Topic outline

  • Por favor, lede atentamente as novas instrucións que vos van facer falta para enviarme as tarefas. 

  • Luns 16 de Marzo - 2º ESO B2

    Mirade os vídeos para revisar a formación do Going to e as Prediccións. Logo facede os exercicios na libreta. Tamén inclúen algún exercicio de repaso de vocabulario.

  • Martes 17 de Marzo - 2º ESO B1

    Mirade os vídeos para revisar a formación do Going to e as Prediccións. Logo facede os exercicios na libreta. Tamén inclúen algún exercicio de repaso de vocabulario.

  • Mércores 18 de Marzo - 2º ESO B1

    Lede o texto e facede as actividades correpondentes. A continuación, escribide un mail a un amigo contándolle os vosos plans para os próximos 15 días (ao redor de 100 palabras)

  • Luns 23 de Marzo - 2º ESO B2

    Lede o texto e facede as actividades correpondentes. A continuación, escribide un mail a un amigo contándolle os vosos plans para os próximos 15 días (ao redor de 100 palabras)

    NOTA: Como vexo que hai dúbidas respecto ás tarefas que me tedes que enviar, aclaro: só me enniades exercicios, cando vos indique que mos enviedes nas instrucións das tarefas que aparecen antes dos ficheiros. Se non, facedes as tarefas na libreta indicando a data correspondente. Cada día que teñades Inglés no voso horario, subirei tarefas para facer. Se tedes mais dúbidas, escribídeme ao correo: inglesmuros@gmail.com.

  • Martes 24 de Marzo - 2º ESO B1

    Páxina 52 do libro. Buscades nun diccionario o vocabulario do exercicio 2 que non coñezades e unidelo cos números que pararecen no debuxo (1-12). Despois escoitades o audio e respondedes ás preguntas do exercicio 4. Copiades as preguntas. Por si alguén non ten o libro a man, poño tamén un ficheiro coa páxina correspondente. Cando rematedes, sacádeslle unha foto e mandádesma ao correo que vos indiquei nas NOVAS iNSTRUCIÓNS.

    IMPORTANTE: Usade o diccionario para buscar o vocabulario, sobre todo agora que tedes que traballar pola vosa conta. Os traductores NON SON DE FIAR. Deixovos o enlave a varios diccionarios: https://www.wordreference.com/es/,  https://www.merriam-webster.com/https://dictionary.cambridge.org/es/

  • Mércores 25 de Marzo - 2º ESO B1

    Hoxe ides facer unha gravación do email que escribistedes a semana pasada e enviádela ao correo que vos proporcionei. Ao principio da gravación indicade o voso nome e o curso. O prazo para entregala é ata o Domingo 29 ás 14.10

    Clickade no enlace de abaixo para ver o video dunha carreira de obstáculos chamada Spartan Race. Apuntade, e numerade, o nome de todos os obstáculos que teñen que superar os participantes. Sacádeslle unha foto cando rematedes e enviádela ao correo. 

  • Xoves 26 de Marzo - 2º ESO B2

    Hoxe ides facer unha gravación do email que escribistedes a semana pasada e enviádela ao correo que vos proporcionei. Ao principio da gravación indicade o voso nome e o curso. O prazo para entregala é ata o Luns 30 ás 14.10

    Clickade no enlace de abaixo para ver o video dunha carreira de obstáculos chamada Spartan Race. Apuntade, e numerade, o nome de todos os obstáculos que teñen que superar os participantes. Sacádeslle unha foto cando rematedes e enviádela ao correo. 

  • Venres 27 de Marzo - 2º ESO B1, B2

    Sabedes o que é unha WebQuest? É un traballo de investigación e búqueda na rede sobre un tema específico. Hoxe e mais a semana que ven, ides traballar o con isto, así que organizádevos ben para estas 4 sesións.

    Abaixo tedes un PDF cunha Webquest sobre Sidney (Australia), en cada apartado hai preguntas ou exercicios xunto con direccións de páxinas web onde atopar a resposta. Como vos dixen, traballaredes a WebQuest durante 4 sesións así que vos podedes organizar da seguinte forma: unha sesión para cada unha das 3 páxinas, e a última sesión para repasar ou completar. 

    1ª Páxina - Na actividade 2 mándavos facer preguntas en parella. O que ides facer é elixir unha das dúas opcións, facer as preguntas que vos mandan e contestalas vós mesmos. 

    Polo de agora NON me mandedes nada para correxir.  Despois xa vos direi cómo facemos. Se tedes calquera dúbida, xa sabedes cómo contactarme. Ánimo e espero que vos resulte interesante!

  • Luns 30 de Marzo - 2º ESO B2

    Continuades coa WebQuest

  • Martes 31 de Marzo - 2º ESO B1

    Continuades coa WebQuest

  • Mércores 1 de Abril - 2º ESO BA

    Continuades coa WebQuest

  • Xoves 2 de Abril - 2° ESO B2

    Continuades coa WebQuest

  • Venres 3 de Abril - 2° ESO B2, B1

    Hoxe tedes que rematar WebQuest. Se vos resulta complicada a parte do Listening, podedes deixala sen facer. Os que non rematárades os exercicios tedes ata o final das vacacións para rematalos. Cando o teñades feito, enviádesme as fotos ao correo.

    Espero que teñades unhas boas vacacións de Semana Santa.