Topic outline
-
Clase do luns 16 a 5 ª hora execicios do 6 ao 8.
Clase do mércores 18 a 3ª hora exercicios do 9 ao 11.
-
Para a clase de luns e a do mércores tedes que facer os exercicios que nos quedan de MRU e MRUA do boletín da semana pasada ( exercicios 12,13,14,17, 18 e 19).
Para a clase do xoves subo uns apuntamentos sobre o movemento circular uniforme (MCU), despois de lelos e entendelos poderedes facer os exercicios do boletín 15 e 16. Para a semana subireivos máis exercicios de MCU, se alguén vai moi adiantd@ podo colgalos xa esta semana.
Subo tamén un repaso de formulación inorganica, posto que había xente que ía facer a proba nestas semanas, podedes facela todos e mandarma por correo para correxírvolas.
Calquera problema que vos vaia xurdindo non dubidedes en poñervos en contacto comigo.
Saúdos e ánimos
-
Boas a todos e todas esta semana imos empregala en acabar o tema de cinemática, á volta da Semana Santa empezaremos un tema novo.
A clase do luns vaise empregar para repasar o tema, para iso tedes os seguintes vídeos
Movemento rectilíeno uniforme e uniformemente acelerado
Movemento circular
As dúas clases que quedan ides adicalas a realizar uns exercicios que simulan unha proba, intentade facelos sen mirar os apuntamentos ou mirándoos o menos posible, estes exericios debedes mandarmos ao meu correo indicando as dificultades que vos xurdiron á hora de resolvelos. A data límite para entregalos é o xoves 2.
Saúdos e a coidarse, que xa nos queda menos e a ver se pronto nos vemos, que xa se bota de menos ir a clase.
ALGÚN DE VOS ESTÁ TENDO PROBLEMAS AO ENVIAR AS TAREFAS POLO CORREO DA XUNTA, DE SER ASÍ PODEDES PROBAR CO SEGUINTE:
albertolagoferreira@gmail.com
-
Boas a todas e todos, espero que esteades ben e que esto pase pronto. Oxalá repuxérades forzas estes días que falta nos van facer.
Nesta semana só temos dúas horas de clase, polo que só imos a introducir o tema novo, dinámica, no voso libro a partir da páxina 128.
Para este tema imos necesitar unhas ferramentas matemáticas como son traballar con vectores e un pouco de trigonometría, do que seguro xa sabedes algo. O que vos vou pedir esta semana é repasar eses conceptos. Para iso súbovos uns apuntamentos moi sinxelos desta parte, quero que nas dúas horas desta semana os revisedes e comprendades para logo facer os exercicios que van polo medio, tedes como data límite para entregalos o luns 20.
Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
Saúdos e ánimo.
-
Boas
Que tal estades? Espero ben e que levedes este confinamento o mellor posible.
Esta semana imos seguir co tema de dinámica, traballaremos a Lei de Hooke, se lembrades xa a falaramos dela un pouquiño na primeira avaliación para a toma de datos, cando fóramos ao laboratorio, pois agora ides volver a facer a práctica, pero con unha aplicación informática, seguro que vos dan mellor os resultados.
Vou subirvos uns apuntamentos, están moi reducidos, o luns teredes que miralos ver se os entendedes e facer os exercicios que hai ao final.
Entre as clases de mércores e xoves tedes que facer a applet que hai ao final dos apuntamentos e realizar as actividades que hai ao final dela.
Esta semana só teredes que enviar as actividades da applet, tedes de límite ata o xoves 23.
Saúdos e coidádevos.
-
Ola
Esta semana comezaremos coas Leis de Newton, para iso súbovos uns apuntamentos moi resumidos, mirádeos o luns e apuntade todas as dúbidas que teñades.
O mércores as 16.00 faremos unha videochamada, de aproximadamente 45 minutos, onde comentaremos este tema e as dúbidas atrasadas. Se vai ben este método poderemos ir apliándoas.
Para o xoves tedes que entregarme as cuestións de dinámica, son moi sinxelas, se tedes calquera dúbida preguntádema.
