de recuperación a partir desta semana e debedes centrarvos en preparalos.