Saúdos e coidádevos
-
Ola
Esta semana ides a aplicar o visto na anterior para resolver problemas de dinámica. Empezaremos con exercicios de plano horizontal, para iso tedes uns apuntes onde se explican como resolver este tipo de exercicios. Cando fagades os exercicios o primeiro que debedes de facer sempre é debuxar todas as forzas que actúan sobre o corpo e logo aplicar a 2ª Lei de Newton, así poderedes resolver a inmensa maioría de estes problemas.
Súbovos tamén un boletín con exercicios do plano horizontal, teñen as solucións, esta semana non é necesario que mos entreguedes, pero ídeos facendo e se tedes dúbidas ou non vos dan preguntádeme. Facédeos que seguro vos van sair ben.
Esta semana cólgovos tamén algún exercicio de repaso das avaliacións anteriores, para que poidades ir repasando e preparado as recuperacións, estes exercicios debedes de ir facéndoos ao voso ritmo. Se tedes dúbidas sobre estes exercicios debedes de preguntarme.
Saúdos
-
Na recuperación da 2ª avaliación non entra a parte de cinemática.
-
Ola
Esta semana imos traballar os planos inclinados. Deixovos uns apuntamentos, tedes que miralos antes da clase do xoves, para que me poidades preguntar as dúbidas que teñades. Tamén tedes uns exercicios que debedes de ir facendo, teñen as solucións, polo tanto non é preciso que mos enviedes a non ser que non vos saian ou que teñades dúbidas. É moi importante que os vaiades facendo, xa que en vindeiras semanas faremos unha proba de dinámica.
-
Ola
Esta semana ides a traballar as poleas, deixovos os apuntamentos que comentaremos na videoconfrencia do xoves. Tedes tamén uns exercicios sobre poleas para que vaiades facendo, os dous últimos exercicios dese boletín son de repaso do traballado anteriormente, estes dous teredes que entregalos con data límite o xoves 21.
-
Boas
Esta semana faremos a proba de dinámica, será tal e como vós pedíchedes o xoves ás 12.30, colgarei o exercicio na aula virtual a esa hora e teredes que enviarmo resolto antes de que pasen dúas horas ao correo electrónico, polo que o que tedes que facer durante esta semana é repasar o xa traballado.
Esta semana tamén vou mandarvos un mail avisándovos de quen ten que recuperar algunha avaliación, estade pendentes ao correo e se alguén ten calquera dúbida que me avise.
-
Bo día, tal e como quedamos cólgovos a proba de dinámica, tedes que enviarme a solución ao meu correo, antes das 14.30.
Facédea ben, que cada exercicio teña o seu diagrama con todas as forzas e que queden claros todos os razoamentos. É moi sinxela, seguro que todos a facedes ben.
-
Boas
Esta semana déixovos colgados os últimos apuntes, leédeos e procurade entendelos, calquera dúbida que teñades preguntádeme.
A videoconferencia desta semana será só para o alumando que teña algunha avaliación suspensa, para falar sobre o exame e preguntar as dúbidas que teñades.
-
Esta semana é o exame de recuperación, é o mércores 10, a todos os que tedes que facer a recuperación xa vos debería de ter chegado a convocatoria para o exame, se tedes calquera dúbida avisádeme. Sede puntuais á hora que vos convoquei.
Esta semana non vos poñerei exercicios nin hai clase por videoconferencia, repasade para os exames.
Sorte!!
-
Ola a todas e todos
Este curso tan atípico remata, quero felicitarvos polo que traballáchedes a maioría, dame pena non poder despedirnos de forma presencial.
Noraboa aos que aprobáchedes todo e aos que vos queda algunha preparádea ben para setembro que seguro que a sacades.
Déixovos uns pasatempos para esta última semana, para, se queredes repasar algo do feito durante o curso
riberadeltajo.es/nuevaweb/index.php/casilleros/fisica-y-quimica/casillero-de-mariano-benito-perez/fisica-y-quimica-1-bachillerato/73-pasatiempos-fisica-y-quimica-1-bachillerato